NINGUÉN ESTÁ SÓ

21 escritores e ilustradores galegos participaron na elaboración deste libro (editado por Amnistía Internacional) que nos permitiu falar ós maiores do club de dereitos humanos. Penso que como educadores e como pais temos a obriga de abordar os temas das desigualdades sociais, a intransixencia, o racismo, a existencia de guerras e (en definitiva) o desprezo á dignidade humana. Estes relatos abren camiños para reflexionar ou profundizar sobre calquera destas cuestións e por iso foi o libro elixido.
Só me referirei a algún dos textos que máis comentamos nos dous grupos. ¡Tócavos a vós seguir facendo comentarios no blog!
Comezo polo que máis me impresionou: "A vida á valga" de Ana Expósito. Acerca ós distintos modos de sentir medo que deben pasar todos aqueles que abandonan a súa terra buscando unha vida mellor e experimentando a soidade e a loita por esquecer duras experiencias vitais.
"A memoria dos soños rotos" de A. Fernández Paz permitiu que nas nosas reunións se plantexase o tema da recuperación da memoria das vítimas da guerra civil e levounos a falar doutras novelas. Tamén comentamos a orixinalidade do relato de A. Reigosa: "Travesía en branco e negro", coa oposición entre o "primeiro" e o "segundo" mundo por medio da metáfora dos dous nadadores. O texto de F. Casalderrey "Electrocardiograma plano" pareceunos unha boa forma de plantexar como a irracionalidade da intrasixencia dunha adolescente debe desembocar na concienciación de que nun mesmo pode comezar un cambio de actitude.
Por último, o primeiro relato: "Sáhara améndoa amarga" (de F. Alonso) levounos a falar da situación do pobo saharaui, do contraste de sentimentos desa moza que vive no campamento de refuxiados e mixtura a problemática política e social coa nostalxia doutra realidade lonxana. ..
Remato coa cita do poema que encabeza a edición de Ninguén está só:

Nadie está solo
En este mismo instante
hay un hombre que sufre;
un hombre torturado
tan sólo por amar la libertad.

Ignoro dónde vive;
no sé qué lengua habla
o el color de su piel;
mucho menos su nombre;
mas justamente ahora
cuando tus ojos leen
mi pequeño poema
ese hombre existe y grita:
mientras muerde sus labios
para no denunciar
a los amigos. ¿Oyes?

Un hombre solo grita
maniatado: jadea
en algún sitio. ¿Solo?
¿No sientes como yo
el dolor de su cuerpo
repetido en el tuyo?
¿No te mana la sangre
bajo los golpes ciegos?

Nadie está solo. Ahora
en este mismo instante
también a ti y a mí
nos tienen maniatados.
José Agustín Goytisolo

1 comentarios:

Estes dez relatos, tan variados en canto aos temas, buscan chegar ás nosas conciencias e, sen dúbida, o conseguen. Uns poden ten maior calidade, outros ser máis orixinais... pero ningún deles te deixa indiferente.

A carta que unha rapaza saharaui escribe dende os campamentos de refuxiados ao seu amado Ahmed, que se está formando en Cuba para voltar e poñer en práctica o aprendido, da forma ao primeiro relato. Esa carta escrita dende o campamento de Tinduf é unha necesidade para ella, precisa escribila para chorar. Chora pola súa terra, polo Sahara, pola liberdade da que non dispoñen, polas súas cidades que coñecen de oídas mais nunca chegaron a ver, chora por esa patria que descoñece e que está ocupada por outros. A palabra “Sahara” representa para ella a ESPERANZA (o máis sagrado da vida), mais flaquea porque, aínda que é consciente de que foi criada para ter valor, para resistir..., coñeceu outra terra -Cuba- onde o mar e a cidade invadiron os seus sentidos, cos seus arrecendos, coas súas cores...
A súa actual ocupación, dar clase de español aos nenos e nenas dos primeiros niveis do campamento, fai que se sinta útil, aínda que a ilusión a vaia abandonando pouco a pouco. Mais é o que ten, e cada nova palabra que aprende un deses nenos aos que ela ensina bríndalla a Ahmed. Con cada palabra -que logro tan pequeniño nos pode parecer- agradece a Ahmed ter sido a súa esperanza.
Fundamentales son as preguntas que se fai ao final do relato “¿Ata cando teremos que vivir de prestado...? ¿Ata cando teremos que acudir aos repartos de comida racionada para poder subsistir? ¿Ata cando teremos que vestir coas roupas usadas que nos mandan...? Eu dende aquí, dende este Monforte “teoricamente”desenvolvido, pregúntome se nos somos NÓS os culpables de todo isto. Porque, ¿solucionamos os seus problemas con caridade, enviándolle roupa usada...? ¿Non será iso hipocrisía?. ¿Cómo podemos esquecer que o estado español abandonou ao pobo saharaui en 1975? ¿Cómo é que non encabezan os nosos gobernos a loita polos dereitos destes seres humáns? ¿Por qué nós non esiximos aos nosos gobernos que presionen? Os intereses económicos mandan. Pero iso sí, todos os anos se conmemora o día da Declaración Universal dos Dereitos Humáns (duns poucos).

Do segundo relato “Barbazul” vou resaltar unicamente o final. Ninguén nos pode protexer dos perigos que sempre van a estár presentes e ninguén nos pode reter polos seus propios medos, porque a vida é camiñar cara adiente, facéndolle fronte a todo.

Do terceiro relato “Electrocardiograma plano” pouco vou dicir, penso que o escalofriante relato “O home can” o di case todo. Somente comentar dúas ideas: o apartar das nosas retinas as imaxes de miseria, a molestia que nos causa ver a unha nena esquelética chea de moscas -no fondo, máis fondo a nosa conciencia remóvese- é tan frecuente nas nosas propias vidas que espanta.
E outra idea é a da pena de morte. Nor, a rapaza estranxeira, fai unha pregunta “... fíxate, nos países nos que existe a pena de morte, ¿hai alí menos violencia?...?

No relato “Cintas”, unha persoa, presumiblemente un xúíz, atópase no inicio dun proceso no que ten que revisar catorce mil folios en pouco prazo de tempo. Trátase dun proceso de desaparecidos, e aínda que non se cita o país, pola data dunha das gravacións (3-4-1972) ben poidera tratarse de Brasil ou da Arxentina durante a dictadura do xeral Videla.
Esas persoas desaparecidas, algunhas das cales tiveron como punto do partida do grupo, tamén, un grupo d e lectura e discusión, decidiron gravar unhas cintas como biografía nos días previos ás súas detencións e depositalas logo en mans de familiares ou enviadas a apartados de correos de uso común, coa esperanza “..un luxo neses momentos” de que saísen á luz.
Descoñecemos o remate desta historia. Sabemos que en Arxentina a loita pacifíca das “Nais e Avoas da Praza de Maio” deu os seus froitos, pero o terror foi tal naqueles anos neses países que nunca se coñecerá a verdadeira identidade de tantas e tantas persoas que foron roubadas sendo nenas e entregadas a outras familias; nin se dará cos restos dos mortos.

Pilar Saavedra

12 de diciembre de 2008, 18:17  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds