FUME, Antón Fortes

Para continuar coa temática de Dereitos humanos en Decembro... Este libro de Antón Fortes, con ilustracións de Joanna Concejo, penso que conxuga perfectamente a sinxeleza dun texto contado dende o punto de vista dun neno coa forza visual dunhas ilustracións nas que o horror, a fame, o frío e a humillación non precisarían de palabras...
Aínda que é un tema repetidamente tratado en libros, documentais, películas (tal vez por iso algunha imaxe nos poda resultar "familiar") moitos dos maiores do club comentamos que a forza das imaxes é tremenda e o texto, en moitas páxinas, sobrecolledor.
Fomos reparando practicamente en todas as láminas e reflexionando sobre o posible significado das cores, dos borróns das páxinas, dos corpos cortados, as árbores, a música, incluso o difícil momento dos soños e dos xogos nesa situación...
Tamén coincidimos a maioría dos compoñentes dos grupos (¡con unanimidade no dos pais!) na elección dunha imaxe na que o rapaz se agarra fortemente ás costas da súa nai (esa nai que xa non lle conta historias porque está demasiado cansa).
O breve título do libro penso que condensa en dúas sílabas a nada e o cheiro a morte. A presenza das multitudes vixiadas non deixará nunca de sobrecollerme nin tampouco cando tento pensar no frío, nas miradas perdidas e a sensación de miseria que respiran os corpos escuálidos hacinados entre un terror dificilmente imaxinable. Aínda que o vise miles e miles de veces este tema sempre seguirá impresionándome.

2 comentarios:

Me parecen unas imágenes durísimas. No puedo imaginar cómo pudo haber personas tan desalmadas, capaces de hacer semejantes atrocidades.
Ana González Q.

16 de diciembre de 2009, 14:16  

Efectivamente é un tema tratado en moitas ocasións, mais é fundamental que os nosos rapaces o coñezan e traballen sobre el -e sobre outros, fundamentais na nosa propia historia- para tratar de non repetir os mesmos erros.
Dos textos e das magníficas ilustracións do libro non teño máis que dicir que o exposto por Beatriz. Nunca coñeceremos o sufrimento desas persoas! E isto lévame a pensar na fraxilidade de memoria que temos, porque, cómo poden uns supervivintes ou uns descendentes de persoas que sufriron eses campos de tortura e morte, e que agora ocupan un territorio onde lles crearon un estado artificial, non permitirlles ás persoas que orixinariamente vivían nese lugar RESPIRAR, VIVIR, o mesmo que eles desexaban antes de que Hitler campase ás súas anchas por Europa? Necesitan humillar para sentirse eles menos humillados? Non lles chegou o enorme sufrimento pasado?. Xa o esqueceron?. E por iso que digo que estes temas teñen que estar sempre presentes.
Pilar Saavedra Codesido

27 de diciembre de 2009, 22:51  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds