Etiquetas: Balbordo Curso 2008/09, Carteis, Lecturas 2008/09
O venres 5, os coordinadores de moitos clubs de lectura de Galicia xuntámonos nunha intensa xornada na que reflexionamos sobre os hábitos de lectura, coñecemos a experiencia de compañeiros ou algunha iniciativa doutra comunidade sobre a tarea de incentivar a lectura. Tamén tivemos a oportunidade de escoitar o punto de vista dunha escritora que relatou as súas impresións sobre a asistencia a reunións de clubs nos que se fala dos seus escritos. A xornada, perfectamente organizada, rematou cun sorriso grazas á intervención dun contacontos.
Etiquetas: Xornadas Clubs Lectura
Etiquetas: Autor, Lecturas sorpresa, Libros, Lovecraft, Oralidade
Falamos da adaptación da novela ó teatro e tamén da estrea, ó día seguinte, da versión cinematográfica do texto. Quizais as vivencias e pensamentos das seis mulleres protagonistas do Club da calceta foron as que máis centraron a nosa conversa. Especialmente mencionamos a Fernanda, Luz ou a Tía Davinia; comentamos temas como a prostitución, a discapacidade, a discriminación ou a violencia, ás veces invisible, á que se ven sometidas moitas mulleres diariamente. Salientamos o feito de que ó compartir palabras e problemas as mulleres poden mellorar a súa situación se se apoian conxuntamente.
Este libro, que M. Reimóndez adicou "A todas as mulleres que, ante tanta violencia, non reaccionan con violencia", fai reflexionar sobre as dificultades de lograr a igualdade entre homes e mulleres pero co optimismo da autora tamén defende que pequenas accións poden levar a grandes cambios.
Queremos agradecerlle a María a oportunidade de "facer puntos" con ela no noso Club e desexámoslle moita sorte na nova etapa que vai comezar.
Etiquetas: Autor, Libros, Muller, Reimóndez M., Visita autor
Os rapaces de Balbordo contaron este mes cunha visita moi especial: María Reimóndez, autora do libro elixido para maio. Un preguntou pola alusión á serpe coa que comeza a historia, a outro interesoulle si era habitual na India algunha situación concreta de violencia que se narraba no texto; outro quixo saber de que zoa de Galicia sería Usha e tamén houbo quen lle pediu á nosa invitada que contase si as dúas amigas ían conseguir ou non o seu soño. Como adoita pasar nas nosas reunións, unha vez máis comprobamos que os personaxes, aínda que saídos da imaxinación, adquiren vida propia na mente de cada lector!! Por iso, a curiosidade por saber mais desa historia que non remata (como esas que tanto lle gustaban a Usha cando as escoitaba da súa nai) tamén nos fixo rir e imaxinar o martes. Creo que con Usha (obra que, en palabras dos rapaces, se resume en "amizade" ou "a convivencia do distinto") María transmíte que é posible o entendemento entre culturas moi distintas, as aportacións mutuas sen imposicións duns ós outros... que é posible, e necesario, obter unha visión da vida máis complexa e rica cando se abandonan pensamentos restrinxidos; tamén penso que afonda na idea de que é preciso comprender que o diferente ó que un coñece non é menos importante do que un posee.
Usha é moi nova pero tén o privilexio de experimentar vivencias non comúns en nenos da súa idade; entrelaza a súa historia da India e Galicia resumindo como a amizade, a confianza e a aprendizaxe de vivir asimilando como normal o distinto é un achegamento á convivencia diaria.
Novela xuvenil excepcional é esta creación dalguén tan comprometido como María Reimóndez, que onte abriu camiños de reflexión a estes rapaces para os que a India agora será un pouco menos descoñecida. Estou segura de que entre estes grandes lectores varios van querer saber máis. Realmente foi unha reunión que todos quereriamos repetir!
Etiquetas: Amizade, Autor, Convivencia, India, Libros, Reimóndez M., Visita autor
Etiquetas: Autor, Libros, Reimóndez M., Visita autor
Este é un deses libros que algunha vez hai que ler, ou reler, por varias razóns:
de á que se chegará seguramente si alguén ou algo consigue fascinarnos ou, simplemente, espertar a nosa curiosidade. Máis de 40 persoas visitamos o Centro Oleiro de Gundivós onde nos fixeron unha demostración dese oficio de artesáns do que é exemplo esta zoa de Sober.
Logo, no impresionante Souto do Tellada escoitamos a recitación de diversos textos mentres disfrutabamos dese incomparable marco natural.
A visita á igrexa románica de Lobios foi acompañada dun recital co que nos agasallou o grupo de Sober "O Trícole", do que tamén foi fundador o noso Director Verao.
A xornada rematou no Santuario de Cadeiras, onde houbo un xantar e logo visitamos algún miradoiro.
Temos que agradecerlles ós integrantes do Club de lectura, e especialmente a Julia -a Bibliotecaria-, a ilusión que puxeron nese día, a emotividade que xuntos compartimos e a idea desa experiencia que esperamos se volva repetir. Moitas grazas!
Etiquetas: Día libro infantil, Fomento da lectura
Etiquetas: Autor, Libros, Lloyd J., Saint-Exupéry
Nunha reunión do Club, Serafín (do grupo de pais de Balbordo) comentou que no Parador había menú de degustación (pola celebración do 80 Aniversario dos Paradores) e regalaban un libro. Como somos un Club de lectura non iamos deixar pasar a ocasión de facernos cun libro máis, aínda que de cociña! E alí fomos o pasado martes.
Etiquetas: Comida no Parador de Monforte
No Secreto de If, unha torre invisible na que un xove está privado dende o seu nacemento da liberdade, seres máxicos, unha princesa, un mago, un dragón, unha viaxe moi perigosa, claves secretas para desvelar un misterio, unha voda que desencadena os acontecementos da historia... son algúns dos elementos deste texto de literatura fantástica.
Etiquetas: Alonso A-Pelegrín J., Autor, Aventuras, Libros, Literatura fantástica
"LAS RATAS DEL CEMENTERIO" de H. Kuttner en BalbordoBis
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 17:28
Etiquetas: Audioconto, BalbordoBis, Contos, Kuttner H., Oralidade, Terror
lante) accede ó pracer da lectura e con ela tamén ó incitante poder de observar mellor o mundo e os sentimentos dos outros. Son moitas as reflexións que pode suscitar esta lectura sobre os libros e o hábito lector. Penso que é un texto moi ameno; pecharedes o libro cun sorriso."... resultó ser una elección afortunada y, a su manera, memorable. Si su Majestad hubiera escogido otro tostón (...)
lectora novata como era, habría podido abandonar la lectura para siempre y no habría aquí historia que contar. Habría pensado que los libros dan trabajo".
Etiquetas: Autor, Bennett A., Lectura, Libros
Etiquetas: Aniversario blogs
Etiquetas: Alonso A-Pelegrín J., Autor, Bennett A., Libros
Podedes consultar en Bibliocabe o testimonio sonoro.
Etiquetas: BalbordoBis, Oralidade, Poemas, Rubén Darío
indiferente a ninguén. Penso que ós rapaces de Balbordo tampouco os deixou impasibles, sinxelamente porque foron varios os que comezaron a narrar acontecementos da vida dos seus familiares que lles recordaban algunha das esceas tratadas no libro.
Etiquetas: Adolescencia, Amor, Autor, Exilio, Guerra civil, Infancia, Libros, Mayoral M.
Este xoves Monforte encherase de comadres. Esta é a nosa, feita tamén polo profe de Ciencias Jose Luis Rodríguez, ó que lle damos as grazas. É tan espectacular coma o compadre!
Etiquetas: Entroido
Grazas á colaboración de Normalización Lingüística do centro, o martes 10 os maiores de Balbordo tivemos a oportunidade de comentar con Fran Alonso Cartas de amor.
Non considero que Cartas de amor deba relacionarse só coa literatura xuvenil. Atreveríame a afirmar que as evocacións que a súa lectura provoca adquiren maior intensidade no caso dun lector adulto. O compromiso con temas universais como as guerras (e os seus silencios), a prostitución infantil (o roubo da infancia, a hipocrisía e consentimento dos "países desenvolvidos"), os fracasos e as loitas que esconde a inmigración (a soidade e os medos), o desarraigo por ser consciente de vivir "de prestado" (o relato da moza saharaui) ou os conflictos persoais que deben ser resoltos para atopar o lugar que se quere ocupar no propio entorno (a homosexualidade)... posiblemente os ollos dun adulto non as capten coa sorpresa dunha ollada de adolescente pero si coa experiencia que agrava a visión de moitas desas realidades.
Destacaría en Cartas de amor a coraxe dunhas mulleres que dende tan distintos escenarios e circunstancias vitais teñen en común a esperanza, a forza de loitar e tal vez a confianza no amor ou na solidariedade en calquera das súas manifestacións.
Moitas grazas Fran pola túa cercanía e por darnos a oportunidade de preguntar eses detalles que, na intimidade da lectura, algunha vez consideramos nos gustaría comentar co autor.
Etiquetas: Amor, Autor, Dereitos humanos, Fran Alonso, Libros, Muller, Visita autor
Etiquetas: Entroido
Etiquetas: Fran Alonso, Libros, Visita autor
Etiquetas: Autor, Fran Alonso, Libros, Mayoral M., Visita autor
Para comentar este texto colocamos varios obxectos na mesa onde nos reunimos: un caligrama de Manoel Antonio, o libro Veinte poemas de amor y una canción desesperada de Neruda, un pequeno poema que lles entreguei previamente e do que tiveron que fixarse no
autor (aparece mencionado no libro o autor e o primeiro dos versos); tamén había un sobre de avión, dúas cartas, unha cinta azul e unha caixa cun obxecto -que non debemos mencionar para non adiantar o final-, que nos trouxo Paz V.
Etiquetas: Adolescencia, Amor, Autor, Fernández Paz A., Guerra civil, Libros
Etiquetas: Fomento da lectura, Libros
P. Claudel logrou, con este sinxelo texto, falar de temas universais: a amizade que non require palabras, a soidade e a incomunicación, a linguaxe dos xestos e da tenrura, as ilusións, o exilio ou a nostalxia.
Etiquetas: Amizade, Autor, Claudel P., Exilio, Libros
Balbordo en tve2 " La Aventura del Saber" 13-01-2009
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 21:21
Etiquetas: Fomento da lectura, Prensa, Tele
Por si queredes regalar libros estes días, pinchade máis abaixo nesta guía para ver algunhas recomendacións.
Boas vacacións a todos!

Etiquetas: Fomento da lectura, Libros
Etiquetas: Autor, Claudel P., Fernández Paz A., Libros
dad de Marcos S. Calveiro é unha lectura adecuada para pararse a pensar en que hai moitos lugares do mundo nos que a xente só ten unha preocupación primaria: sobrevivir. Do rapaz protagonista da historia coñecemos a vida cotidiá coa súa familia, a soidade que experimenta cando non pode xogar co seu amigo por razóns irracionais que non entende; sabemos do fermoso traballo do seu pai: carteiro que arrisca a súa vida para levar a esperanza (coa súa bicicleta estartalada) a persoas ansiosas de recibir noticias dos seus; sabemos tamén do ruído dos estoupidos e do medo das persoas a perder todo aquelo e aqueles que queren.
Etiquetas: Autor, Calveiro Marcos S., Dereitos humanos, Libros
Só me referirei a algún dos textos que máis comentamos nos dous grupos. ¡Tócavos a vós seguir facendo comentarios no blog!
Comezo polo que máis me impresionou: "A vida á valga" de Ana Expósito. Acerca ós distintos modos de sentir medo que deben pasar todos aqueles que abandonan a súa terra buscando unha vida mellor e experimentando a soidade e a loita por esquecer duras experiencias vitais.
eunións se plantexase o tema da recuperación da memoria das vítimas da guerra civil e levounos a falar doutras novelas. Tamén comentamos a orixinalidade do relato de A. Reigosa: "Travesía en branco e negro", coa oposición entre o "primeiro" e o "segundo" mundo por medio da metáfora dos dous nadadores. O texto de F. Casalderrey "Electrocardiograma plano" pareceunos unha boa forma de plantexar como a irracionalidade da intrasixencia dunha adolescente debe desembocar na concienciación de que nun mesmo pode comezar un cambio de actitude.En este mismo instante
hay un hombre que sufre;
un hombre torturado
tan sólo por amar la libertad.
Ignoro dónde vive;
no sé qué lengua habla
o el color de su piel;
mucho menos su nombre;
mas justamente ahora
cuando tus ojos leen
mi pequeño poema
ese hombre existe y grita:
mientras muerde sus labios
para no denunciar
a los amigos. ¿Oyes?
Un hombre solo grita
maniatado: jadea
en algún sitio. ¿Solo?
¿No sientes como yo
el dolor de su cuerpo
repetido en el tuyo?
¿No te mana la sangre
bajo los golpes ciegos?
Nadie está solo. Ahora
en este mismo instante
también a ti y a mí
nos tienen maniatados.
José Agustín Goytisolo
Etiquetas: Autor, Dereitos humanos, Libros
Etiquetas: Fomento da lectura, Prensa, Tele
Etiquetas: Fomento da lectura, Prensa, Tele
Etiquetas: Autor, Calveiro Marcos S., Dereitos humanos, Libros
Esta novela de Jordi Sierra debe, posiblemente, a súa existencia ó artigo que César Aira publicou en el País. Se
gún J. Sierra, lanzouno a escribir a historia.
Elixín esta ilustración de Pep Montserrat da edición de Siruela porque penso que sintetiza a fascinación da nena por escoitar as aventuras da súa boneca e tamén resume a complicidade entre o escritor-carteiro e a rapaza. O protagonismo das cartas, como elementos extraordinarios de crear soños e comunicar sentimentos tamén está reflectido nesta fermosa ilustración. Os dous personaxes xogan: o home (Kafka retratado dun modo moi lonxano á imaxe coa que habitualmente o asociamos) a escribir fermosas historias que sacien a curiosidade da pequena; a nena, aínda que non o sabe, xoga a escoitar ansiosa como é o camiño que leva á liberdade de medrar, de vivir e de actuar con independencia.
Os grupos dos maiores compartimos impresións sobre cales son as fronteiras entre a literatura xuvenil ou para adultos (igual que sucedeu con El Baile, proporemos a lectura deste texto, en próximos meses, ós máis novos). Salientamos a tenrura do texto, comentamos o tema da liberdade, da soidade, da estraña relación (dende a nosa visión do momento actual) entre a nena e o “carteiro de bonecas”, da creación literaria, da inxenuidade da infancia... e non esquecemos tampouco a figura de Kafka recreada por J. Sierra dun modo tan poético.
Anímovos a que anotedes nos comentarios aquelas pasaxes que máis vos gustaron, aquelas que lemos en alto na reunión. Como non quedástedes moi satisfeitos co final de conto de fadas da historia, propóñovos este mes que nos comentarios do blog imaxinedes outro alternativo.
Comezo eu os comentarios coa miña proposta:
Etiquetas: Autor, Infancia, Libros, Sierra y Fabra J., Viaxes

De novo, como tantas veces, os rapaces conseguiron sorprenderme. O grupo de pais e nais esperabamos, hai varios meses, que eles xustificasen o irracional comportamento da protagonista nun momento clave do relato ou que tivesen unha “visión” moi oposta á nosa, pero non foi así.
Tal vez conveña que reflexionemos máis sobre os mesmos libros para así comprobar que as diferenzas xeracionais non teñen que ser sempre insalvables barreiras entre a madurez e a adolescencia.
Etiquetas: Adolescencia, Autor, Libros, Muller, Némirovsky I.
Etiquetas: Autor, Libros, Némirovsky I., Sierra y Fabra J.
Akhila inicia unha viaxe nun vagón (reservado para mulleres) e os seus recordos e frustracións entrelázanse coas
situacións vitais de cinco mulleres moi diferentes entre elas. Son personaxes corrientes, da clase media da India pero os seus problemas e experiencias ben puideran ser os de todas as mulleres do mundo. Coa intimidade que aporta a conversación nun lugar pechado xurden historias de orgullo, amor e desamor, soños, dominación, sensualidade, crueldade, humillacións... aínda que creo que o que prevalece no libro é a loita interna de cada unha desas mulleres por tomar as súas propias decisións nunha sociedade (moi diferente á nosa) que non favorece a súa independencia.Os dous grupos de maiores do club (estamos trinta anotados este ano) comentamos cada unha das historias, falamos do carácter da protagonista, da India, das viaxes, do papel do home na novela e fundamentalmente fixemos revivir cos nosos comentarios as distintas situacións vitais expostas no texto.
Espero que este curso vos animedes a deixar comentarios!
Etiquetas: 125 Aniversario ferrocarril, Anita Nair, Autor, India, Libros, Muller, Viaxes
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
