Moito discutimos os profes, pais e persoal non docente sobre esta breve obra de A. Baricco; texto que cando comezou a reunión non tivo moitos "adeptos" pero que a medida que nos lanzamos a comentar suscitou opinións do máis diversas e apaixoadas...
A viaxe, a versión cinematográfica da obra, o ambiente oriental do texto, a sensualidade, a relación do protagonista coa súa muller, a experiencia vivida no Xapón, o halo de misterio que rodea á historia... foron algúns dos temas tratados.
E logo, como é habitual nas nosas charlas, a comparación con outros libros lidos en Balbordo, a nosa imaxinación desbordada que tenta cubrir os silencios dos textos, a minuciosidade con que nos referimos a personaxes e comportamentos...
Unha conversa moi agradable e o gran pracer de compartir distendidamente (dende hai máis de tres anos!) as nosas distintas impresións sobre unha mesma lectura.

Etiquetas: Amor, Baricco, Relacións Familiares, Viaxes
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Loreto dijo...
Encantoume a novela e encántame compartir lecturas en Balbordo. ¡Por outros tres anos e por moitos máis!
23 de febrero de 2011, 22:57
Anónimo dijo...
É capaz unha mirada de facernos cambiar unha vida que consideramos perfecta? Pode esa mirada facernos caer na conta de que a nosa vida está chea de silencios e incomunicación? É quen a "seda" de transformarnos en buscadores de paixóns sabendo que a nosa vida mesma corre perigo? Quen é a dona dunhas misteriosas flores azuis abrigadas nun exclusivo traxe de cabaleiro? Buscamos fóra o que podemos ter ao noso carón sen prestarlle atención?...isto e mais, pululou cando comentamos "seda". As resposta, na vindeira reunión do clube de lectura(risas)
24 de febrero de 2011, 10:23
Anónimo dijo...
A mí también me gustó mucho esta novela. En las reuniones del club, además, lo pasamos estupendamente.Esperemos que duren muchísimos años
24 de febrero de 2011, 21:54