Este libro de Skármeta é un deses textos que recomendo dende hai anos e que sempre gusta. O mesmo sucede coa película correspondente (dirixida en 1994 por Michael Radford e protagonizada por Massimo Troisi).
COMO AGUA PARA CHOCOLATE, L. ESQUIVEL. ADULTOS
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 14:00Deliciosa novela (nunca mellor dito!) de L. Esquivel sobre a que falamos e falamos o pasado martes (S. Valentín), día no que, dende hai anos, enchemos o noso centro de "amor".
Neste caso, "saboreamos" a lectura desta moi recomendable obra.
Tita, a muller protagonista desta historia de paixóns, desexos inconfesables, opresións, dor, tenrura... é o elemento clave dunha historia familiar na que tamén as súas irmáns, a nai, o seu eterno namorado Pedro, o Doutor, a criada Chencha... ofrecen unha ampla mostra de comportamentos humanos.Neste caso, "saboreamos" a lectura desta moi recomendable obra.
O realismo máxico presente en moitas páxinas ofrece un toque imaxinativo e fantástico que fai inolvidables moitas partes do texto.
Etiquetas: Amor, Autor, Lectura, Películas, Realismo máxico
EL ÁRBOL DE JULIA, L. MATILLA-FRA IRENE. GRUPO 2
1 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:41Nesta curta obra de teatro de Luis Matilla, ilustrada por Fra Irene, a protagonista é unha nena moi decidida e loitadora que defende (dun modo orixinal, que lle pareceu o máis axeitado) valores que lle parecen xustos...
Enfréntase á incomprensión dos que a rodean pero tamén recibe o apoio das persoas que entenden as súas loitas.
Un estupendo libro para reflexionar sobre as agresións que continuamente sofre a natureza; para pensar sobre a necesidade de ter ideais propios e, tamén, un fantástico texto para charlar sobre a manipulación, o dereito á libre expresión ou a defender o que consideramos xusto (independentemente do que poidan presionarnos os outros).
Moito falamos de Julia...
A búsqueda da beleza e dos soños pode ser posible, aínda que atopemos incomprensión ó redor, dificultades e normas ríxidas. Porque cando un está seguro do que persegue, nada o detén.
Será o libro que comentaremos o xoves en BalbordoBis
Será o libro que comentaremos o xoves en BalbordoBis
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)