tag:blogger.com,1999:blog-5502034376366987759.post3741174973801696384..comments2014-11-01T10:16:48.652+01:00Comments on CLUB DE LECTURA BALBORDO: LECTURAS XUÑOBeatriz Gonzálezhttp://www.blogger.com/profile/01920467905458604190noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5502034376366987759.post-18635749910110451722008-06-18T17:10:00.000+02:002008-06-18T17:10:00.000+02:00Dormía sen dormir,o sono como esa auga tímida que ...Dormía sen dormir,o sono como esa auga tímida que empapa sen avisar, sen chegar a facer tremer..dormía coa conciencia case esperta cando te me apareciches..estabas en min, sobre min, dentro de min..sei que ambos estivemos xuntos toda a noite pero so lembro o desta mañá. Un sol ferinte acariñou os meus ollos,deixei entrar os ladróns, pensei, xa que acostumo a dormir a escuras. Pero sei que unhas mans levantaron a persiana. Unhas mans que se xuntaron ás miñas, unha boca, un sabor. Todo foi delicado, suave, sutil, e tamén salvaxe,..lembro que te erguiches sen avisar e baixaches a persiana de novo, lembro sabas co teu perfume, lembro as túas pegadas en min.<BR/>Cando espertei so de ti me quedaba esa sensación de alma enchida e esa súplica que me leva de novo á noite: quédate...Mentres, agárdote , para seguir soñandoAnonymousnoreply@blogger.com