Dos tres contos o que máis me gustou foi "A vida de Ma Parker". Ma Parker tivo unha vida complicada. Traballadora, viúva, con varios fillos mortos... Agora mórrelle un neto. Porén ela nunca chorara. Pero con esta morte, sente a necesidade de chorar. A calquera de nós seguramente nos chegaría un pequeno recuncho da cociña do literato que estaba a limpar para derramar unhas cantas bágoas. Pero a ela non. Nunca antes chorara. Por iso é tanto o que ten que chorar... E non atopa lugar. O mundo estréitase e a súa dor ensancha cada vez máis. E todo é tan traxicamente inxusto que nin sequera é dona dun lugar no que poder chorar. Por certo, non sei por que dende o principio do conto me imaxinei a Ma Parker como unha muller robusta e de cor negra. Respecto do conto "A felicidade" sigo a pensar que a protagonista non coñecía o romance do seu home coa súa mellor amiga -por moito que algunha integrante do club de lectura se empeñe en intentar convencerme-. Bertha séntese feliz porque na súa vida, tan simple e tan baleira- non necesita nada máis. Cando o seu home chama para dicir que vai chegar tarde á cea, eu empezo a desconfiar da súa relación con Pearl. Por algo a narradora insiste tanto na precoupación que Bertha ten polo desprezo que o seu home lle ten. Penso que a intención da narradora é precisamente esta: todos sabemos o que pasa agás Bertha. E preguntámonos como vai reaccionar. Naturalmente non podía ser doutra maneira: unha muller que se resigna a non poder coller nin sequera a súa filla, que é feliz cun home ó que antes nin desexara, non podía actuar doutra maneira. E aí estaba a pareira para recordarllo. A árbore, fermosa, froiteira, seguía igual. Todo seguiría igual. Porque a vida sempre segue. Porque o tempo non se detén e as árbores non caen. E Bertha poderá seguir sendo feliz, ou tal vez triste, pero a pereira seguirá, indiferente, coa mesma fermosura de sempre.
Anónimo dijo...
hol bos dias pareceme ben que haxa clubs de lectura no ies rio cabe e moi divertido leer
19 de mayo de 2008, 11:39
Anónimo dijo...
Dos tres contos o que máis me gustou foi "A vida de Ma Parker". Ma Parker tivo unha vida complicada. Traballadora, viúva, con varios fillos mortos... Agora mórrelle un neto. Porén ela nunca chorara. Pero con esta morte, sente a necesidade de chorar. A calquera de nós seguramente nos chegaría un pequeno recuncho da cociña do literato que estaba a limpar para derramar unhas cantas bágoas. Pero a ela non. Nunca antes chorara. Por iso é tanto o que ten que chorar... E non atopa lugar. O mundo estréitase e a súa dor ensancha cada vez máis. E todo é tan traxicamente inxusto que nin sequera é dona dun lugar no que poder chorar. Por certo, non sei por que dende o principio do conto me imaxinei a Ma Parker como unha muller robusta e de cor negra.
Respecto do conto "A felicidade" sigo a pensar que a protagonista non coñecía o romance do seu home coa súa mellor amiga -por moito que algunha integrante do club de lectura se empeñe en intentar convencerme-. Bertha séntese feliz porque na súa vida, tan simple e tan baleira- non necesita nada máis. Cando o seu home chama para dicir que vai chegar tarde á cea, eu empezo a desconfiar da súa relación con Pearl. Por algo a narradora insiste tanto na precoupación que Bertha ten polo desprezo que o seu home lle ten. Penso que a intención da narradora é precisamente esta: todos sabemos o que pasa agás Bertha. E preguntámonos como vai reaccionar. Naturalmente non podía ser doutra maneira: unha muller que se resigna a non poder coller nin sequera a súa filla, que é feliz cun home ó que antes nin desexara, non podía actuar doutra maneira. E aí estaba a pareira para recordarllo. A árbore, fermosa, froiteira, seguía igual. Todo seguiría igual. Porque a vida sempre segue. Porque o tempo non se detén e as árbores non caen. E Bertha poderá seguir sendo feliz, ou tal vez triste, pero a pereira seguirá, indiferente, coa mesma fermosura de sempre.
1 de junio de 2008, 2:14