TUERTO, MALDITO Y ENAMORADO, ROSA HUERTAS. ALUMNOS GRUPO 1
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 15:13Pareceume adecuada para o grupo de rapaces maiores de Balbordo porque son, na súa maioría, de 1º de BAC e no temario de Literatura española dese curso figuran algúns autores do século de Ouro sobre os que versa tamén este texto. Unha rapaza investiga na Biblioteca do seu instituto para facer un traballo sobre Lope de Vega, atopa entón un espírito preso dunha maldición. Para tentar axudalo, recorrerá lugares de Madrid e descubrirá detalles moi importantes da vida do autor sobre o que hai que investigar.
Gustoulles.
Gustoulles.
EL CRIMEN DE LA TANGENTE, E.TEIXIDOR. ALUMNOS 2º GRUPO
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 12:44
Unha novela de misterio na que os protagonistas son estudantes dun Instituto que se van de excursión e se atopan cun problema a resolver: a desaparición dunha das mozas e a conseguinte búsqueda, que leva tamén a outras inesperadas sorpresas.
Comentamos algúns aspectos da historia como o comportamento dos rapaces, dos seus profesores, dos pais, da policía... Tamén se referiron os rapaces ó tema común que indirectamente aparece no libro e que xa trataramos en Tristes armas (lectura de Balbordo do mes anterior).
Resultoulles doado de ler, cercano e entretido.
Etiquetas: Autor, Guerra civil, Libros, Misterio
O simbolismo da perda da vista, a crueza das circunstancias que viven as persoas que protagonizan a historia, as loitas polo poder e pola supervivencia, a actuación dos gobernos, as paixóns máis baixas, a dor, a degradación, a crueldade... Unha obra moi dura e pesimista en moitas páxinas, que dan pé a unha profunda reflexión sobre os comportamentos humanos en circunstancias extremas. Pero tamén é un texto sobre a compaixón, a axuda, a dignidade e a solidariedade.
Un moi bo libro.
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)