DARWIN EL VIAJERO. NICOLAS CUVI.GRUPO 2 ALUMNOS

Este mes, no grupo de alumnos máis pequenos, cambiamos totalmente a temática do que adoitamos ler no club; non se tratou dunha novela nin de poesía nin teatro...
Neste caso escollín un libro informativo, unha biografía do famoso Darwin, intrépido viaxeiro, científico e curiosa personalidade que tanta importancia tivo coa súa revolucionaria e controvertida teoría da evolución das especies.
Un libro de N. Covi editado por Rompecabezas na colección sabelotodos.

Un acercamento á súa vida, costumes... dende neno ata a súa etapa de adulto.
Ó final do libro hai sinxelas preguntas sobre o texto e cuestións para investigar ou averiguar.
Puxeron unha "pega": pareceulles demasiado infantil.

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds