
Qué blanca más bonita soy, de D. Verroen, tivo varios Premios de Literatura Infantil. Nembargantes, non llo lería a un neno pequeno; si parece unha lectura moi idónea para adolescentes.
Narrado dende o punto de vista dunha nena de 12 anos á que lle veñen de regalar un pequeno escravo o día do seu aniversario...
Un texto moi breve e sinxelo, crudo e directo, violento en moitísimas páxinas e extremadamente triste noutras.
Accedemos dun modo indirecto ó coñecemento do mundo da escravitude, visto desde os ollos de María, e tamén da súa familia da que ela reproduce actuacións e comportamentos.
Estremecedor.
Etiquetas: Dereitos humanos, Infancia
Tristes armas, de Marina Mayoral é unha novela de sentimentos, unha historia desas que non poden deixar
indiferente a ninguén.

Os rapaces comentaron moitos aspectos da novela: fundamentalmente o comportamento das nenas e da nai, a angustia provocada pola situación de guerra exposta no libro, o valor da amizade desinteresada (que sobrepasa fronteiras de ideoloxías) e que recibe, inesperadamente, unha recompensa nun futuro inmediato; a dor do exilio representado na figura de Harmonía e Rosa, dúas irmás que deben marchar a Rusia como consecuencia da Guerra civil; a incomunicación obrigada, a censura, a loita por sobrevivir diariamente, a necesidade de tomar decisións e de medrar, os amores en silencio ou a forza dos recordos foron algúns dos temas que comentamos.
Unha reunión, por outra parte, que resultou moi divertida.
Unha reunión, por outra parte, que resultou moi divertida.
Etiquetas: Amor, Exilio, Guerra civil
A PALABRA EXACTA. Biografía de Lois Pereiro. ANTÓN LOPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 23:07

Antón comentounos dun modo amenísimo o proceso de elaboración da biografía, que vai tamén intimamente unida a persoas, lugares e a unha determinada época da nosa propia cidade. Todos recoñeciamos persoas, lugares, anécdotas, situacións... polo que o libro se podería calificar de "próximo".
Co biógrafo reflexionamos sobre a perspectiva que lle proporcionaron distintas persoas cercanas a Lois (a nai, a irmá, a moza, os amigos...) en boca das que se artella esta biografía que é unha polifonía de voces (entre as que tamén está a visión imaxinaria dunha conversa con Lois do propio autor) que completan e enriquecen a imaxe que nos creamos do poeta.
Penso que é un libro valente, feito con sensibilidade, orixinalidade e intelixencia; un libro que aborda a intimidade, a creación... de Pereiro con acerto. Posiblemente no caso de Lois moita da súa obra non se explicaría sen aspectos cruciais da súa vida.
Unha charla enriquecedora, distendida e suxestiva a que tivemos con Antón, monfortino tamén, ó que lle temos que agradecer a súa presenza na Biblioteca.
Deixovos un vídeo tomado de Youtube, que lle fixeron a Lois na tvg no 1989. Nel se recollen moitos dos temas que tamén abordamos na conversa.
Etiquetas: Biografía, Lois Pereiro, Lopo, Poesía
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)