J. SIERRA I FABRA, KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA

Esta novela de Jordi Sierra debe, posiblemente, a súa existencia ó artigo que César Aira publicou en el País. Según J. Sierra, lanzouno a escribir a historia.

Elixín esta ilustracn de Pep Montserrat da edición de Siruela porque penso que sintetiza a fascinación da nena por escoitar as aventuras da súa boneca e tamén resume a complicidade entre o escritor-carteiro e a rapaza. O protagonismo das cartas, como elementos extraordinarios de crear soños e comunicar sentimentos tamén está reflectido nesta fermosa ilustración. Os dous personaxes xogan: o home (Kafka retratado dun modo moi lonxano á imaxe coa que habitualmente o asociamos) a escribir fermosas historias que sacien a curiosidade da pequena; a nena, aínda que non o sabe, xoga a escoitar ansiosa como é o camiño que leva á liberdade de medrar, de vivir e de actuar con independencia.

Os grupos dos maiores compartimos impresións sobre cales son as fronteiras entre a literatura xuvenil ou para adultos (igual que sucedeu con El Baile, proporemos a lectura deste texto, en próximos meses, ós máis novos). Salientamos a tenrura do texto, comentamos o tema da liberdade, da soidade, da estraña relación (dende a nosa visión do momento actual) entre a nena e o “carteiro de bonecas”, da creación literaria, da inxenuidade da infancia... e non esquecemos tampouco a figura de Kafka recreada por J. Sierra dun modo tan poético.

Anímovos a que anotedes nos comentarios aquelas pasaxes que máis vos gustaron, aquelas que lemos en alto na reunión. Como non quedástedes moi satisfeitos co final de conto de fadas da historia, propóñovos este mes que nos comentarios do blog imaxinedes outro alternativo.

Comezo eu os comentarios coa miña proposta:

10 comentarios:

Aínda que sei que a historia sucede nun comezo de verán nun parque de Berlín, na miña imaxinación ocurre no outono, nesa época propicia para soñar e para encher os ollos de colorido.
A nena camiña polo parque e mira as follas que vai pisando, está pensando na súa boneca, que pasea por un parque idéntico ó que a súa vista abrangue. Alí está el ó lonxe, sentado coma sempre naquel rincón do parque. Saúdao coa man e recibe un sorriso aberto, unha mirada que anuncia a tristura dunha despedida. Non hai carta, só un sobre cheo de beizos, de bicos, de colorido. Nel figura este texto: “Como ningunha carta podería expresar que sempre te levarei por onde eu vaia, enche ti mesma o sobre coas ilusións que vaias tendo, cos momentos de felicidade que o destino che vaia regalando e non teñas medo a escoitar as historias máxicas que outras moitas bonecas che poidan contar. Adeus”.

22 de noviembre de 2008, 19:12  

A nena corre ansiosa, cun sorriso diferente a outros días, a súa cita co carteiro. Sabe que haberá unha nova carta. Kafka, sen embargo, sinte o peso do seu corpo feble, como nunca antes o sentira. A carta de hoxe é a última carta.
" Quería agradecerlle que fixera chegar as miñas cartas á persoa máis importante da miña vida, que me permitiu vivir como eu quixen. Tódolos lugares que descubrín e as persoas que coñecín fixéronme ver que un ten que construir a súa propia vida, amosáronme o que é a liberdade e a loita por aquilo que desexas. Pero, tamén me fixeron entender que todo isto non ten sentido se non o compartes coas persoas que queres; por iso, chegou o momento de voltar a casa"

Ä nena tremíalle a voz cando lía a carta que atopara esta mañá a carón da súa boneca.

Kafka enrruga con forza a carta que le va no peto

24 de noviembre de 2008, 23:37  

"A veces sus ojos se encontraron. A veces ella agitaba su mano saludándolo. A veces se sentían cómplices de un gran secreto. A veces él buscaba en el fondo de sus sueños todas aquellas esperanzas que necesitaba para mantenerse en pie" (Siruela, página 141)

25 de noviembre de 2008, 10:12  

A nena ao chegar á casa, buscou á nai e pediulle algo inesperado:mamá, tes fotos da túa voda con papá? Á nai iluminóuselle a cara, pois hai datas que tiña marcadas no calendario do seu corazón..Volveu co álbum e a nena pediulle quedarse a soas. Co nerviosismo propio de quen atopa un tesouro, pasou foto a foto mirando as roupas, os lugares, as caras dos seus pais ledos e mais novos.. e puxo como protagonistas desas fotos á súa boneca e marido.. e non deixou de soñar.. Prometeuse desde ese día que de maior casaría cun rapaz fermoso, que xogara con ela e non parara de facela rir..e que, en canto aprendera a escribir ben, lle mandaría cartas á súa boneca tan fermosas como as que ela lle mandara por medio do seu carteiro favorito.
A min gustoume o final do libro. Sigo a pensar que unha voda sí representa un final feliz e actual, con festexo incluido. Delicioso libro.

26 de noviembre de 2008, 0:17  

Primeiro vou avisar que este comentario é bastante longo polo que xa se cortou dúas veces. Continuareino ata rematar coa mesma sinatura.
Eu non vou buscar un final distinto, coido que xa hai demasiados finais desgraciados e eu quero manter a ilusión. Aínda queme gustou moito ese sobre sen carta, cheo de bicos e de cores para ir enchendo coas ilusións e cos momentos de felicidade.
Descoñecemos que puido levar a Kafka a covertirse nun carteiro de bonecas. Ben poidera ser que coñecendo o seu próximo fin, a súa amargura e a súa falta de ilusión lograsen manterse en pé grazas a ilusión que un día creou nunha pequena que "...los pequeños quieren creer..Necesitan creer..Su mundo.. es un universo de soles u lunas". Unha nena que "..podía tomarle por loco. Pero también podía agarrarse a la esperanza. Y la esperanza era mas necesaria que la realidad...estaba een juego unha esperanza. Lo más sagrado de la vida..."
Remato aquí a primeria parte do comentario. Pilar Saavedra.

2 de diciembre de 2008, 20:05  

Aínda que cada persoa poidamos facer múltiples lecturas dolibro, hai unha parte que a min me conmove especialmente, como nai de adolescentes que son.
A relación que une a Elsi e Brígida, a conexión que o carteiro de bonecas establece entre elas, é similar á dunha nai cos seus fillos. Na páxina 26 do libro dinnos "..Está en la edad en que las muñecas han de amanciparse. Quiero decir que a todos nos llega el momento de irnos de casa de nuestros padres para viajar, conocer la vida, el mundo, tal vez un futuro maravilloso.." E na páx. 52, nunha carta que Brígida escribe a Elsi dille "..causamos un dolor a los demás que no deseamos. Te pasa a ti con mamá, ¿verdad?, lo que sucede es que las despedidas son tristes y no quería que lloraras, ni que trataras de convencerme de que me quedase contigo un poco más. A lo peor no me habrías dejado marcharme y tenía que hecerlo. Espero que lo comprendas. Te quiero tanto..., tanto que no habría soportado verte llorar o que me vieras llorar a mi... HAS DE SABER QUE VIVIR REPRESENTA IR SIEMPRE HACIA DELANTE, APROVECHAR CADA MOMENTO, CADA OPORTUNIDAD Y CADA NECESIDAD. Tú también lo harás dentro de unos años.....Quiero que estés contenta y mucho porque todo cuanto soy te lo debo a ti. Tú me has cuidado, me has enseñado, me has querido y me has hecho ser unha buena muñeca. Ahora, cundo he estado preparada para iniciar mi nueva vida,la partida ha sido triste por dejarte pero hermosa porque graciasa di SOY LIBRE PARA HACERLO..." Continúa.. Pilar Saavedra

2 de diciembre de 2008, 20:26  

Uns meses despois de publicar a miña novela Kafka y la muñeca viajera atopei con asombro unha nova carta traspapelada entre uns vellos papeis.

Querida Elsi:
Hai unhas semanas que cheguei a India, o país da cor do azafrán e o olor a xasmín. Este é un país marabilloso. Mándoche unha foto co Taj Mahal ao fondo. Estiven uns días en Delhi e logo visitei algunhas cidades do norte do país. Canto me levo acordado de ti! Aquí hai moitos, moitos, nenos. Son os nenos das rúas. Andan descalzos, non teñen nada, nin a calor dunha habitación, nin un prato quente, nin un parque no que xogar, nin tan sequera unha boneca coa que falar. Estiven con eles tardes enteiras, gústalles moito que lles saques fotos. Viven no medio do caos e o bulicio das cidades. Pero son nenos alegres, felices cun caramelo ou un globo. Os seus ollos son tan escuros e tan inmensos que parecen ríos que te arrastran a punto de desbordarse. Con todo, eu creo que os nenos son iguais en todas partes e o que ti me ensinaches tamén mo poderían ensinar eles, aínda que medio afogados, coa cabeza alta.
Verás, Elsi, nun dos meus desprazamentos collín un tren que me levaría a Bangalore. Era noite. No meu departamento ían outras cinco mulleres. As mulleres en India son moi guapas. Gústame velas con seus saris de tantas cores, sempre con pulseiras nos nocelos e nos brazos, co pelo adornado de flores, de branco xasmín. Que pouco se parecen a túa nai! Aquí é unha desgraza ser muller, porque a familia ten que aforrar toda a vida para o seu dote. Un pouco porque estaba cansa de tanto viaxar e un pouco porque sospeito que me miraron con receo, deiteime, nada máis entrar, na miña litera e fixen que durmía. Empezaron a contar a súa historia e a facerse confidencias. Eran mulleres de diferentes idades e con historias tamén diferentes. Mulleres que buscaban a liberdade que tamén eu estou a buscar, liberdade que atopo no aire que respiro, nos olores que percibo, na masa de sensacións acugulada de cores na que durmo… Ao final quedamos só tres. Marikolanthu, Akhila e mais. Erguinme e sen máis presentacións, quixen facer de amiga. Tamén eu lles contei a miña pequena historia. Faleilles de ti, de medo, de soidade, de esperanza, de liberdade, de amizade, de ser muller…, do prezo que ti, Elsi, e mais eu estamos pagando por cada quilómetro que nos separa.
Marikolanthu é unha intocable. En India os intocables non pertencen a ningunha casta. Son impuros, persoas escuras, que noutras vidas foron malvadas. Por iso son discriminados e só poden facer os traballos máis duros e sucios. Que diferente a vida de Marikolanthu e a miña! Eu, que nunca pasei frío, que non tiven que traballar, que non sufrín humillacións… E agora aquí estabamos tan unidas sen ter nada en común, tan amigas sen coñecérmonos… Collémonos da man –as súas máns tan ásperas…- e convidoume a pasar uns días con ela.
Elsi, creo que o seu fillo Muthu e eu namorámonos nada máis vernos. Pero creo que aínda son moi nova para casar e ter fillos. Quero que Muthu entre na universidade e estude unha carreira. O goberno ofrece unhas prazas para os intocables e Muthu pode aproveitarse delas. Eu estarei ao seu lado axudándoo e intentando que as cousas vaian cambiando. Por iso estarei aquí unha longa tempada. Outro día falareiche de Akhila, a outra viaxeira. Sabes, Elsi? Ela deixou escapar o amor e cando quixo recuperalo xa era tarde. Pero non importa, porque Akhila aprendeu a vivir porque foi capaz de desprenderse das capas de pel que a mantiñan coma se fose un globo pegado á parede que vai perdendo aire aos poucos. Agora Akhila fixo un burato no teito e xa non hai paredes na súa vida.
Quérote moito, Elsi.
Brígida.
Non sabemos por que Brígida cambión de opinión. Non sabemos por que abandonou India e casou con Gustav. Tal vez, e iso é só unha ousada suposición miña, Brígida non era no fondo tan valente e, asustada por tantos odios entre hindús e musulmáns, fuxiu cara a outros lugares máis seguros. Tal vez.



Ao pouco de publicar esta carta, chegaron ás miñas mans os apuntamentos dos integrantes dun coñecido grupo de lectura. Debo precisar que, revisados os datos destes estudosos, teño dúbidas máis ca sobradas sobre a autenticidade desta carta. E o tal vez xa non é unha Brígida asustada. O tal vez, o pode ser, o quizais sexa un intruso/a que se atreveu a xogar a ser autor/a e a carteiro/a de soños. Pido desculpas pola miña falta de profesionalidade e pola ignorancia agochada baixo a paixón e a ilusión de atopar unha nova carta de Brígida.

5 de diciembre de 2008, 10:40  

El libro me pareció chulísimo. Lo que más me gusto fue cuando Kafka le contó que su muñeca no se había perdido, si no que se había ido de viaje. Lo que pensé que iba a pasar era que ella encontraba la muñeca y que Kafka le dice que se le había olvidado llevarle la carta, que decía asi:
Vuelvo a casa.
María paramio, 10 Años.

6 de enero de 2009, 13:27  

Sus ojos se encontraron y ambos sintieron, de prnto, una gran felicidad

25 de febrero de 2009, 10:46  

La historia que se cuenta en el libro kafka y la muñeca viajera de J. Sierra i Fabra es tan simple y, a la vez, tan real que tiene de trasfondo lo grande que podemos ver a veces las cosas que nos suceden y la simplicidad con la que se pueden resolver. Y al mismo tiempo, lo fácil que es complacer a la gente que nos necesita poniendo tan poco de nuestra parte. Es increíble la “magia” que pueden llegar a transmitir los niños para que un adulto le llegue a dedicar el último año de su vida a una chiquilla inventando que su muñeca le manda cartas desde la mayoría de los países del mundo, tan solo para compracerla, mientras le narra lo que le sucede.
Carla Fernandes. 1ºBAC adultos

23 de junio de 2009, 15:24  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds