LECTURAS ABRIL



ALUMNOS:VENRES 24 NA BIBLIOTECA ÁS 11:10.
PROFES, PAIS E P.A.S. MARTES 28 ÁS 16:00 E ÁS 17:30 NA BIBLIOTECA.

1 comentarios:

Naquela illa en guerra "Ojos Saltones", o señor Watts, ofreceulles aos nenos outro mundo; el quixo que aquela clase "Quiero que este sea un lugar de luz, pase lo que pase". Proporciónalles o mundo que lles podía regalar para fuxir de aquel horror: a Inglaterra do século XIX, retratada en "Grandes Esperanzas". Este libro, reinventado, reescrito entre todos, brindoulle a Matilda e aos demais nenos un mundo novo nun momento no que o necesitaban con desesperación. E aquel home branco -como as aspirinas- levounos da man e ensinounos a reinventar ese mundo.
Ensinoulles que todos eles tiñan algo valioso e único aínda que non o soubesen "..Nadie en la historia de vuestras breves vidas ha empleado la misma voz con la que vosotros os nombrais. Eso es vuestro. Es un don especial que nadie puede quitaros"
A sinxeleza coa que se vive na illa, a sabiduría innata das nais -que acuden á escola a compartir aquilo que saben por moi humilde que sexa-, a importancia dun teito baixo o que acubillarse 2...descubrimos que sin una casa la vida parece desnuda", choca coa brutalidade que xurde despiadada.
O libro, por suposto, recoméndollo a lectoras e lectores de todas as idades, dende a puberdade ata os 120 anos, a todas e a todos nos ofrecerá algo distinto.

Pilar Saavedra

30 de abril de 2009, 16:47  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds