E seguindo este mes de abril con libros "disparatados"... Alicia no país das marabillas de L. Carroll non podía faltar para o grupo 1 dos rapaces maiores.Penso que é un libro de múltiples suxestións e lecturas, que incita a soñar e a medrar sen abandoar a inxenuidade e a capacidade infantil de crer nos imposibles.
Falamos do texto, dos personaxes, das distintas aventuras... e vimos varios libros Pop-up que lles encantaron e nos serviron de base para ir recordando aspectos da historia.
A continuación déixovos algunha imaxe dos momentos que vivimos esta mañá con Alicia no país das marabillas
Este divertido libro de Martyn Beardsley (con ilustracións de Tony Ross) foi o comentado no grupo 2 de rapaces pequenos de Balbordo.Insensatas aventuras protagonizadas por un cabaleiro que debe rescatar á raíña Ginebra cando ela desaparece raptada por dúas bruxas malvadas. Nas súas andanzas acompáñao un gato moi especial e un escudeiro: Herbert.
Ambientado nunha Idade Media chea de anacronismos, que provocan a risa do lector, e disparatada (posto que hai alusións a inventos técnicos e circunstancias da vida da actualidade) hai continuas alusións a personaxes xa coñecidos polos rapaces por outras lecturas ou os seus coñecementos como o Rei Arturo e os cabaleiros da táboa redonda.
Un libro que lles resultou divertido, con ilustracións que tamén fan máis amena a lectura.
Penso que non é habitual atopar un libro no que o tema da morte esté tratado con humor.A primeira sensación que tiven cando por casualidade caeu este texto de J. Teulé nas miñas mans foi que me parecía moi teatral, como si acabase de asistir a unha representación nun escenario, e tamén extravagante, tolo, divertido e orixinal.
A familia Tuvache traballa nunha tienda familiar que se adica a vender (dende hai xeracións) todo tipo de artigos para que a xente poida suicidarse con garantías de éxito. As situacións presentadas son disparatadas e máis dunha vez penso que provocan perplexidade no lector polo modo de actuar dos personaxes (como o bico de Marilyn) e as propostas que pasan ante os nosos ollos e nos arincan algún sorriso. A chegada dun novo membro da familia ocasiona cambios no negocio da morte e tamén no modo de ver a vida da familia de comerciantes.
Na nosa reunión, dos grupos de adultos, falouse de morte, do absurdo, do final da historia e o seu significado, do comportamento dos protagonistas... e incluso se mencionou o parecido con Mihura nalgún aspecto.
É un texto estraño, irónico, con negro sentido do humor, distinto...
Etiquetas: Humor negro, Morte, Teulé J.
TIEMPO PARA MÁS CUENTOS, Concha de la Hoz Fernández
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 11:07Si tuviese que elegir cuatro términos para sintetizarlo éstos serían: ternura, esperanza, ilusión y lectura.
Siempre hay que sacarle algo positivo a los malos momentos.
Puede verse en youtube:
Etiquetas: Álbum ilustrado, Enfermedad, Infancia, Lectura, Vídeo lectura
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

