Hoxe, en BalbordoBis, os rapaces falaron de traballo infantil, de explotación, de decisións que marcan as vidas, de soños e ilusións, de dificultades...
Eles mesmos contarán as súas impresións sobre o libro.

Impresionante e moi recomendable este libro de B. Vanderbeke.
A trama transcorre nun curto espazo temporal -unha cea- no que unha familia espera a chegada do pai (ausente por unha viaxe de traballo).
As horas pasan e con elas medra a tensión entre os protagonistas da historia e tamén a do lector, que vai descubrindo algúns datos sobre a familia que o deixarán desconcertado.
Para non condicionar a lectura non sintetizarei o que sucede, nin nos seus aspectos básicos, posto que considero que un gran mérito deste libro é o progresivo descubrimento de que a realidade non é a que parecía nun comezo.
Personaxes, comportamentos e variados detalles do libro centraron a nosa reunión cos rapaces maiores de Balbordo.

Pais, profes... falamos e falamos a tarde do martes deste texto que nos encantou.
Antes da reunión, moitos que remataran a lectura me ían comentando: durísimo pero precioso. Por iso, elixín a novela gráfica deste libro para que a lean o próximo mes os de Bac que están en Balbordo. Teremos tamén todos a posibilidade de ver a película.

De amizade, de covardía, de traizón, de sentimentos, de bondade, de
inseguridades, de abandono, de crueldade, de esperanzas, de redencións, de oportunidades, de relacións familiares, de segredos, de violencia... de tantos e tantos temas dá para falar o libro que así ían saíndo encadeados sen pausas...
Antes da reunión, Susana nos agasallou con marcadores (con motivos de cometas) variados para cada un de nós!!
Foi un pracer poder compartir opinións sobre esta recomendable novela.


EL BAILE, I. NEMIROVSKY. NO GRUPO2

Repetimos, esta vez co grupo de rapaces pequenos de Balbordo, un libro de I. Némirovsky que xa comentamos no Club anos atrás.
Todo o relato xira en torno a un baile que crea multitude de expectativas e ocupa totalmente os pensamentos de todos os personaxes.
É un texto breve e intenso, cheo de temas interesantes para reflexionar: as relacións familiares, a hipocrisía, as obsesións, as consecuencias que provocan algunhas decisións, o paso da infancia á adolescencia, as inseguridades...
O final: sorprende.
De todos eses temas falamos o luns no Recreo na Biblioteca.

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds