cipio eran os que máis nos gustaran!) e incluso varios máis en galego que non estaban neste libro (por exemplo "Moraima" de C. E. Ferreiro). A poesía non hai que lela para interpretala, hai que sentila, escoitala, sen máis... No comezo de Poesía para los que leen prosa, o antólogo recolle algunhas cancións que son verdadeiros poemas. A continuación hai unha variada escolma poética que posiblemente puidéramos calificar de poemas con anécdotas, de fácil lectura, de linguaxe coloquial e de variada temática. Por último, se inclúen outros textos que resultaron da selección feita por persoas coñecidas (escritores, músicos, políticos...) que se decantaron por un para este libro. Unha tarde moi agradable neste MES QUE ADICAMOS NO NOSO CENTRO á poesía. E aquí vos deixo un vídeo de Youtube no que Silvio Rodríguez canta un verdadeiro poema (tamén incluido nesta antoloxía de Munárriz) moi acorde no seu comezo co bosque de versos do noso centro...! (Ojalá que las hojas no te toquen el cuerpo cuando caigan...") Porque hai música que tamén é poesía. E palabras que tamén son poéticas, como lemos en BalbordoBis...
Etiquetas: Munárriz M., Poemas, Poesía, Silvio Rodríguez Youtube
Penso que este libro de Martín Ramos, ilustrado por Philip Stanton é ideal para acercar a poesía ós adolescentes. Por varias razóns: porque vai acompañado de ilustracións que fan máis ameno o texto, porque son poemas sinxelos, fácilmente comprensibles e moi variados na súa temática. Hai algúns adicados a valores como a paz, nos que se alude a problemas do mundo (incluídos no apartado: "El mundo por delante") outros fan referencia a autores de literatura xuvenil (na parte "Alrededor de otros mundos") e os últimos refírense a obxectos da vida diaria ou cercanos (na sección: "El mundo en mis manos").
A continuación recollo unha selección que realicei dalgunhas ilustracións referentes a varios dos poemas que lemos en voz alta o día da reunión do grupo dos rapaces máis novos; ditos poemas foron colléndoos os rapaces da caixiña que se ve na foto anterior.
Etiquetas: Ilustracións, Martín Ramos, Poemas, Poesía
Con este libro de Raúl Vacas (ilustracións de Pep Monserrat), comezamos as sesións de poesía co grupo de rapaces maiores.Textos sorprendentes, atrevidos ou curtos forman parte dun poemario orixinal... dividido nos seguintes apartados:
I-Perecederos. II-No retornable. III-Edulcorantes, conservantes y estabilizadores autorizados. IV-Caja rápida (menos de 10 artículos). V-Degustación gratuita. VI-Últimos días (Liquidación de existencias).
Sal naspe son canpisal sus misellas
y zanro sol balemses de sol osoj.
Le ofri led cuerredo y sus sartrosoj
paempan al talnosgia ed ricellas.
Al cheno ah doatades sal bihellas
ed dosto sol ticosatle neosoj
y nu cotrafi ed tosllan sica rosoj
rrediscu rop le los ed sal jimellas.
Trasá danque sal dasdu y le maor,
trasá sal ripomasas led edseo,
trasá danque le mohu y le odlor
y doto le carnalva ed im crereo.
Sal naspe son canpisal us lacor,
?Gajumos a lietaJu y a moReo¿
Etiquetas: Ilustracións, Poemas, Poesía, Vacas R.
Os bosques serán, xunto cos poemas, os protagonistas no noso Instituto.
LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS, A. de LESTRADE-V. DOCAMPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 16:28Cando Diego se enamora, está triste porque non ten palabras para explicarllo a Aura; algo distinto lle pasa a Óscar (tamén enamorado dela) que é tan rico que pode permitirse declarárselle con todos os vocábulos que desexe. Pero, ás veces, o amor só necesita un sorriso e susurros para manifestarse.
Un precioso álbum, do que falaremos en BalbordoBis o venres 18 e do que tamén veremos unha mostra no seguinte vídeo de Youtube e na presentación issuu da páxina da editorial (Sleepys):

Open publication -
Etiquetas: Álbum ilustrado, Amor, BalbordoBis, Infancia, Palabras, Vídeo lectura
Etiquetas: Autor, Lectura, Martín Ramos, Munárriz M., Poesía, Vacas R.
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio


