ENSAYO SOBRE LA CEGUERA, J. SARAMAGO

Nesta ocasión, tratamos os maiores de Balbordo algúns aspectos desta coñecida obra de Saramago:

O simbolismo da perda da vista, a crueza das circunstancias que viven as persoas que protagonizan a historia, as loitas polo poder e pola supervivencia, a actuación dos gobernos, as paixóns máis baixas, a dor, a degradación, a crueldade... Unha obra moi dura e pesimista en moitas páxinas, que dan pé a unha profunda reflexión sobre os comportamentos humanos en circunstancias extremas. Pero tamén é un texto sobre a compaixón, a axuda, a dignidade e a solidariedade.

Un moi bo libro.

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds