Etiquetas: Balbordo Curso 2008/09, Carteis, Lecturas 2008/09
Xa pasou un curso no que, dende outubro, nos xuntamos durante nove meses para compartir moitas das sensacións que figuran neste marcapáxinas.
O pasad
o martes os pais, persoal non docente e profesores xantamos xuntos e a continuación lemos algún breve texto: Serafín elixiu un fragmento de Teresa Moure do ensaio As palabras das fillas de Eva; Mª Xesús seleccionou un texto de Los hijos de la medianoche de Salman Rushdie; Pilar recitou tres preciosos poemas de Carmen Martín Gaite e eu lin o relato "Carrusel aéreo" de J. Mª Merino do libro La glorieta de los fugitivos.
E hoxe, xoves, recta final de curso, cos apuros das últimas repescas e a ausencia xustificada de varios dos alumnos de Balbordo, trece de vós viñéstedes á última reunión na que lemos o conto de terror de Lovecraft: De la oscuridad que algún xa "visitara" antes virtualmente. Tamén tivemos ocasión de comentar brevemente algún aspecto do texto e incluso de falar dunha obra que se lle asemella algo: Frankenstein, que Paulo perfectamente sintetizou.
Anunciareivos no blog esa proposta da que falamos para agosto. Boas vacacións e boas lecturas. Pode que algún de nós atope este verán ese libro que lle fará pensar inmediatamente: seguro, seguro que pode dar moito que falar nalgunha reunión de BALBORDO... Agardo que nos pase a moitos!

Cando penso no que supón participar nun club de lectura e ter a oportunidade de compartir bos momentos con alumnos, profesores, pais e persoal non docente (no caso de Balbordo) o primeiro que me suxire é: un modo extraordinario de ter outro pretexto para falar de libros.
Etiquetas: Xornadas Clubs Lectura
Como moitos alumnos me dixéstedes estes días que buscase algún relato de terror ou misterio, leremos virtualmente e comentaremos no recreo do xoves 19 "De la oscuridad" de Lovecraft.
Etiquetas: Autor, Lecturas sorpresa, Libros, Lovecraft, Oralidade
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)