TERESA GRAU EN BALBORDO

En Balbordo tivemos a sorte de contar coa presenza na nosa Biblioteca de Teresa Grau, coa que compartimos unha sesión de contos, de moitas historias que os rapaces escoitaron con moitísima atención e interese.
O título: "Avatares: tras los enigmas" sintetiza a intención das narracións: facer reflexionar sobre diversos temas que acompañan as nosas vidas e que nalgún intre nos atoparemos: a morte, a búsqueda da felicidade, a amizade, a implicación co que nos rodea, a conexión entre os diversos elementos do mundo...
Unha agradabilísima sesión que lles encantou ós rapaces pola capacidade de transmitir e "atrapar" que ten Teresa.

LA TREGUA, M. BENEDETTI

Ás veces a vida concede unha tregua ou un descanso, algo así como un intermedio.
Acontécelle nesta obra de Mario Benedetti a Martín, un viúvo case cincuentón que no seu diario descrebe a vida monótona da oficiña e a relación na casa cos seus tres fillos. De súpeto, a irrupción na súa vida de Laura Avellaneda -xoven de 24 anos coa que comparte traballo- faralle modificar os sentimentos, reflexionar sobre a felicidade ou o amor e suporá tamén un paréntese na súa soidade.
A resolución final do texto sorprendeume pero quizais, como xa dixo o propio autor nunha entrevista, era unha das poucas solucións literarias para que ese amor "non fracasara". Tamén penso que supón que nada é como un se imaxina nun comezo e que o destino pode comportarse cunha solución inesperada que nin nos plantexaramos.
Merecen reseñarse deste libro as relacións familiares cos fillos, en ocasións complexas, o xiro positivo que supón o inicio da complicidade de Martín coa xove e a amizade que ela entabla coa filla do protagonista. Os recordos da súa anterior vida de casado, as decisións de como abordar outra etapa da existencia e logo, tras o desenlace, unha conversación memorable cos pais de Laura son algunha das esceas que resaltaría desta historia de encontros e desencontros.
Pode lerse a obra virtualmente nesta páxina.
"Pienso en el placer (cualquier forma de placer) y estoy seguro de que eso es vida. De ahí el apuro, el trágico apuro de estos cincuenta años que me pisan los talones. Aún me quedan, así lo espero, unos cuantos años de amistad, de pasable salud, de rutinarios afanes, de expectativa ante la suerte, pero ¿cuántos me quedan de placer? Tenía veinte años y era joven; tenía treinta y era joven; tenía cuarenta y era joven. Ahora tengo cincuenta y soy "todavía joven". Todavía quiere decir: se termina.
Y ése es el lado absurdo de nuestro convenio: dijimos que lo tomaríamos con calma, que dejaríamos correr el tiempo, que después revisaríamos la situación. Pero el tiempo corre, lo dejemos o no, el tiempo corre y la vuelve a ella cada vez más apetecible, más madura, más fresca, más mujer y en cambio a mí me amenaza cada día con volverme más achacoso, más gastado, menos valiente, menos vital. Tenemos que apurarnos hacia el encuentro, porque en nuestro caso el futuro es un inevitable desencuentro." (pp. 90-91, Edición puntodelectura)

Este mes, no grupo dos rapaces pequenos eliximos: Los espejos venecianos de J.M. Gisbert.
É un texto entretido no que o misterio e a fantasía son os aspectos máis relevantes.
Os rapaces dixeron que, dende as primeiras páxinas, tiveron a sensación de estar transportados a outra época e outro lugar.
Falamos do argumento da historia, do palacio, da misteriosa Beatrice, do valente estudante Giovanni, do profesor... e por suposto dos espellos, deses xogos noutras dimensións do que é especialista este coñecido autor de literatura xuvenil.


Enlace

O mes pasado, lemos os adultos en Balbordo a novela Cometas en el cielo, que como comentei nos encantou.
A recente publicación desta novela en formato de Novela Gráfica (debuxos de Fabio Celoni e Mirka Andolfo) pareceume unha boa ocasión para que fose lida polo grupo dos rapaces maiores de Balbordo. Tanto lles gustou que varios viñeron buscar a novela despois de ler este texto máis breve ilustrado.
Realmente é unha novela moi coidada, de gran impacto gráfico e que sintetiza perfectamente as partes máis importantes daquela historia de K. Hosseini.

Unha obra dura, unha historia de traizón doun tesouro: a amizade incondicional. Moitos temas, moitas reflexións as que de seguro provocará a lectura desta pequeña xoia.

Estas lecturas deixan aberta a posibilidade de ver todos a película da que vos deixo aquí o tráiler:

LECTURAS ABRIL.




Entradas más recientes Entradas antiguas Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds