I.ALLENDE, LOS AMANTES DEL GUGGENHEIM

A última reunión do curso fixémola os maiores do Club nun Restaurante no que, despois da comida, lin (con divertidas interrupcións): "Los amantes del Guggenheim"; conto escrito por Isabel Allende para Círculo de Lectores no 2001 e editado nun pequeno folleto. Así comeza o texto: "Un vigilante nocturno encontró a los amantes durmiendo en un nudo de brazos y cabellos, envueltos en la espuma de un arruinado vestido de novia, en una de las salas del Museo Guggenheim en Bilbao" Esta é unha pequena mostra deste breve relato: "Ahora sé cómo es la locura de amor, inspector. Yo nunca había..." "Usted dice que nos metimos en el Guggenheim, pero yo le digo que estábamos en un lugar fantástico, no había paredes, sólo vastos espacios de luz" "Una vez que recorrimos todas las salas y nos metimos dentro de las pinturas y nos bebimos los colores y jugamos en el laberinto y bailamos con las esculturas, entonces aterrizamos". "La prensa, ocupada todavía con el escándalo del Vaticano, olvidó pronto a los misteriosos amantes del Guggenheim"
Paréceme un conto suxerente: unha moza que escapa precipitadamente o día da súa voda, un casual encontro, un vestido de noiva que percorre freneticamente o "66 por cento" do chan dun museo no que dous amantes fan que todo resplandeza e se deteña, onde ole tenuemente a ameixas maduras mentres fóra chove sen tregua... É un conto no que triunfa o desexo, a ansiedade dun encontro no que dous descoñecidos, que nin saben os seus nomes, senten o roce dun longo, e simbólico, vestido de gasa.

4 comentarios:

Es una pena que estas reuniones se acaben, porque ha sido una manera nueva de conocer a algunos compañeros con los que habitualemente no hablas de libros. Ha sido una posibilidad más de CONOCERNOS, a veces íntimamente.
Echaré de menos las risas, los puntos de vista divergentes ante la misma lectura y hasta la sorpresas que Bea nos prepara mes a mes.
Bea: ha sido trabajosa, pero creo que al final ha merecido la pena.

16 de junio de 2008, 23:40  

Fué una experiencia muy buena.Gracias Bea por tanto esfuerzo

23 de junio de 2008, 19:20  

Cando a principios de ano se falou de crear un taller de lectura, foi unha idea que me pareceu tan boa que decidín apuntarme. Non sei se a vós vos pasa, pero para min abrir un libro por primeira vez é coma esa mirada que fas hacia alguén, desexando acoller e que te acollan..eso é para min abrir un libro, sentarme a carón del e mirarnos fixamente ata coñecernos. E se ademáis, varios amigos se poden xuntar arredor dalgo escrito, é unha boa ocasión para disfrutar da lectura feita polos outros, comparar, asimilar, discutir, as veces, case acaloradamente(sabedes de que falo)jaja. O ano rematou e certamente non poido mais que aplaudir a excelente idea e agradecer o magnífico traballo realizado, especialmente, por Mari Luz e Bea. Foi un pracer xuntarnos, foi un pracer falar de libros. Celebro a decisión de seguir para o vindeiro curso e propoño crear no blog un apartado onde calqueira dos que formamos parte do Balbordo poida escribir pequenos relatos, poemas, ou ensaios(pufff)jaaj. Eu chamaríalle "o balbordo do cabe". Admítense ideas ante tan pouca orixinalidade. E tamén que puxeramos aquel libro que nos gustou moito e porqué..Aproveito para desexar a todos e todas(que correcto, por Deus) un feliz verán.

23 de junio de 2008, 21:25  

Tomarei nota das túas boas suxestións para o seguinte curso... Grazas,
Beatriz

23 de junio de 2008, 22:12  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds