Penso que non é habitual atopar un libro no que o tema da morte esté tratado con humor.A primeira sensación que tiven cando por casualidade caeu este texto de J. Teulé nas miñas mans foi que me parecía moi teatral, como si acabase de asistir a unha representación nun escenario, e tamén extravagante, tolo, divertido e orixinal.
A familia Tuvache traballa nunha tienda familiar que se adica a vender (dende hai xeracións) todo tipo de artigos para que a xente poida suicidarse con garantías de éxito. As situacións presentadas son disparatadas e máis dunha vez penso que provocan perplexidade no lector polo modo de actuar dos personaxes (como o bico de Marilyn) e as propostas que pasan ante os nosos ollos e nos arincan algún sorriso. A chegada dun novo membro da familia ocasiona cambios no negocio da morte e tamén no modo de ver a vida da familia de comerciantes.
Na nosa reunión, dos grupos de adultos, falouse de morte, do absurdo, do final da historia e o seu significado, do comportamento dos protagonistas... e incluso se mencionou o parecido con Mihura nalgún aspecto.
É un texto estraño, irónico, con negro sentido do humor, distinto...
Etiquetas: Humor negro, Morte, Teulé J.
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario