Sempre neste mes comecei o traballo do ensino, e de Balbordo, con ilusión, con expectativas positivas, con soños... Este ano é diferente. Seica os mestres de primaria e secundaria somos uns irresponsables, uns vagos... E seica tamén somos parvos (esto dígoo eu) por adicar moitas horas das nosas vidas -fóra do horario docente- a formarnos, a preparar as clases, a corrixir e corrixir, a tentar mellorar, a adaptarnos a continuos novos retos... con moito esforzo persoal de moitíííísimos profesores. E o que recollemos é tan só perplexidade, cando se sembra sobre nós a sombra da dúbida sobre a nosa adicación. O pior é que as críticas veñen das mans daqueles que deberían dignificar o noso traballo diario, que non é doado!Como dicía M. Rivas nun artigo do pasado 1 de Xullo en El País.
"O que está a pasar hoxe en Galicia é algo insólito. Un despropósito que supera o impensábel nunha democracia. Nin remontándose ó país imaxinario de Sopa de ganso, o filme dos irmáns Marx, encontraríamos algo semellante relativo á educación. O de encirrar a poboación contra os mestres. Contra o profesorado. O dar pábulo e amplificar falsidades, dando a entender que os ensinantes son unha especie de estamento privilexiado, nugalláns que non dan un pau a auga, ou tratándoos como unha xunta de bois preguiceiros aos que cómpre aguilloar con medidas penitenciais. Pero, que absurdo é este dunha Administración que en lugar de afortalecer o ensino, o espazo basilar do futuro, o que fornece é o descrédito dos ensinantes?" (M. Rivas)
"Os centros de ensino público en Galicia veñen sufrindo unha continua poda orzamentaria, de tal maneira que grande parte das moitas actividades extras que se desenvolven son por mor do voluntarismo e esforzo non retribuido do persoal de ensinanza. As bibliotecas escolares deberían ser o corazón dos centros. Pois ben. Coñezo bibliotecas e clubs de lectura moi activos que só existen grazas aos mestres que os fan posible cun traballo nunca contabilizado." (M. Rivas)
De E. Sánchez Pombo ("Son los profesores") ("Que los militaricen")
Outro de Suso de Toro ("Bocadillo de profesor")
A segunda parte do artigo de Antón Losada "Los listos de Madrid"
J. Antonio Aunión: "Van a por la educación"
Vídeo Informe Semanal
Etiquetas: Balbordo Curso 2010/2011, Carteis, Lecturas 2010/11
"CUENTOS DE LA SELVA", LECTURA NO EXTERIOR NO GRUPO 2
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 20:41
Esta coidada edición permitiunos hoxe, na lectura no exterior, achegarnos a algún dos contos de Horacio Quiroga.Nestas historias os protagonistas son animais que viven en entornos idílicos nos que o home representa ás veces o perigo, outras a axuda e en ocasións a amizade.
Tivemos como lectura sorpresa: "La tortuga gigante" e "La abeja haragana", dous textos dos que se poden extraer importantes leccións para a vida.
Etiquetas: Cuentos, Lecturas no exterior, Lecturas sorpresa, Quiroga H.
REUNIÓN DE XUÑO DOS PAIS, PROFES, PERSOAL NON DOCENTE
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 20:00
Por cuarto ano xa, na última reunión do curso facemos unha comida ou cea (os profes, pais e persoal non docente) na que algún de nós le un texto sorpresa. E coma sempre, falamos e falamos... e recordamos moitos dos libros que levamos lidos en Balbordo.
Etiquetas: Lecturas sorpresa
Etiquetas: Lectura, Xornadas Clubs Lectura
Etiquetas: Autor, Lectura, Lecturas no exterior, Lecturas sorpresa
BALBORDOBIS: SENTIMENTO, Carl Norac- Rébk Dautremer
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:30Penso que lles gustará ós rapaces de BalbordoBis porque fala de sentimentos e sensacións coas que o personaxe se atopará na súa vida: medo , soidade, desprezo ou cariño...
Un precioso Álbum.
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis
O pasado martes reunímonos, xa na recta final do curso, para comentar as lecturas ás que se podía acceder dende o blog de modo virtual. É o terceiro ano que no mes de maio eliximos esta modalidade de lectura."O terror en Red Hook" (H. P. Lovecraft) e
"Los vecinos del principal derecha" (Jardiel Poncela)

"Adiós cordera" de Clarín sempre me sorprende coa reacción que o alumnado mostra cando interpreta a lectura e por iso a propuxen.
Dous textos moi distintos os comentados no grupo dos pequenos de Balbordo .
Etiquetas: Clarín, Infancia, Lectura virtual, Stocker, Terror
O venres 13, os adultos de Balbordo compartimos case dúas horas de amenísima charla con X. Manuel Marcos, que se achegou ata o noso Club e nos fixo disfrutar con moitos detalles da xestación dun dos seus libros: O esconxurador. 
Etiquetas: Visita autor, X.M. MARCOS
As lecturas do GRUPO 2 (do Primeiro ciclo de ESO) serán:
-"Adiós cordera" (Clarín)
-"El huésped de Drácula" (Bram Stoker)
Para o GRUPO 1 (dos rapaces maiores):
"O terror en Red Hook" (H. P. Lovecraft)
"Los vecinos del principal derecha" (Jardiel Poncela)
Etiquetas: Lectura virtual, X.M. MARCOS
A PELÍCULA: ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS... NO GRUPO DOS RAPACES MAIORES
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 10:58Comentarémola
Comentamos, nun dos grupos de BalbordoBis, este Álbum Ilustrado que nos serviu para reflexionar sobre as diferentes maneiras de ver o mundo, sobre como as cores poden sentirse sen velas...As sensacións táctiles e a evocación do olfato fan que sexa diferente. Sabe a frores, a vento, a follas secas e a inmensidade...
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Discapacidade, Vídeo lectura
E seguindo este mes de abril con libros "disparatados"... Alicia no país das marabillas de L. Carroll non podía faltar para o grupo 1 dos rapaces maiores.Penso que é un libro de múltiples suxestións e lecturas, que incita a soñar e a medrar sen abandoar a inxenuidade e a capacidade infantil de crer nos imposibles.
Este divertido libro de Martyn Beardsley (con ilustracións de Tony Ross) foi o comentado no grupo 2 de rapaces pequenos de Balbordo.
Penso que non é habitual atopar un libro no que o tema da morte esté tratado con humor.A primeira sensación que tiven cando por casualidade caeu este texto de J. Teulé nas miñas mans foi que me parecía moi teatral, como si acabase de asistir a unha representación nun escenario, e tamén extravagante, tolo, divertido e orixinal.
A familia Tuvache traballa nunha tienda familiar que se adica a vender (dende hai xeracións) todo tipo de artigos para que a xente poida suicidarse con garantías de éxito. As situacións presentadas son disparatadas e máis dunha vez penso que provocan perplexidade no lector polo modo de actuar dos personaxes (como o bico de Marilyn) e as propostas que pasan ante os nosos ollos e nos arincan algún sorriso. A chegada dun novo membro da familia ocasiona cambios no negocio da morte e tamén no modo de ver a vida da familia de comerciantes.
Na nosa reunión, dos grupos de adultos, falouse de morte, do absurdo, do final da historia e o seu significado, do comportamento dos protagonistas... e incluso se mencionou o parecido con Mihura nalgún aspecto.
Etiquetas: Humor negro, Morte, Teulé J.
TIEMPO PARA MÁS CUENTOS, Concha de la Hoz Fernández
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 11:07
Etiquetas: Álbum ilustrado, Enfermedad, Infancia, Lectura, Vídeo lectura
cipio eran os que máis nos gustaran!) e incluso varios máis en galego que non estaban neste libro (por exemplo "Moraima" de C. E. Ferreiro). A poesía non hai que lela para interpretala, hai que sentila, escoitala, sen máis... No comezo de Poesía para los que leen prosa, o antólogo recolle algunhas cancións que son verdadeiros poemas. A continuación hai unha variada escolma poética que posiblemente puidéramos calificar de poemas con anécdotas, de fácil lectura, de linguaxe coloquial e de variada temática. Por último, se inclúen outros textos que resultaron da selección feita por persoas coñecidas (escritores, músicos, políticos...) que se decantaron por un para este libro. Unha tarde moi agradable neste MES QUE ADICAMOS NO NOSO CENTRO á poesía. E aquí vos deixo un vídeo de Youtube no que Silvio Rodríguez canta un verdadeiro poema (tamén incluido nesta antoloxía de Munárriz) moi acorde no seu comezo co bosque de versos do noso centro...! (Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan...") Porque hai música que tamén é poesía. E palabras que tamén son poéticas, como lemos en BalbordoBis...
Etiquetas: Munárriz M., Poemas, Poesía, Silvio Rodríguez Youtube
Penso que este libro de Martín Ramos, ilustrado por Philip Stanton é ideal para acercar a poesía ós adolescentes. Por varias razóns: porque vai acompañado de ilustracións que fan máis ameno o texto, porque son poemas sinxelos, fácilmente comprensibles e moi variados na súa temática. Hai algúns adicados a valores como a paz, nos que se alude a problemas do mundo (incluídos no apartado: "El mundo por delante") outros fan referencia a autores de literatura xuvenil (na parte "Alrededor de otros mundos") e os últimos refírense a obxectos da vida diaria ou cercanos (na sección: "El mundo en mis manos").
A continuación recollo unha selección que realicei dalgunhas ilustracións referentes a varios dos poemas que lemos en voz alta o día da reunión do grupo dos rapaces máis novos; ditos poemas foron colléndoos os rapaces da caixiña que se ve na foto anterior.
Etiquetas: Ilustracións, Martín Ramos, Poemas, Poesía
Con este libro de Raúl Vacas (ilustracións de Pep Monserrat), comezamos as sesións de poesía co grupo de rapaces maiores.Textos sorprendentes, atrevidos ou curtos forman parte dun poemario orixinal... dividido nos seguintes apartados:
I-Perecederos. II-No retornable. III-Edulcorantes, conservantes y estabilizadores autorizados. IV-Caja rápida (menos de 10 artículos). V-Degustación gratuita. VI-Últimos días (Liquidación de existencias).
Sal naspe son canpisal sus misellas
y zanro sol balemses de sol osoj.
Le ofri led cuerredo y sus sartrosoj
paempan al talnosgia ed ricellas.
Al cheno ah doatades sal bihellas
ed dosto sol ticosatle neosoj
y nu cotrafi ed tosllan sica rosoj
rrediscu rop le los ed sal jimellas.
Trasá danque sal dasdu y le maor,
trasá sal ripomasas led edseo,
trasá danque le mohu y le odlor
y doto le carnalva ed im crereo.
Sal naspe son canpisal us lacor,
?Gajumos a lietaJu y a moReo¿
Etiquetas: Ilustracións, Poemas, Poesía, Vacas R.
Os bosques serán, xunto cos poemas, os protagonistas no noso Instituto.
LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS, A. de LESTRADE-V. DOCAMPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 16:28Cando Diego se enamora, está triste porque non ten palabras para explicarllo a Aura; algo distinto lle pasa a Óscar (tamén enamorado dela) que é tan rico que pode permitirse declarárselle con todos os vocábulos que desexe. Pero, ás veces, o amor só necesita un sorriso e susurros para manifestarse.
Un precioso álbum, do que falaremos en BalbordoBis o venres 18 e do que tamén veremos unha mostra no seguinte vídeo de Youtube e na presentación issuu da páxina da editorial (Sleepys):

Open publication -
Etiquetas: Álbum ilustrado, Amor, BalbordoBis, Infancia, Palabras, Vídeo lectura
Etiquetas: Autor, Lectura, Martín Ramos, Munárriz M., Poesía, Vacas R.
e rapaces, de 1º e 2º ESO. Comentamos a que partes do libro se referían e en que momento da obra se situaban.É a segunda vez que falamos de Usha en Balbordo. Na primeira ocasión contamos coa presenza da autora no noso club.
Usha é unha obra boa para reflexionar sobre a tolerancia, o valor das outras culturas e tradicións... Un texto excelente para achegar ós rapaces á India e comentar as diferenzas coa realidade moi distinta que eles coñecen.
A vida diaria de Usha, a relación coa súa mai (muller enormemente comprometida coa problemática das mulleres), as profundas amizades que a nena acada na India ou as pequenas anécdotas son algúns dos temas interesantes desta boa historia.
Etiquetas: Amizade, India, Lectura, Reimóndez M., Xogos
A viaxe, a versión cinematográfica da obra, o ambiente oriental do texto, a sensualidade, a relación do protagonista coa súa muller, a experiencia vivida no Xapón, o halo de misterio que rodea á historia... foron algúns dos temas tratados.
E logo, como é habitual nas nosas charlas, a comparación con outros libros lidos en Balbordo, a nosa imaxinación desbordada que tenta cubrir os silencios dos textos, a minuciosidade con que nos referimos a personaxes e comportamentos...
Unha conversa moi agradable e o gran pracer de compartir distendidamente (dende hai máis de tres anos!) as nosas distintas impresións sobre unha mesma lectura.

Etiquetas: Amor, Baricco, Relacións Familiares, Viaxes
O AZAR é unha parte moi importante das nosas vidas. Desto falamos hoxe no grupo 1 de rapaces de Balbordo."Soportémoslo, pues, todo con valor, porque
las cosas no suceden por casualidad, como creemos, sino a su debido tiempo".
Marylou, Albert, Tom e Prudence, todos cambian cando a sorte ou a "providencia" interveñen nun día calquera da súa anónima existencia.
Etiquetas: Azar, Lectura, Tong Cuong V.
EL PEZ QUE SONREÍA, Jimmy Liao, en BalbordoBis
8 comentarios Publicado por Beatriz González en 20:02O segundo grupo de BalbordoBis comentará o venres 11 este álbum de J. Liao do que se pode ver un corto de animación en Youtube.
Etiquetas: Álbum ilustrado, Amizade, BalbordoBis, Liao J., Vídeo lectura
Etiquetas: Baricco, Lectura, Libros, Reimóndez M., Tong Cuong V.
Este libro de Santiago Lopo, que xa comentamos o curso pasado os adultos de Balbordo, foi o elixido para o grupo 1 dos rapaces.É un texto que gusta: pola súa axilidade, frescura e discorrer rápido de imaxes e personaxes. A modo dun encadeamento precipitado (paralelo á fugacidade coa que pasan as vidas dos que se cruzan dende o coche co empregado da peaxe) chéganos esta entretida historia.
Nese pequeno espazo pechado traspásanse fronteiras: as que están máis aló de calquera peaxe, as da imaxinación.
van a esa ciudad a participar en un programa de televisión. De repente se pierden, cuando su madre sube al metro. Tras los primeros momentos de desconcierto, al ver que nadie va a buscarlos, inician un peregrinaje por dicha ciudad en la que se encuentran con variopintos personajes y situaciones que los van a poner a prueba.Desasosiego, desconcierto, amistad, reflexiones sobre la familia, la fama y la falta de sentimientos de los mayores... son algunos de los temas tratados en el libro, y de los que hablamos los del grupo 2 de Babordo.
El recuerdo de la amistad de Natalia y su amiga china Shao Li (a la que conoció en un orfanato y a la que recuerda constantemente para orientarse en los momentos difíciles) da título a esta obra que constituye una extraordinaria reflexión sobre las pruebas a las que nos va a enfrentar la vida; y sobre el comportamiento injustificable que a veces tienen los mayores cuando se dejan llevar por su egoísmo.
Pode que o magnetismo que reside na protagonista (Saffie) non se axuste a
ningún patrón convencional; personaxe enigmática, fría, distante... no comezo da historia, cando vai traballar en París na casa dun músico. A atracción irresistible que exerce sobre dito home (Lepage) desencadea unha peculiar relación entre eles.A vida matrimonial trascurre ata que un encargo de Lepage fai que Saffie acuda a un taller para reparar instrumentos; este feito casual ten consecuencias impredecibles para todos. Coñece a András e, tras o primeiro encontro, hai un cambio radical na vida desa muller (e a do seu bebé).
O desenlace da historia é impactante.
Citarei unhas palabras de Arthur Golden da contracuberta do texto, posto que estou totalmente de acordo con esa opinión: "Puede que no vuelva a encontrar una novela tan evocadora y misteriosa como ésta".
Etiquetas: Amor, Huston N., Lectura, Libros, Relacións Familiares
ONDE VIVEN OS MONSTROS, M. SENDAK. En BalbordoBis
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 9:56
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Infancia, Vídeo lectura

Cuns novos rapaces de BalbordoBis (este ano, coa colaboración do Departamento de Orientación faremos sesións con dous grupos) comentaremos, o mércores 19: Zoom, do ilustrador Istvan Banyai.
perspectivas e miradas por medio da técnica fotográfica do zoom. Imaxes que forman parte doutras, estas doutras... e así sucesivamente.
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Vídeo lectura
O xoves 16 chegounos, de mans dun mensaxeiro, un agasallo para os adultos do Club. Non dabamos crédito ó que estaba acontecendo! Comezamos a abrir o paquete: unha preciosa caixa vermella cunha felicitación de Nadal. Dentro, outra caixa que contiña moitos sobres (A-Z) estupendamente decorados (cunha paciencia inmensa) e con frases en cada un deles. Por suposto que lemos absolutamente todos os textos!(Francis Bacon).
Sabedes que xa levamos 3 anos xuntos no Club de lectura?
Que teñades unhas boas vacacións. E tomade nota si os reis vos traen algún libro que poda servir para que leamos en Balbordo...
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio



















