O SON DAS PALABRAS NO SOUTO

Para celebrar o día do libro, o Club de lectura "Pintor de Castinande" da Biblioteca pública de Sober convidou ós maiores de Balbordo a unha xornada de lectura compartida, na que tamén participou a Biblioteca pública do Saviñao.
Máis de 40 persoas visitamos o
Centro Oleiro de Gundivós onde nos fixeron unha demostración dese oficio de artesáns do que é exemplo esta zoa de Sober.
Logo, no impresionante Souto do Tellada escoitamos a recitación de diversos textos mentres disfrutabamos dese incomparable marco natural.
A visita á igrexa románica de Lobios foi acompañada dun recital co que nos agasallou o grupo de Sober "
O Trícole", do que tamén foi fundador o noso Director Verao.
A xornada rematou no Santuario de Cadeiras, onde houbo un xantar e logo visitamos algún
miradoiro.
Temos que agradecerlles ós integrantes do Club de lectura, e especialmente a Julia -a Bibliotecaria-, a ilusión que puxeron nese día, a emotividade que xuntos compartimos e a idea desa experiencia que esperamos se volva repetir. Moitas grazas!

3 comentarios:

Dende Bibliobarro (http://bibliobarro.blogspot.com) temos un agasallo para vós. Felicidades por un blogue tan marabilloso e polo voso fantástico traballo en prol da lectura.

26 de abril de 2009, 22:11  

Volvemos ser os de Bibliobarro. E como dicimos no noso blogue: sodes a nosa debilidade (quizais sexa porque aquí temos a unha monfortina que estudou no "Sagrado Corazón").
Ao que íamos. Tanta maxia merece máis ca ninguén outro agasallo especial. Botade unha ollada no noso blogue.

29 de abril de 2009, 10:29  

Boa tarde.
Rematamos agora mesmo a nosa sesión semanal do Club de Lectura "Pintor de Castinande" e, como estivemos lembrando o ben que o pasamos o pasado sábado, decidimos facervos unha visita polo voso Blog desde a Biblioteca.
Agardamos que o pasárades tan ben coma nós e que o repitamos pronto.
Un bico d@s lector@s de Sober.
CLUB DE LECTURA "PINTOR DE CASTINANDE"

29 de abril de 2009, 20:12  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds