OS MAIORES VÉMONOS EN AGOSTO



Aínda que con retraso, non esquecín a proposta de reunirnos virtualmente un día de agosto (que tal o MARTES 25?). Non sei non sei si coas vacacións acudiredes á cita... De todos modos, quedades invitados a comentar algo da lectura (sexades de Balbordo ou non) ou dar conta de por onde andades...

Xa saíu o terceiro tomo de Larsson e sei que moitos do Club o devorástedes; así que, para os que non vos enganchástedes aínda, agora tedes a oportunidade de disfrutar do primeiro tomo: un texto que vos atrapará dende as primeira páxinas (só vos direi que fixen un día a cea lendo o libro!)
Boas vacacións!

10 comentarios:

Hola compañeira/os do Clube.
Son as cinco da maña, non durmo, me levanto e me poño diante do ordenador, empezo a escribir.
Sa vexo que nadie enviou un comentario, o sinto Beatriz que tanto empeño pos en que utilizemos o blog.
En canto a Millenium o terceiro tomo xa o lin fai mais de dous meses, xa todo está na memoria "ram", e de pouco me lembro, creo que sobraba esta parte, nalgunha critica lein que non rematou de pulila, xa que faleceu.
De todalas maneira tanto Lisbet Salander como Mike Blombist son dous personaxes que van quedar no meu subconsciente durante bastante tempo.
Noutra orde de cousas e tal como nos pides que contemos algunha viaxe realizada neste verán, paso a relatalo.
Un mercores do mes de xullo pola tarde, logo de xantar nos poñemos en marcha, Josela, David, Andres, Ana, Fran I, Fran II, Sara, Paloma, Lois, Maruxi e o que escribe, en tres vehiculos pola N-120 ata Ibeas de los Juarros, onde tiñamos reservado -por internet- casa para dormir. Pola maña fomos visitar o complexo arqueoloxico de Atapuerca, desde logo unha vez realizada a visita un ten a sensación de estar nun sitio especial, todo moi ben organizado, te levan en autobus desde o centro de recepción de visitantes, un guia te vai explicando todo o proceso das excavacións; dende logo merece a pena a visita. Pola tarde collemos os coches e nos diriximos a Santillana de Mar e nos tres dias seguintes nos dedicamos a visitar a replica da Cova de Altamira, as covas do Soplao e o parque natural de Cabarceno.
Facia tempo que non disfrutaba tanto dunha viaxe e os demais creo que tamen.
En fin creo que rompin o medo a escribir, son as seis, vou ver se ainda dou unha cabezadiña antes de ir a traballar.
Animo compañeiros, decidirse. Un saúdo.

25 de agosto de 2009, 6:14  

Hola a tod@s. Me sumo a la reunión virtual para expresar mi total enganche no sólo por la primera novela, sino por toda la trilogía de Larson. Leí Los hombres que no amaban... el verano pasado sin poder soltarlo de las manos. Lo mismo ocurrió con los otros dos. He de deciros que intento encontrar otra novela negra sueca que me produzca similares sensaciones y no la encuentro.
En cuanto al verano y las vacaciones, os contaré que disfruté de un Todo Incluido en el Hospital Comarcal :))) después de haber parido a Alicia, que así es como se llama mi segunda hija, el 28 de julio.
Un bico a todo Balbordo
Loreto

25 de agosto de 2009, 19:03  

"Los Hombres..." é, como as outras dúas, unha novela que entretén, que te engancha e que non te fai pensar. Uns libros para momentos nos que o único que precisas é estar cómoda facendo aquilo que te entusiasma, que é pousar os teus ollos nas páxinas dun libro, pero sen pensar demasiado.
Das tres, non destaco ningunha en especial; calquera delas cumpriu a súa misión.
En canto ao verán, eu estiven en Monforte todo o tempo; aínda teño a metade das vacacións sen usar, e digo usar, porque non sei se disfrutarei moito delas: quédame buscar con Xoana aloxamento en Santiago (porque posibelmente non lle concedan praza nas residencias universitarias) e preparar todo para a súa estadía alí. Como vedes, nada divertido!.
O que si fixen este verán foi ler moito. Dende "El otoño del patriarca" que tiña pendente para ler dende que tiña vintetantos anos -e que daquela non poidera con el- a reler "Veinte años y un día" de Jorge Semprún, lin "Cuentos de amigas" un bonito libro coordinado por Laura Freixas, que me levou a ler novamente "Madres e hijas", tamén coordinado por ela e onde escriben Soledas Puértolas, Almudena Grandes... e que recomendo para ler no Balbordo. Logo deste último, e para liberarme un pouco da angustia que algún relato me produciu, lin o "Tatuaje" de Vázquez Montalbán, que me deixou novamente fresca para acometer outras novelas, ata dez a día de hoxe. Ademáis disto, doulle a Alexandre unha pequena clase de Mates diaria xa que o profe non rematou o temario e quedaron sen explicar temas fundamentais para o vindeiro curso.
Ah!, esqueceiao, fun un día a Praia América, facía vento e estiven totalmente vestida e á sombra, sentada e lendo, pero aínda así e despois de embadurnar un anaco de perna que o meu pantalón pirata deixaba ao descuberto con protector de factor 30, fixen unha queimadura de primeiro grao, que tiven que tratar con cortisona.
E para rematar, despois de enviarvos un bico e o desexo de que disfrutedes, anoto o meu correo electrónico: eu.pilar@hotmail.com

25 de agosto de 2009, 20:41  

Ola compañeir@s, aínda que non puiden estar convosco en todas as reunións presenciais non poido deixar pasar esta oportunidade de estar ahí aínda que só sexa de xeito virtual (sabedes que vos voto moito de menos). O libro non só me encantou senón que tamén quedei enganchada como lle pasou a Loreto -os meus parabéns polo de Alicia e un bico moi grande para as dúas-, e aínda que non acabei a triloxía conto facelo en breve. Os meus parabéns tamén para ti Bea, que sempre dás no cravo coas eleccións dos libros de lectura.Polo que respecta ás vacacións pouco que contar: moi relaxadas aínda que apurando ao máximo estes días para queimar os últimos foguetes que quedan por queimar. Bicos para tod@s e espero vervos pronto!!. Cris

25 de agosto de 2009, 21:39  

Boas a tod@s!!!

Este tipo de libros non son moito do meu agrado, pero teño que recoñecer que me gustou e que disfrutei coa lectura tan lixeira e con todos os ingredientes que ten para manterte en certa tensión...en determinados momentos recordábame a algunhas series televisivas da miña adolescencia!!!

Que disfrutedes do que queda do mes de agosto, alí por donde vos atopedes.

Apertas a tod@s.

Carlos

25 de agosto de 2009, 22:11  

Hai tempo que non recordo un libro que provocase tantos comentarios, alusións e que andivese así de man en man... Todo o verán: na praia, no metro, en parques, no aeroporto... cando me fixaba en qué lía a xente (son cotilla neste aspecto), algún dos libros de Larsson estaban baixo a mirada de variados lectores. Ás veces tentei deducir (segundo as páxinas) onde estaría atrapado cada un!!! Eu quedei seducida polo primeiro tomo, do que recordo especialmente a Lisbeth Salander, que me pareceu, simplemente, unha muller complexa e fascinante; cunha visión da sociedade e dos sentimentos totalmente peculiar. De Mikael gustoume a súa perseverancia e da súa amiga-amante Erika o modo de entender a vida e as relacións persoais.
Tamén me “enganchei” co segundo volume (fun varias horas inmersa na súa lectura viaxando pola autopista coa historia correndo ante os meus ollos). Non podo dicir o mesmo do terceiro libro, que a piques estiven de abandoar!
Xa estamos en conta atrás para empezar o curso!!! Na primeira reunión esperemos contar con Alicia (darémoslle á bebé o noso carné de Balbordo!!!). Grazas. Moitos bicos a todos.

25 de agosto de 2009, 22:40  

¡Remolones, que sois unos remolones¡ Estoy perdida en Louro, provincia de Muros, en donde esto de conectarse es un poco difícil, sobre todo porque ando utilizando los ordenadores de otros y la wifi de una cafetaría que nunca va como debiera.
En fin, ¡qué deciros de esta trilogía que todo el mundo lee y que se vende en cualquier quiosco!
A una amante de la novela negra como yo pues me ha gustado, sobre todo la primera parte, la segunda menos y la tercera algo más. Me gusta que la protagonista sea una mujer que no responde al prototipo de las damiselas que pueblan este género, todas rubias, tontas, floreros o árboles de navidad. Por fin, una mujer inteligente, aunque se pase el autor, que no responde al estereotipo femenino al uso y que se rebela contra el maltrato a la mujer.
Quizá lo que menos me haya gustado es que la haya convertido en una super "woman" en ocasiones, lo que la hace inverosímil.
Pero, en general, pues pasas el tiempo y devoras los libros como sucede con cualquier novela negra. He de confesar que cuando tengo que corregir me regalo un par de ellas para sobrellevar esa pesada carga, lo que me anima a continuar.
Sé que las novelas de Largson tendrán muchos detractores porque sin él quererlo sus libros se han convertido en un"bestseller", mientras que otros que llevan años escribiendo no lo han conseguido ompretendido, pero esto es lo que tiene el mundillo literario.
Y no me extiendo más: Loreto ¡felicidades! y para todos los demás, hasta pronto porque este verano "acabouse"

26 de agosto de 2009, 12:47  

¡Remolones, que sois unos remolones¡ Estoy perdida en Louro, provincia de Muros, en donde esto de conectarse es un poco difícil, sobre todo porque ando utilizando los ordenadores de otros y la wifi de una cafetaría que nunca va como debiera.
En fin, ¡qué deciros de esta trilogía que todo el mundo lee y que se vende en cualquier quiosco!
A una amante de la novela negra como yo pues me ha gustado, sobre todo la primera parte, la segunda menos y la tercera algo más. Me gusta que la protagonista sea una mujer que no responde al prototipo de las damiselas que pueblan este género, todas rubias, tontas, floreros o árboles de navidad. Por fin, una mujer inteligente, aunque se pase el autor, que no responde al estereotipo femenino al uso y que se rebela contra el maltrato a la mujer.
Quizá lo que menos me haya gustado es que la haya convertido en una super "woman" en ocasiones, lo que la hace inverosímil.
Pero, en general, pues pasas el tiempo y devoras los libros como sucede con cualquier novela negra. He de confesar que cuando tengo que corregir me regalo un par de ellas para sobrellevar esa pesada carga, lo que me anima a continuar.
Sé que las novelas de Largson tendrán muchos detractores porque sin él quererlo sus libros se han convertido en un"bestseller", mientras que otros que llevan años escribiendo no lo han conseguido ompretendido, pero esto es lo que tiene el mundillo literario.
Y no me extiendo más: Loreto ¡felicidades! y para todos los demás, hasta pronto porque este verano "acabouse"

26 de agosto de 2009, 12:47  

No soy de Balbordo pero de vez en cuando entro en vuestro blog. También opino que es una novela que engancha y un libro ideal para el verano!Seguiré vuestras lecturas del curso.
Saludos,
Montse

2 de septiembre de 2009, 14:25  

Ola : en Sober tamén estamos "enganchados"a Larsson, imos polo 3º volume.O 30 de setembro, que reiniciamos a actividade do club de lectura da biblioteca, o dedicaremos a falar de Lisbeth Salander e Cia.
Podemos preparar unha viaxe a Estocolmo para practicar os coñecementos sobre a cidade.
Ata pronto
Club de lectura BPM de Sober

17 de septiembre de 2009, 18:58  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds