 A lectura deste texto de I. Némirovsky pareceume unha boa ocasión para acercar a obra dunha autora que recentemente viña de descubrir despois de ler o seu magnífico libro Suite francesa, publicado tras azarosas vicisitudes.

Destacamos deste texto a sinxeleza da súa linguaxe, o tratamento do paso do tempo (que precede á celebración do famoso baile) e tamén a forza de Antoinette, que desexa medrar e quizais tamén, nun futuro, repetir comportamentos que parece que reproba.
Espero contar coa oportunidade de "escoitar" as opinións dos máis novos cando lles propoñamos a lectura deste texto. "Os maiores" do Club comentamos que posiblemente a visión que eles nos ofrezan pode ser moi diferente á sensación coa que nós quedamos despois da lectura.
Etiquetas: Adolescencia, Autor, Libros, Muller, Némirovsky I.
 A obra deste importante escritor de literatura xuvenil ten como eixe o misterio. Gisbert trata de achegarse a ámbitos ocultos e inquietantes que sempre desacougan. Como afirmou no coloquio cos alumnos de primeiro ciclo, o campo temático común dos catro relatos que compoñen Los caminos del miedo son: "El miedo, la muerte, el miedo a la muerte y la muerte por miedo". A maioría das preguntas que lle fixeron os alumnos foron sobre o primeiro dos relatos: "La obsesión de Amberes" (do que explicou o proceso de creación). Na charla posterior do Club de lectura comentaron outros textos: especialmente o misterioso relato "Pupilas de obsidiana" no que nos centramos na curiosidade que suscita a caixa que lle confía a unha muller un raro e misterioso veciño. Chegamos á conclusión de que tampouco nós deixariamos de abrila! Do conto "El mensajero de la muerte" trataron o tema das obsesións encarnadas no estraño comportamento do protagonista cando pensa que é vítima dunha maldición. Por último, "En la llanura blanca" suscitou que algúns alumnos propuxeran unha interpretación simbólica sobre o final deste texto.
 A obra deste importante escritor de literatura xuvenil ten como eixe o misterio. Gisbert trata de achegarse a ámbitos ocultos e inquietantes que sempre desacougan. Como afirmou no coloquio cos alumnos de primeiro ciclo, o campo temático común dos catro relatos que compoñen Los caminos del miedo son: "El miedo, la muerte, el miedo a la muerte y la muerte por miedo". A maioría das preguntas que lle fixeron os alumnos foron sobre o primeiro dos relatos: "La obsesión de Amberes" (do que explicou o proceso de creación). Na charla posterior do Club de lectura comentaron outros textos: especialmente o misterioso relato "Pupilas de obsidiana" no que nos centramos na curiosidade que suscita a caixa que lle confía a unha muller un raro e misterioso veciño. Chegamos á conclusión de que tampouco nós deixariamos de abrila! Do conto "El mensajero de la muerte" trataron o tema das obsesións encarnadas no estraño comportamento do protagonista cando pensa que é vítima dunha maldición. Por último, "En la llanura blanca" suscitou que algúns alumnos propuxeran unha interpretación simbólica sobre o final deste texto. Para La mansión de los abismos Gisbert indicou que partira do coñecido tema de Barbazul, asasino de mulleres. Moitos alumnos preguntáronlle ó autor sobre algún personaxe do texto (Gundula, a criada muda...) e algún foi máis aló formulando as súas dúbidas sobre o "espacio vivo", a outra dimensión que introduce un ambiente de irrealidade na historia. Tamén no Club se referiron a algún destes aspectos e fixeron consideracións sobre o raro protagonista da historia e o enigma que o rodea. Precisamente foi dita temática misteriosa a que motivou a escolla deste mes, porque é un tema do agrado de gran parte do alumnado. Ademais, a intención era tamén que os socios do Club comentasen as súas impresións sobre o encontro cun escritor do que viñan de ler unha obra. Era a primeira vez que moitos contaran con esa oportunidade e, en xeral, comentaron que fora unha boa experiencia.
Para La mansión de los abismos Gisbert indicou que partira do coñecido tema de Barbazul, asasino de mulleres. Moitos alumnos preguntáronlle ó autor sobre algún personaxe do texto (Gundula, a criada muda...) e algún foi máis aló formulando as súas dúbidas sobre o "espacio vivo", a outra dimensión que introduce un ambiente de irrealidade na historia. Tamén no Club se referiron a algún destes aspectos e fixeron consideracións sobre o raro protagonista da historia e o enigma que o rodea. Precisamente foi dita temática misteriosa a que motivou a escolla deste mes, porque é un tema do agrado de gran parte do alumnado. Ademais, a intención era tamén que os socios do Club comentasen as súas impresións sobre o encontro cun escritor do que viñan de ler unha obra. Era a primeira vez que moitos contaran con esa oportunidade e, en xeral, comentaron que fora unha boa experiencia.
Etiquetas: Autor, Contos, J. M. Gisbert, Libros, Misterio
 O 3 de marzo este coñecido escritor de novela xuvenil de misterio estivo na nosa Biblioteca. Falou cos alumnos de 1º e 2ª da ESO e a continuación cos de 3º e 4º.
O 3 de marzo este coñecido escritor de novela xuvenil de misterio estivo na nosa Biblioteca. Falou cos alumnos de 1º e 2ª da ESO e a continuación cos de 3º e 4º. 
Etiquetas: J. M. Gisbert, Visita autor
Os libros para este mes son: El baile (I. Némirovsky), La mansión de los abismos e Los caminos del miedo (J.M. Gisbert)
Etiquetas: Autor, J. M. Gisbert, Libros, Némirovsky I.

O 14 de febreiro reunímonos os dous grupos de profesores, pais e PAS para falar desta obra de A. Skármeta. Previamente, proxectouse na Biblioteca a película correspondente (dirixida en 1994 por Michael Radford e protagonizada por Massimo Troisi). Comentamos deste modo a sempre frutífera relación literatura/cine, actividade que aínda non levaramos a cabo no centro.

Charlamos distendidamente sobre as diferenzas entre o libro e a película: especialmente dos distintos finais, do diferente país no que se ambientan as escenas dun e doutra, das variantes na presentación da relación de Neruda e Mario, do tratamento do desexo amoroso nas obras...
A amizade, a admiración, a melancolía, o amor, a ilusión, a literatura e a política mestúranse neste magnífico texto. Penso que esta emotiva obra entusiasma pola súa capacidade de descubrir o poder de namorar da palabra.
Podes ler a obra traducida ó galego na páxina bivir.
Etiquetas: Amizade, Amor, Autor, Bibliotecas Virtuais, Libros, Películas, Skármeta A.
 lugares moi diversos e penso que isto contribúe a facer o libro máis enriquecedor, aínda que debido a iso algunhas referencias culturais resultáronlles difíciles ós rapaces e requiriron maior explicación (por exemplo, no cuarto relato as referencias á situación do Sáhara).

Etiquetas: Amor, Autor, Dereitos humanos, Fran Alonso, Libros, Muller
 A elección destes libros estivo relacionada coas actividades levadas a cabo dende a Biblioteca na semana do 14 de febreiro: II Concurso de microcartas de amor ou a exposición "Tender o/ó amor" que recolleu no vestíbulo do centro unha selección de cancións de amor, as cancións que namoraron a profes, alumnos...

Etiquetas: Amor, Fran Alonso, Libros, Películas, Skármeta A.
 Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler.
Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler.Mostraron grande sensibilidade ó tratar distintos temas que aparecen no libro (a amizade, a ansia de exploración, o xogo...) e todos reflexionamos sobre os distintos personaxes e a súa peculiar situación.
Antes da lectura, entregueilles uns libriños plastificados nos que se vían as portadas das edicións en galego e castelán. Neles deixaron debuxos e diversos comentarios:
A reunión cos outros dous grupos (profesores, pais e PAS) levounos a varias horas de conversación na que se salientou a tenrura que o libro esperta, a aparente sinxeleza da historia, a temática. E así evocamos distintas situacións e personaxes desta conmovedora historia
Etiquetas: Boyne, Libro liberado
Etiquetas: Boyne, Documental, Racismo
 Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler.
Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler. Mostraron grande sensibilidade ó tratar distintos temas que aparecen no libro (a amizade, a ansia de exploración, o xogo...) e todos reflexionamos sobre os distintos personaxes e a súa peculiar situación.
Antes da lectura, entregueilles uns libriños plastificados nos que se vían as portadas das edicións en galego e castelán. Neles deixaron debuxos e diversos comentarios:
A reunión cos outros dous grupos (profesores, pais e PAS) levounos a varias horas de conversación na que se salientou a tenrura que o libro esperta, a aparente sinxeleza da historia, a temática. E así evocamos distintas situacións e personaxes desta conmovedora historia
Etiquetas: Logo
Etiquetas: Nome do Club