Etiquetas: Alonso A-Pelegrín J., Autor, Bennett A., Libros
Podedes consultar en Bibliocabe o testimonio sonoro.
Etiquetas: BalbordoBis, Oralidade, Poemas, Rubén Darío
Etiquetas: Adolescencia, Amor, Autor, Exilio, Guerra civil, Infancia, Libros, Mayoral M.
Este xoves Monforte encherase de comadres. Esta é a nosa, feita tamén polo profe de Ciencias Jose Luis Rodríguez, ó que lle damos as grazas. É tan espectacular coma o compadre!
Etiquetas: Entroido
Grazas á colaboración de Normalización Lingüística do centro, o martes 10 os maiores de Balbordo tivemos a oportunidade de comentar con Fran Alonso Cartas de amor.
Non considero que Cartas de amor deba relacionarse só coa literatura xuvenil. Atreveríame a afirmar que as evocacións que a súa lectura provoca adquiren maior intensidade no caso dun lector adulto. O compromiso con temas universais como as guerras (e os seus silencios), a prostitución infantil (o roubo da infancia, a hipocrisía e consentimento dos "países desenvolvidos"), os fracasos e as loitas que esconde a inmigración (a soidade e os medos), o desarraigo por ser consciente de vivir "de prestado" (o relato da moza saharaui) ou os conflictos persoais que deben ser resoltos para atopar o lugar que se quere ocupar no propio entorno (a homosexualidade)... posiblemente os ollos dun adulto non as capten coa sorpresa dunha ollada de adolescente pero si coa experiencia que agrava a visión de moitas desas realidades.
Destacaría en Cartas de amor a coraxe dunhas mulleres que dende tan distintos escenarios e circunstancias vitais teñen en común a esperanza, a forza de loitar e tal vez a confianza no amor ou na solidariedade en calquera das súas manifestacións.
Moitas grazas Fran pola túa cercanía e por darnos a oportunidade de preguntar eses detalles que, na intimidade da lectura, algunha vez consideramos nos gustaría comentar co autor.
Etiquetas: Amor, Autor, Dereitos humanos, Fran Alonso, Libros, Muller, Visita autor
Etiquetas: Entroido
Etiquetas: Fran Alonso, Libros, Visita autor
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio