EL SUEÑO DE LU SHZU, R. GÓMEZ-Tesa GONZÁLEZ. EN BALBORDOBIS
12 comentarios Publicado por Beatriz González en 15:44
Eles mesmos contarán as súas impresións sobre o libro.

Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Explotación infantil, Infancia

A trama transcorre nun curto espazo temporal -unha cea- no que unha familia espera a chegada do pai (ausente por unha viaxe de traballo).
As horas pasan e con elas medra a tensión entre os protagonistas da historia e tamén a do lector, que vai descubrindo algúns datos sobre a familia que o deixarán desconcertado.
Para non condicionar a lectura non sintetizarei o que sucede, nin nos seus aspectos básicos, posto que considero que un gran mérito deste libro é o progresivo descubrimento de que a realidade non é a que parecía nun comezo.
Personaxes, comportamentos e variados detalles do libro centraron a nosa reunión cos rapaces maiores de Balbordo.
Etiquetas: Relacións Familiares, Violencia
COMETAS EN EL CIELO, K. HOSSEINI. GRUPOS DE ADULTOS.
0 comentarios Publicado por Beatriz González en 22:09
Antes da reunión, moitos que remataran a lectura me ían comentando: durísimo pero precioso. Por iso, elixín a novela gráfica deste libro para que a lean o próximo mes os de Bac que están en Balbordo. Teremos tamén todos a posibilidade de ver a película.
De amizade, de covardía, de traizón, de sentimentos, de bondade, de inseguridades, de abandono, de crueldade, de esperanzas, de redencións, de oportunidades, de relacións familiares, de segredos, de violencia... de tantos e tantos temas dá para falar o libro que así ían saíndo encadeados sen pausas...
Antes da reunión, Susana nos agasallou con marcadores (con motivos de cometas) variados para cada un de nós!!
Foi un pracer poder compartir opinións sobre esta recomendable novela.
Foi un pracer poder compartir opinións sobre esta recomendable novela.
Etiquetas: Amizade, Autor, Lectura, Relacións Familiares, Violencia

Todo o relato xira en torno a un baile que crea multitude de expectativas e ocupa totalmente os pensamentos de todos os personaxes.
É un texto breve e intenso, cheo de temas interesantes para reflexionar: as relacións familiares, a hipocrisía, as obsesións, as consecuencias que provocan algunhas decisións, o paso da infancia á adolescencia, as inseguridades...
O final: sorprende.
De todos eses temas falamos o luns no Recreo na Biblioteca.
O final: sorprende.
De todos eses temas falamos o luns no Recreo na Biblioteca.
Etiquetas: Adolescencia, Autor, Libros, Muller
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)