J. SIERRA I FABRA, kafka e a boneca viaxeira

Hai un ano os dous grupos de maiores de Balbordo comentabamos este mesmo libro. Este curso comezamos a primeira reunión dun dos grupos de rapaces (o veterano!) con esta lectura.

Sempre me resulta gratificante a experiencia de reler e reflexionar sobre un texto visto dende os ollos dun adolescente e os dos adultos. Neste caso, os alumnos fixáronse en cuestións nas que eu non lembro que nós repararamos o ano pasado: unha alumna mencionou a inverosimilitude das distancias percorridas pola boneca e deu pé a reflexionar sobre o xogo na infancia, recordos persoais e sobre a idade da protagonista desta historia. Tampouco creo que os maiores fixeramos unha reflexión tan profunda sobre a infancia de Kafka (e a posible relación con imaxinarse unha historia como a que se recrea no libro de J. Sierra) como a que outro dos membros de Balbordo interpretou tras documentarse sobre a vida de Kafka!
Falamos do valor esquecido de recibir unha carta, do comportamento do "carteiro", da metáfora sobre facerse adultos e deixar atrás a inocencia. Chamoume a atención que os rapaces, coma nós fixeramos, se fixaran en que a relación descrita no libro entre o home e a nena podería levar nos tempos de hoxe a desconfianzas entre os adultos; debido ós continuos abusos a menores que adoitamos atopar como noticia nos medios de comunicación.
A algún non lle gustou como remata a historia polo que, como propuxen hai un ano no comentario deste texto, anímovos a modificar o final.

3 comentarios:

o que mais me gustou foi cando a moneca viaxa por todolos monumentos dos pais polos que pasa no viaxa.

19 de noviembre de 2009, 11:26  

Unha preguntiña ¿de quén son as ilustracións? Collín o libro na biblioteca, e gustáronme moito os debuxos, pero non recordo o nome do autor ;)
Un saúdo!

19 de noviembre de 2012, 17:12  

Ola,
As ilustracións son de Pep Montserrat. Saúdos,
Beatriz

24 de noviembre de 2012, 10:06  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds