SANTIAGO LOPO, PEAXES

Cando rematei este libro de Santiago Lopo, que me recomendou hai uns meses Gracia, pensei inmediatamente en que podería ser un texto adecuado para comezar o curso.
É unha novela áxil, orixinal e moi entretida. No grupo de pais comentamos que mesmo podería chegar a ser unha boa curtametraxe.
Dende a visión atenta dun home que traballa nunha cabina de peaxe percibimos instantes, palabras soltas, música... dos conductores que pasan con fugacidade por estas páxinas. Tamén acompañamos a quietude do empregado e o seu escape da rutina cando maxina con detalle a vida de varios clientes habituais da autoestrada, que coa súa aparición cotián fan máis doado o traballo diario. Nun espazo tan pechado tamén hai liberdade para traspasar fronteiras, para a sensualidade e a liberdade de soñar.

2 comentarios:

Eu tamén opino que é un libro moi recomendable.

2 de noviembre de 2009, 12:23  

Un caderno canto mais minúsculo mellor, un boli, un lugar pechado pero aberto sempre a quen chega, unha imaxinación desbordante, un xeito especial de mirar e crear... todo isto é o único necesario para que xurda este libro. Nace así unha novela deliciosa, divertida, sinxela e con final feliz. Pensaba eu que o noso "cobrador" nada ten que ver cos que estamos acostumados a ver nesas cabinas, ou sí. Nese mundo pechado resulta totalmente lóxico que nos definan aos sentados frente súa, polo modelo do noso auto, que perciban a música ou a emisora de radio que escoitamos ainda que, sinceramente, o do perfume o vexa mais complicado.
Gústame esa idea das libretiñas en vez das nintendo, dos soños en vez dos lamentos polo tedioso do lugar e da tarefa.
Dun xeito natural, o noso protagonista coñece á muller dos seus soños, indaga no traficante que resulta ser dispensador de mediciñas para animais, paga os pratos rotos dunha muller rota ante o seu matrimonio roto, celebra o aprobado dun último exame sentado no pupitre do lado....
Non sei se ese final tan final e tan perfecto lle quita realismo á novela, non o sei, pero tamén as historias perfectas teñen que ter cabida na nosa vida chea de peaxes.
Confesareivos o primeiro que pensei cando rematei de lela obra, teño que mercala e no primeiro peaxe que pare, regálolla a quen me cobre. Sei que non me poderá fiar, que non levantará a barreira e sei que, sobre todo, porá cara de asombro. Pedireille un favor, que a lea e lla de a ler aos demáis.
O paso dos días farán que se sinta representado no novela ou non. Cando faga o pensado, xa vos contarei qué pasou.
Saúdos e ánimo, a vosa labor neste clube é extraordinaria. Os rapaces e rapazas leen mais que nunca para ledicia de todos.

4 de noviembre de 2009, 9:08  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds