PEAXES, Santiago Lopo

Este libro de Santiago Lopo, que xa comentamos o curso pasado os adultos de Balbordo, foi o elixido para o grupo 1 dos rapaces.
É un texto que gusta: pola súa axilidade, frescura e discorrer rápido de imaxes e personaxes. A modo dun encadeamento precipitado (paralelo á fugacidade coa que pasan as vidas dos que se cruzan dende o coche co empregado da peaxe) chéganos esta entretida historia.
Dende a visión atenta dese traballador, dende a súa cabina, percibimos instantes, palabras soltas, música... dos conductores que nos acercan ás súas vidas. Tamén acompañamos a rutina do empregado, que maxina con detalle a vida de varios clientes habituais da autoestrada que lle fan máis doado o traballo diario.
Nese pequeno espazo pechado traspásanse fronteiras: as que están máis aló de calquera peaxe, as da imaxinación.



0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds