Etiquetas: Balbordo Curso 2011-12, Carteis, Lecturas 2011-2012
ESCONDERSE EN UN RINCÓN DEL MUNDO. J. LIAO EN BALBORDOBIS
4 comentarios Publicado por Beatriz González en 16:27Editado en Bárbara Fiore, páxina na que podedes ver algunhas das ilustracións deste texto.
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Liao J., Vídeo lectura
Etiquetas: Educación, Enfermidade, Lectura, Vellez
DARWIN EL VIAJERO. NICOLAS CUVI.GRUPO 2 ALUMNOS
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 12:48Neste caso escollín un libro informativo, unha biografía do famoso Darwin, intrépido viaxeiro, científico e curiosa personalidade que tanta importancia tivo coa súa revolucionaria e controvertida teoría da evolución das especies.
Un libro de N. Covi editado por Rompecabezas na colección sabelotodos.
Un acercamento á súa vida, costumes... dende neno ata a súa etapa de adulto.
Ó final do libro hai sinxelas preguntas sobre o texto e cuestións para investigar ou averiguar.
Puxeron unha "pega": pareceulles demasiado infantil.
Etiquetas: Adolescencia, Amizade, Amor, Lectura
Etiquetas: Contos, Fomento da lectura, Oralidade, Visita autor
A resolución final do texto sorprendeume pero quizais, como xa dixo o propio autor nunha entrevista, era unha das poucas solucións literarias para que ese amor "non fracasara". Tamén penso que supón que nada é como un se imaxina nun comezo e que o destino pode comportarse cunha solución inesperada que nin nos plantexaramos.
Merecen reseñarse deste libro as relacións familiares cos fillos, en ocasións complexas, o xiro positivo que supón o inicio da complicidade de Martín coa xove e a amizade que ela entabla coa filla do protagonista. Os recordos da súa anterior vida de casado, as decisións de como abordar outra etapa da existencia e logo, tras o desenlace, unha conversación memorable cos pais de Laura son algunha das esceas que resaltaría desta historia de encontros e desencontros.
Pode lerse a obra virtualmente nesta páxina.
"Pienso en el placer (cualquier forma de placer) y estoy seguro de que eso es vida. De ahí el apuro, el trágico apuro de estos cincuenta años que me pisan los talones. Aún me quedan, así lo espero, unos cuantos años de amistad, de pasable salud, de rutinarios afanes, de expectativa ante la suerte, pero ¿cuántos me quedan de placer? Tenía veinte años y era joven; tenía treinta y era joven; tenía cuarenta y era joven. Ahora tengo cincuenta y soy "todavía joven". Todavía quiere decir: se termina.Y ése es el lado absurdo de nuestro convenio: dijimos que lo tomaríamos con calma, que dejaríamos correr el tiempo, que después revisaríamos la situación. Pero el tiempo corre, lo dejemos o no, el tiempo corre y la vuelve a ella cada vez más apetecible, más madura, más fresca, más mujer y en cambio a mí me amenaza cada día con volverme más achacoso, más gastado, menos valiente, menos vital. Tenemos que apurarnos hacia el encuentro, porque en nuestro caso el futuro es un inevitable desencuentro." (pp. 90-91, Edición puntodelectura)
Etiquetas: Amor, Autor, Lectura, Relacións Familiares
É un texto entretido no que o misterio e a fantasía son os aspectos máis relevantes.
Os rapaces dixeron que, dende as primeiras páxinas, tiveron a sensación de estar transportados a outra época e outro lugar.
Falamos do argumento da historia, do palacio, da misteriosa Beatrice, do valente estudante Giovanni, do profesor... e por suposto dos espellos, deses xogos noutras dimensións do que é especialista este coñecido autor de literatura xuvenil.
Etiquetas: Autor, Lectura, Lectura virtual, Misterio
A recente publicación desta novela en formato de Novela Gráfica (debuxos de Fabio Celoni e Mirka Andolfo) pareceume unha boa ocasión para que fose lida polo grupo dos rapaces maiores de Balbordo. Tanto lles gustou que varios viñeron buscar a novela despois de ler este texto máis breve ilustrado.
Unha obra dura, unha historia de traizón doun tesouro: a amizade incondicional. Moitos temas, moitas reflexións as que de seguro provocará a lectura desta pequeña xoia.
Etiquetas: Amizade, Novela gráfica, Películas, Relacións Familiares
EL SUEÑO DE LU SHZU, R. GÓMEZ-Tesa GONZÁLEZ. EN BALBORDOBIS
12 comentarios Publicado por Beatriz González en 15:44
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Explotación infantil, Infancia
A trama transcorre nun curto espazo temporal -unha cea- no que unha familia espera a chegada do pai (ausente por unha viaxe de traballo).
As horas pasan e con elas medra a tensión entre os protagonistas da historia e tamén a do lector, que vai descubrindo algúns datos sobre a familia que o deixarán desconcertado.
Para non condicionar a lectura non sintetizarei o que sucede, nin nos seus aspectos básicos, posto que considero que un gran mérito deste libro é o progresivo descubrimento de que a realidade non é a que parecía nun comezo.
Personaxes, comportamentos e variados detalles do libro centraron a nosa reunión cos rapaces maiores de Balbordo.
Etiquetas: Relacións Familiares, Violencia
COMETAS EN EL CIELO, K. HOSSEINI. GRUPOS DE ADULTOS.
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:09Antes da reunión, moitos que remataran a lectura me ían comentando: durísimo pero precioso. Por iso, elixín a novela gráfica deste libro para que a lean o próximo mes os de Bac que están en Balbordo. Teremos tamén todos a posibilidade de ver a película.
De amizade, de covardía, de traizón, de sentimentos, de bondade, de inseguridades, de abandono, de crueldade, de esperanzas, de redencións, de oportunidades, de relacións familiares, de segredos, de violencia... de tantos e tantos temas dá para falar o libro que así ían saíndo encadeados sen pausas...
Foi un pracer poder compartir opinións sobre esta recomendable novela.
Etiquetas: Amizade, Autor, Lectura, Relacións Familiares, Violencia
O final: sorprende.
De todos eses temas falamos o luns no Recreo na Biblioteca.
Etiquetas: Adolescencia, Autor, Libros, Muller
COMO AGUA PARA CHOCOLATE, L. ESQUIVEL. ADULTOS
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 14:00Neste caso, "saboreamos" a lectura desta moi recomendable obra.
O realismo máxico presente en moitas páxinas ofrece un toque imaxinativo e fantástico que fai inolvidables moitas partes do texto.
Etiquetas: Amor, Autor, Lectura, Películas, Realismo máxico
EL ÁRBOL DE JULIA, L. MATILLA-FRA IRENE. GRUPO 2
1 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:41Será o libro que comentaremos o xoves en BalbordoBis
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis
TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO, ROSA HUERTAS. ALUMNOS GRUPO 1
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 15:13Gustoulles.
EL CRIMEN DE LA TANGENTE, E.TEIXIDOR. ALUMNOS 2º GRUPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 12:44Unha novela de misterio na que os protagonistas son estudantes dun Instituto que se van de excursión e se atopan cun problema a resolver: a desaparición dunha das mozas e a conseguinte búsqueda, que leva tamén a outras inesperadas sorpresas.
Comentamos algúns aspectos da historia como o comportamento dos rapaces, dos seus profesores, dos pais, da policía... Tamén se referiron os rapaces ó tema común que indirectamente aparece no libro e que xa trataramos en Tristes armas (lectura de Balbordo do mes anterior).
Resultoulles doado de ler, cercano e entretido.
Etiquetas: Autor, Guerra civil, Libros, Misterio
Etiquetas: Dereitos humanos, Infancia
Unha reunión, por outra parte, que resultou moi divertida.
Etiquetas: Amor, Exilio, Guerra civil
A PALABRA EXACTA. Biografía de Lois Pereiro. ANTÓN LOPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 23:07
Etiquetas: Biografía, Lois Pereiro, Lopo, Poesía
Etiquetas: Autor, Biografía, Guerra civil, Infancia, Lectura, Visita autor
Canto falaron hoxe os rapaces de BalbordoBis deste Álbum que lles encantou!
Mara é especial, nalgunhas cousas distinta, polo que debe reaccionar ante as ameazas que ás veces recibe dos que a rodean... Pero sabe facelo.
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Infancia, Vídeo lectura
LA EXTRAÑA DESAPARICIÓN DE ESME LENNOX, MAGGIE O'FARRELL
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:59
Etiquetas: M., O'Farrell, Relacións Familiares
Falamos de todo isto hoxe na reunión.
Impactante.
Unha profunda reflexión, unha realidade sobre a que hai que meditar... Éste é o vídeo de Seix Barral, Biblioteca Furtiva, no que a autora comenta a obra:
Etiquetas: Amizade, Educación, Relacións Familiares, Teller J., Violencia
Como dicía M. Rivas nun artigo do pasado 1 de Xullo en El País.
"O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ó país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais. Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalecer o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?" (M. Rivas)
"Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e esforzo non retribuido do persoal de ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posible cun traballo nunca contabilizado." (M. Rivas)
De E. Sánchez Pombo ("Son los profesores") ("Que los militaricen")
Outro de Suso de Toro ("Bocadillo de profesor")
A segunda parte do artigo de Antón Losada "Los listos de Madrid"
J. Antonio Aunión: "Van a por la educación"
Vídeo Informe Semanal
Etiquetas: Balbordo Curso 2010/2011, Carteis, Lecturas 2010/11