LA TREGUA, M. BENEDETTI

Ás veces a vida concede unha tregua ou un descanso, algo así como un intermedio.
Acontécelle nesta obra de Mario Benedetti a Martín, un viúvo case cincuentón que no seu diario descrebe a vida monótona da oficiña e a relación na casa cos seus tres fillos. De súpeto, a irrupción na súa vida de Laura Avellaneda -xoven de 24 anos coa que comparte traballo- faralle modificar os sentimentos, reflexionar sobre a felicidade ou o amor e suporá tamén un paréntese na súa soidade.
A resolución final do texto sorprendeume pero quizais, como xa dixo o propio autor nunha entrevista, era unha das poucas solucións literarias para que ese amor "non fracasara". Tamén penso que supón que nada é como un se imaxina nun comezo e que o destino pode comportarse cunha solución inesperada que nin nos plantexaramos.
Merecen reseñarse deste libro as relacións familiares cos fillos, en ocasións complexas, o xiro positivo que supón o inicio da complicidade de Martín coa xove e a amizade que ela entabla coa filla do protagonista. Os recordos da súa anterior vida de casado, as decisións de como abordar outra etapa da existencia e logo, tras o desenlace, unha conversación memorable cos pais de Laura son algunha das esceas que resaltaría desta historia de encontros e desencontros.
Pode lerse a obra virtualmente nesta páxina.
"Pienso en el placer (cualquier forma de placer) y estoy seguro de que eso es vida. De ahí el apuro, el trágico apuro de estos cincuenta años que me pisan los talones. Aún me quedan, así lo espero, unos cuantos años de amistad, de pasable salud, de rutinarios afanes, de expectativa ante la suerte, pero ¿cuántos me quedan de placer? Tenía veinte años y era joven; tenía treinta y era joven; tenía cuarenta y era joven. Ahora tengo cincuenta y soy "todavía joven". Todavía quiere decir: se termina.
Y ése es el lado absurdo de nuestro convenio: dijimos que lo tomaríamos con calma, que dejaríamos correr el tiempo, que después revisaríamos la situación. Pero el tiempo corre, lo dejemos o no, el tiempo corre y la vuelve a ella cada vez más apetecible, más madura, más fresca, más mujer y en cambio a mí me amenaza cada día con volverme más achacoso, más gastado, menos valiente, menos vital. Tenemos que apurarnos hacia el encuentro, porque en nuestro caso el futuro es un inevitable desencuentro." (pp. 90-91, Edición puntodelectura)

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds