Nunca pensástedes en ocultarvos nalgún lugar perdido? escapar das preocupacións que vos rodean ou simplemente estar en soidade?
Os libros de J. Liao (xa lemos algún en BalbordoBis) lévannos moitas veces a lugares nos que a forza das cores e das sensacións nos transportan a outra realidade...
A ver se vos gusta...
Editado en Bárbara Fiore, páxina na que podedes ver algunhas das ilustracións deste texto.

LA FÓRMULA PREFERIDA DEL PROFESOR

Marabillosa historia chea de tenrura e sensibilidade.
Unha abnegada empregada doméstica encárgase de limpar a casa dun vello e enfurruñado profesor enfermo (padece un grave tipo de amnesia e só conserva a súa asombrosa capacidade para as matemáticas). Pronto aprende a respetar as manías do ancián e establece con él unha relación na que as matemáticas van ter un papel fundamental e máxico na súa vida diaria. Cando o hombre descubre que dita muller ten un fillo pequeno, comezará a ensinarlle e encariñarase moito co crío.
A relación entre todos eles cambiará para sempre as súas vidas.
Un precioso canto á amizade, á paciencia e á tenrura.

Este mes, no grupo de alumnos máis pequenos, cambiamos totalmente a temática do que adoitamos ler no club; non se tratou dunha novela nin de poesía nin teatro...
Neste caso escollín un libro informativo, unha biografía do famoso Darwin, intrépido viaxeiro, científico e curiosa personalidade que tanta importancia tivo coa súa revolucionaria e controvertida teoría da evolución das especies.
Un libro de N. Covi editado por Rompecabezas na colección sabelotodos.

Un acercamento á súa vida, costumes... dende neno ata a súa etapa de adulto.
Ó final do libro hai sinxelas preguntas sobre o texto e cuestións para investigar ou averiguar.
Puxeron unha "pega": pareceulles demasiado infantil.

Neste mes de agobios polos exames... lemos no Grupo 1 este libro de L Bojunga, unha historia chea de encanto que aínda que se encadraría na etiqueta de "literatura xuvenil" posee unha temática e unha sensibilidade que perfectamente pode chegar tamén ós non tan novos...
Amores difíciles ou imposibles, soños, búsqueda da identidade, morriña, desenganos e renuncias compoñen esta novela áxil e sinxela que, penso, atrapa ó lector dende as primeiras páxinas.

VOCES EN EL PARQUE, A. BROWNE

Muy colorido y original Álbum.
Excelente para explicar cómo un mismo hecho puede ser visto, y expuesto, desde puntos de vista muy distintos (en este caso cuatro personas diferentes).
Porque en la literatura, igual que en la vida, todo depende de la perspectiva con la que uno se enfrente a lo que está viviendo...
Podéis comprobarlo en este vídeo, de Youtube, sobre el álbum.

BALBORDO MAIO

ALUMNOS GRUPO 2: MÉRCORES 23 na Biblioteca ás 11:10.

PROFES, PAIS E P.A.S. MARTES 29 pola tarde na Biblioteca.

ALUMNOS GRUPO 1 MARTES 22 na Biblioteca ás 11:10.

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds