
Este marabilloso Álbum, de Shaun Tan, editado por Bárbara Fiore Editora será o primeiro libro de BalbordoBis para este curso.
Déixovos este estupendo agasallo que alguén colgou en youtube. Supoño que ó velo un non pode resistir a tentación de comprar o libro, regalalo ou comentalo!E falamos do Álbum onte na Biblioteca con 7 rapaces de BalbordoBis. Miraron o vídeo moi en silencio, moi observadores, fixamente... Elixiron a lámina que máis lle gustara, comentaron sensacións que lles provocaba o texto e os debuxos. Fomos reparando en pequenos detalles dalgunha imaxe e aprendendo que en cada lectura todos podemos "ver e entender" máis.
Unha boísima experiencia!
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Infancia, Tan S., Vídeo lectura
A recomendación deste libro por parte de dúas amigas "lectoras" fixo que o mercase de inmediato e, teño que recoñecer, pareceume marabilloso. Creo que tamén lles gustou ós compoñentes dos dous grupos de maiores, así o afirmaron polos comentarios minuciosos do texto. Arrincounos máis dun sorriso esta tarde de conversa...
Optimismo, fr
escura ou comprensión son palabras que serven para calificar este libro. O contraste entre un mozo e unha anciá que comparten conversacións e lecturas nun banco dun parque deixa, tras cada fragmento, unha sensación de tranquilidade e de calma. Tamén queda a pegada de que o afán de superación sempre é posible, aínda que ós personaxes lles rodee unha soidade que se verá colmada polo descubremento apaixoado das lecturas e do pracer de escoitar. Gustoume comprobar con este libro que preocuparse polos outros pode ser a orixe de que alguén poida cambiar para positivo a súa vida. Canto máis se dá máis se recibe, máis frores e froitos xorden...
escura ou comprensión son palabras que serven para calificar este libro. O contraste entre un mozo e unha anciá que comparten conversacións e lecturas nun banco dun parque deixa, tras cada fragmento, unha sensación de tranquilidade e de calma. Tamén queda a pegada de que o afán de superación sempre é posible, aínda que ós personaxes lles rodee unha soidade que se verá colmada polo descubremento apaixoado das lecturas e do pracer de escoitar. Gustoume comprobar con este libro que preocuparse polos outros pode ser a orixe de que alguén poida cambiar para positivo a súa vida. Canto máis se dá máis se recibe, máis frores e froitos xorden...Nesta tarde falamos de Margueritte, de lecturas, de cariño, de comprensión e de palabras; moitas palabras que xurdiron dun parque e de moitas tardes compartidas (como as nosas tardes de libros en Balbordo, na Biblioteca).
Etiquetas: Amizade, Lectura, Roger M.-S., Vellez
Breogán Riveiro gañou con Tonecho de Rebordechao o Premio Raíña Lupa no 2004. Segue a ser un libro moi ben recibido polos lectores.
Pode que a súa frescura, as notas de humor, a sinxeleza na narración e a personal
idade do neno protagonista da historia sexan os condimentos que fagan doada e divertida a súa lectura.
Así a consideraron tamén os rapaces do segundo grupo de Balbordo, que comentaron algúns episodios do texto (a xornada electoral, a aventura dos cogumelos, da casa abandonada, o episodio do home do unto...) e especialmente as eternas discusións dos avós de Tonecho; aínda que tamén o amor do rapaz pola súa profe arrincou algún comentario xovial.
idade do neno protagonista da historia sexan os condimentos que fagan doada e divertida a súa lectura.Así a consideraron tamén os rapaces do segundo grupo de Balbordo, que comentaron algúns episodios do texto (a xornada electoral, a aventura dos cogumelos, da casa abandonada, o episodio do home do unto...) e especialmente as eternas discusións dos avós de Tonecho; aínda que tamén o amor do rapaz pola súa profe arrincou algún comentario xovial.
Paréceme un bo libro para reflexionar sobre varios temas: o contraste entre a vida do campo e da cidade; as relacións entre veciños, a forza das narracións orais e tamén o agradable de divertirse dun modo espontáneo, entre a natureza.
Etiquetas: Autor, Humor, Infancia, Lectura, Riveiro B.
Hoxe, a petición do grupo de rapaces maiores, falamos deste libro de Laura Gallego,
do que tamén deixaron algún comentario na entrada anterior (do cartel).
do que tamén deixaron algún comentario na entrada anterior (do cartel).A maioría devoran libros de literatura fantástica e xa leran o tomo seguinte: Alas negras, que lle recomendaron ós que aínda non se puxeran coa súa lectura. Nalgún momento da reunión adiantaban partes que sucedían na continuación e houbo que pedir que non desvelasen a historia!
Personaxes, situacións, lugares, comportamentos, acción, traizón... foron os temas que saíron (ás veces atropelladamente porque se sacaban a palabra). A imaxe coa que me quedarei hoxe: un dos alumnos do grupo apurando a lectura das últimas 15 páxinas que lle quedaban!!
Xa que vos gusta tanto esta escritora, entrade na páxina de Laura Gallego (da que quedou a dirección ó principio) e atoparedes máis información sobre a autora ou poderedes participar no foro! Leremos máis adiante en Balbordo Alas negras.
Etiquetas: Autor, Gallego L., Literatura fantástica
Etiquetas: Autor, Gallego L., Libros, Riveiro B., Roger M.-S.
Anteriormente, outro membro do Club deixara un exemplar, aquela vez sen dedicatoria...
Esperemos que pase por moitas mans, que algún dos seus lectores se anime a entrar neste blog e deixar un
comentario...
comentario... Non sabemos cantas peaxes percorrerá este libro, si só quedará esquecido nalgunha cabina, si lle será entregado a algún conductor... Agardamos algunha resposta. De novo me animo a recomendar a súa lectura!
Etiquetas: Fomento da lectura, Libro liberado, Lopo S.
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
