Como vos dixen ós maiores na primeira reunión, para min é un privilexio poder falar con outros de libros e en Balbordo puiden facelo. Moitísimas grazas a todos.
O blog estará aberto a comentarios dos que formades parte do Club e tamén dos que casualmente ou de vez en cando entrades nesta páxina.
Boas vacacións!
Etiquetas: Balbordo Curso 2007/08, Carteis, Lecturas 2007/08
Onte, celebrouse en Santiago unha xornada, organizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, á que asistimos os 104 coordinadores de Clubs de lectura de centros públicos de Ensino Secundaria de Galicia.Ademais houbo dúas mesas redondas nas que, pola mañán, estiveron catro coordinadores que contaron as súas experienci
Etiquetas: Xornadas Clubs Lectura
Para a última sesión deste curso lin un breve conto da mesma autora elixida para a reunión dos outros grupos, I. Allende. Leva por título: “Dos palabras” e está incluído en Cuentos de Eva Luna. Foi un modo de atender á lectura en voz alta, penso que inxustamente esquecida na actualidade, e tamén de pechar sen sobrecarga de esforzo esta recta final do curso.A maxia deste texto está na forza da protagonista (muller decidida e loitadora) que posee un oficio moi peculiar: vende palabras. Pero non son palabras calquera; tenas para todo tipo de peticións e de persoas. Cada un que fai unha compra superior a "cincuenta centavos" recibe, ademais, unha palabra secreta, individual e única.
Paréceme un precioso texto no que se palpa o poder da linguaxe, a forza dunha voz (de Belisa Crepusculario) que ten o don de comunicar, de espertar sentimentos entre os que reciben a súa peculiar mercancia. Creo que o conto evoca directamente a tradición oral, dos vellos contadores de historias. En “Dos palabras” irrumpe, como é
frecuente nesta autora, a mestura do maravilloso co real (que sempre me sorprendeu como é entendido polos adolescentes) e tamén a temática amorosa (aquí as palabras poden ter poder curativo, de susurrar feitizos ou nostalxias).Os rapaces sorriron cando lin a descripción do momento en que Belisa se acerca por primeira vez á escritura: “se limitó a inquirir el significado de las patitas de mosca dibujadas sobre el papel”; comentaron moi brevemente diversos aspectos do texto: como era a protagonista, en que consistía o seu especial oficio ou opinaron sobre o carácter do Coronel. Fixeron varias suposicións sobre cales serían as dúas palabras que lle dan título á historia e só vou indicar un exemplo do que pronunciou un dos alumnos de 1º ESO: “Estás só”. Lede o conto e pensade no profundas que poden chegar a ser algunhas reflexións.
Etiquetas: Autor, Contos, I. Allende, Lecturas sorpresa, Libros, Muller, Oralidade, Palabras, Realismo máxico
Etiquetas: Amor, Autor, Contos, I. Allende, Lecturas sorpresa, Libros, Oralidade, Realismo máxico
Etiquetas: Lecturas sorpresa, Oralidade
A experiencia deste mes confirmou que os rapaces teñen tan asimilado o uso das novas tecnoloxías que a lectura do conto de Poe foi doada. Nos grupos dos maiores foron máis as voces que reclamaron o valor do libro, do seu olor, da páxina… e maioritariamente circularon as “fotocopias” dos textos. Penso que a lectura virtual nunca poderá sustituir á tradicional pero tamén considero que é preciso aproveitar as indudables posibilidades que nos brinda este novo modo de acercarse ó libro.Por casualidade descubrín na rede varios contos de K. Mansfield e durante varias horas a súa lectura espertou o meu desexo de saber máis da autora e de coñecer outras das súas historias. Foi tarea moi rápida (impensable logralo cun método máis convencional), que me convertiu en certo modo nun detective de literatura na rede. ¿Cambio a experiencia pola lectura tradicional? Non son incompatibles e, por suposto, mercarei algunha obra desta escritora.
“A lección de canto” é un sinxelo conto dunha profesora que imparte unha lecc
ión de música mentres recorda aspectos que a preocupan na súa vida persoal. O ambiente das clases, a relación cos alumnos ou o comportamento da protagonista provocaron máis dun sorriso entre nós (maioría profesores). Cos escasos datos que a historia proporciona, o lector pode supoñer como é a visión da vida desa muller
e a súa relación co mundo.
“A vida de Ma Parker” é á vez un conto tenro e duro. Penso que resume con gran forza a dor e a soidade que pode agochar calquera persoa que pasa desapercibida pola vida diaria; dalguén que vive sen decatarse verdadeiramente do difícil que é atopar un lugar onde chuvia e choros se mesturen cando domina a tristeza e as lembranzas se tornan insoportables.
“Felicidade” provocou un acalorado debate; as diversas interpretació
ns que suscitaron varias alusións deste texto fixeron que nos meteramos de cheo nesta historia . A palabra do título resume un estado de ánimo, unha sensación desbordante… que enche a vida dunha muller sobre a que fixemos recaer moitos interrogantes: que sabe do seu marido? é feliz verdadeiramente? que relación ten con Pearl, que sente por ela? Creo que a forza do texto reside en que suxire máis que di, conta outras historias non por caladas menos importantes. A última pregunta que preside o texto: "que vai pasar agora?" deixa a sensación de chegar a un punto descoñecido; ademais, a esvelta pereira en flor, o gato negro e o gris... encerran moitas posibles interpretacións. No Nº 12 desta revista podedes ler o que outros interpretaron.
Outro relato curto: "Festa no xardín" pode consultarse na mesma páxina de bibliotecas virtuais (bivir). Tamén me pareceu interesante "La casa de muñecas" e especialmente "Veneno" porque recorda enormemente ó último conto, obxecto de máis comentarios.
Etiquetas: Autor, Bibliotecas Virtuais, Contos, Libros, Mansfield K., Muller
Nas follas que entreguei antes de que empezásemos a falar (pedín palabras que lles suxerise a historia) quedaron plasmadas algunhas impresións sobre o conto e a lectura:“cruel, aterrorizante, tenebroso, sádico, terrible, medo, sangriento, sorprendente, macabro, siniestro, espanto, morte, asqueroso, tristeza, odio, desesperación, locura, maligno…”
Invítovos a ler outras historias deste autor: "El escarabajo de oro", (hai un enigma
Por certo, a experiencia de lectura virtual non supuxo ningunha dificultade para vós! Foi interesante?
Como comentamos na última reunión, as lecturas deste mes farémolas consultando obras en bibliotecas virtuais.
O autor elixido para os máis novos é E. A. Poe, do que podedes ler o conto de terror: "El gato negro". O grupo de profesores, pais e persoal non docente lerán tres contos de Katherine Mansfield: "A lección de canto", "A vida de Ma Parker" e "Felicidade"
Etiquetas: Autor, Bibliotecas Virtuais, Libros, Mansfield K., Poe E.A.
ollos palabras que xa tiña esquecidas: J. Silver, a mota negra, Perro negro, capitán Stevenson, Jim, pousada do Almirante Bembow, capitán Flint, Ben Gunn… e de súpeto recordei algunhas sensacións e imaxes do momento mesmo no que esta lectura de hai tantos anos chegou ás miñas mans. Si o libro aínda provocaba esa forza para mín supuxen que, a pesar de non ser un texto actual, podería agradarlles a eles. Polo que me dixeron na reunión a obra gustoulles moito. Só unha alumna me comentou un día polo pasillo que lle resultara moi difícil lelo porque se lle esquecía o que pasaba ¡quen sabe si nun segundo intento! e outra díxome que non lle gustara porque era un libro moi vello...A reunión do xoves na Biblioteca foi un pouco atípica e o Recreo non deu para moito! O día antes estiveramos en Santiago e había moito que contar! Joel e Sandra, que nos representaron a todos moi ben, aínda andaban algo nerviosos! Vimos na pantalla a historia sintetizada nos 60 cromos (vídeo que podedes ver na entrada "Cromos da Illa do tesouro"), sabían ordenar perfectamente os 9 que lles entregara había días… Do libro, falaron de Jim, do tesouro, do capitán Silver, de piratas e de aventuras. Penso que no "ambiente de piratería" que vivimos estes días no centro, A illa do tesouro é a mellor mostra de que un bo libro de aventuras sempre pode estar de actualidade.
A continuación podedes ver a historia resumida en 60 cromos. (Si picades na imaxe apreciarédelos con detalle)
Etiquetas: Aventuras, Cromos, Piratas, Stevenson R.L., Viaxes
Os rapaces comentaron algunha das súas lecturas; no caso do noso centro, Joel de 1º de Eso elixiu A illa do tesouro. Sandra, de 2º de Eso explicou que era un Club de lectura e sintetizou as actividades que nel se facían. Foi un acto moi emotivo no que se respiraba a sedución que para moitos alumnos supón a lectura. Os rapaces alí presentes só representaban unha pequena parte dos grandes lectores que hai en moitos centros; a súa ilusión só foi unha mostra da que día a día observamos en moitos dos que alí non estaban pero que tamén len.
Este vídeo (feito a partir das fotos que Paramio nos fixo) resume algúns momentos da segunda parte do día deste intenso 23 de abril.
A actividade de Balbordo enmarcouse no contexto de propostas para o mes de abril, mes dos libros. Entre elas hai que destacar a exposición que abarca diferentes aspectos da piratería. Miranda tratou cos alumnos o tema dos piratas na literatura e, a continuación, uníuse ó noso Club para charlar de Morning Star. Neste texto está presente (indirectamente pero como elemento importante desta historia de aventuras) o último pirata galego: Benito Soto.
O entusiasmo pola literatura que transmite Miranda cando fala e os seus dotes de comunicador fixeron da longa reunión un agradable encontro do que nos quedará un grato recordo.
Contestando ás numerosas preguntas, compartíu connosco unha reflexión sobre o minucioso proceso de elaboración das súas novelas, consideracións sobre a riqueza do léxico galego e o modo en que se reflicte na súa obra... Tamén falamos das peculiaridades dos bandoleiros que aparecen neste texto, eses homes e mulleres sile
A posibilidade de que Morning Star fose levada ó cine, e as dificultades coas que ese proxecto se atopou, fíxonos reflexionar sobre as trabas coas que talvez se atopa a literatura galega para trascender fronteiras.
Desta novela de aventuras (homenaxe tamén á Illa do tesouro) destacaría a amenidade coa que asistimos a unha busca: a dun tesouro que, como todo xogo, implica riscos, aventuras e dificultades. Nese camiño, os protagonistas percorren moitos ambientes da xeografía galega do Século XIX e crúzanse con grande variedade de personaxes. Cambian interiormente e fanse "outros" deixando atrás (ou recuperando) o pasado.
Na obra están presentes a aventura
Grazas Miranda por aceptar esta charla autor/ lector, que poucas veces temos a oportunidade de disfrutar os que somos amantes da Literatura.
Etiquetas: Aventuras, Libros, Miranda X., Piratas, Visita autor
Etiquetas: Piratas, Vídeo de piratas
21/4/08
A continuación podedes "ler en imaxes" o libro do que falaremos dentro de tres días (picade na frecha):
Etiquetas: Cromos, Libros, Stevenson R.L., Vídeo dos cromos, Xogos
Etiquetas: Autor, Libros, Miranda X., Stevenson R.L., Visita autor
A lectura deste texto de I. Némirovsky pareceume unha boa ocasión para acercar a obra dunha autora que recentemente viña de descubrir despois de ler o seu magnífico libro Suite francesa, publicado tras azarosas vicisitudes.
Destacamos deste texto a sinxeleza da súa linguaxe, o tratamento do paso do tempo (que precede á celebración do famoso baile) e tamén a forza de Antoinette, que desexa medrar e quizais tamén, nun futuro, repetir comportamentos que parece que reproba.
Espero contar coa oportunidade de "escoitar" as opinións dos máis novos cando lles propoñamos a lectura deste texto. "Os maiores" do Club comentamos que posiblemente a visión que eles nos ofrezan pode ser moi diferente á sensación coa que nós quedamos despois da lectura.
Etiquetas: Adolescencia, Autor, Libros, Muller, Némirovsky I.
A obra deste importante escritor de literatura xuvenil ten como eixe o misterio. Gisbert trata de achegarse a ámbitos ocultos e inquietantes que sempre desacougan. Como afirmou no coloquio cos alumnos de primeiro ciclo, o campo temático común dos catro relatos que compoñen Los caminos del miedo son: "El miedo, la muerte, el miedo a la muerte y la muerte por miedo". A maioría das preguntas que lle fixeron os alumnos foron sobre o primeiro dos relatos: "La obsesión de Amberes" (do que explicou o proceso de creación). Na charla posterior do Club de lectura comentaron outros textos: especialmente o misterioso relato "Pupilas de obsidiana" no que nos centramos na curiosidade que suscita a caixa que lle confía a unha muller un raro e misterioso veciño. Chegamos á conclusión de que tampouco nós deixariamos de abrila! Do conto "El mensajero de la muerte" trataron o tema das obsesións encarnadas no estraño comportamento do protagonista cando pensa que é vítima dunha maldición. Por último, "En la llanura blanca" suscitou que algúns alumnos propuxeran unha interpretación simbólica sobre o final deste texto.
Para La mansión de los abismos Gisbert indicou que partira do coñecido tema de Barbazul, asasino de mulleres. Moitos alumnos preguntáronlle ó autor sobre algún personaxe do texto (Gundula, a criada muda...) e algún foi máis aló formulando as súas dúbidas sobre o "espacio vivo", a outra dimensión que introduce un ambiente de irrealidade na historia. Tamén no Club se referiron a algún destes aspectos e fixeron consideracións sobre o raro protagonista da historia e o enigma que o rodea. Precisamente foi dita temática misteriosa a que motivou a escolla deste mes, porque é un tema do agrado de gran parte do alumnado. Ademais, a intención era tamén que os socios do Club comentasen as súas impresións sobre o encontro cun escritor do que viñan de ler unha obra. Era a primeira vez que moitos contaran con esa oportunidade e, en xeral, comentaron que fora unha boa experiencia.
Etiquetas: Autor, Contos, J. M. Gisbert, Libros, Misterio
O 3 de marzo este coñecido escritor de novela xuvenil de misterio estivo na nosa Biblioteca. Falou cos alumnos de 1º e 2ª da ESO e a continuación cos de 3º e 4º. 
Etiquetas: J. M. Gisbert, Visita autor
Os libros para este mes son: El baile (I. Némirovsky), La mansión de los abismos e Los caminos del miedo (J.M. Gisbert)
Etiquetas: Autor, J. M. Gisbert, Libros, Némirovsky I.

O 14 de febreiro reunímonos os dous grupos de profesores, pais e PAS para falar desta obra de A. Skármeta. Previamente, proxectouse na Biblioteca a película correspondente (dirixida en 1994 por Michael Radford e protagonizada por Massimo Troisi). Comentamos deste modo a sempre frutífera relación literatura/cine, actividade que aínda non levaramos a cabo no centro.

Charlamos distendidamente sobre as diferenzas entre o libro e a película: especialmente dos distintos finais, do diferente país no que se ambientan as escenas dun e doutra, das variantes na presentación da relación de Neruda e Mario, do tratamento do desexo amoroso nas obras...
A amizade, a admiración, a melancolía, o amor, a ilusión, a literatura e a política mestúranse neste magnífico texto. Penso que esta emotiva obra entusiasma pola súa capacidade de descubrir o poder de namorar da palabra.
Podes ler a obra traducida ó galego na páxina bivir.
Etiquetas: Amizade, Amor, Autor, Bibliotecas Virtuais, Libros, Películas, Skármeta A.
lugares moi diversos e penso que isto contribúe a facer o libro máis enriquecedor, aínda que debido a iso algunhas referencias culturais resultáronlles difíciles ós rapaces e requiriron maior explicación (por exemplo, no cuarto relato as referencias á situación do Sáhara).
Etiquetas: Amor, Autor, Dereitos humanos, Fran Alonso, Libros, Muller
A elección destes libros estivo relacionada coas actividades levadas a cabo dende a Biblioteca na semana do 14 de febreiro: II Concurso de microcartas de amor ou a exposición "Tender o/ó amor" que recolleu no vestíbulo do centro unha selección de cancións de amor, as cancións que namoraron a profes, alumnos...
Etiquetas: Amor, Fran Alonso, Libros, Películas, Skármeta A.
Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler.Mostraron grande sensibilidade ó tratar distintos temas que aparecen no libro (a amizade, a ansia de exploración, o xogo...) e todos reflexionamos sobre os distintos personaxes e a súa peculiar situación.
Antes da lectura, entregueilles uns libriños plastificados nos que se vían as portadas das edicións en galego e castelán. Neles deixaron debuxos e diversos comentarios:
A reunión cos outros dous grupos (profesores, pais e PAS) levounos a varias horas de conversación na que se salientou a tenrura que o libro esperta, a aparente sinxeleza da historia, a temática. E así evocamos distintas situacións e personaxes desta conmovedora historia
Etiquetas: Boyne, Libro liberado
Etiquetas: Boyne, Documental, Racismo
Esta obra de J. Boyne da que falaron os alumnos na primeira reunión, penso que foi o mellor inicio posible para converter a nosa Biblioteca nun recuncho de voces moi atentas, respectuosas e sensibles cara á aventura que viñan de ler. Mostraron grande sensibilidade ó tratar distintos temas que aparecen no libro (a amizade, a ansia de exploración, o xogo...) e todos reflexionamos sobre os distintos personaxes e a súa peculiar situación.
Antes da lectura, entregueilles uns libriños plastificados nos que se vían as portadas das edicións en galego e castelán. Neles deixaron debuxos e diversos comentarios:
A reunión cos outros dous grupos (profesores, pais e PAS) levounos a varias horas de conversación na que se salientou a tenrura que o libro esperta, a aparente sinxeleza da historia, a temática. E así evocamos distintas situacións e personaxes desta conmovedora historia
Etiquetas: Logo
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio


