LA NIETA DEL SEÑOR LINH, DE P. CLAUDEL

P. Claudel logrou, con este sinxelo texto, falar de temas universais: a amizade que non require palabras, a soidade e a incomunicación, a linguaxe dos xestos e da tenrura, as ilusións, o exilio ou a nostalxia.
O Sr. Linh -desorientado nunha cidade inhóspita na que a incomunicación é a nota dominante- atopa sentido ó seu desarraigo cando a proximidade doutro home (co que as fronteiras do idioma en principio lle impedirían comunicarse) lle proporciona a posibilidade de que emerxan os seus propios recordos, de que a vida diaria sexa un pouco máis agradable... simplemente pola cercanía que ofrece unha man desinteresada amiga: a do Sr. Bark. Este ser sensible, ó que tamén lle pesan os recordos, penso que comprende perfectamente a difícil ilusión do vello: agarrarse ó seu ben máis preciado como único modo de superar unha dor posiblemente insoportable.
Este é un deses libros dos que é difícil falar sen recomendalo encarecidamente.

2 comentarios:

Con esta novela tan pouco adornada, tan limpa, que trata sobre o exilio e, fundamentalmente, sobre a soedade leveime unha gran sorpresa o día que a comentamos no clube, pois non souben ver o detalle máis importante -vou culpar do despiste á fraxililidade da miña saúde naquelas datas.
Ese anciano que viaxa dende un país oriental en guerra e que chega a outro país que posibelmente sexa Francia, chámase Linh, e sabe que o seu nome somente el o coñece porque o resto das persoas coñecidas están mortas. Con el leva unha vella maleta, chea de roupa usada, unha fotografía da súa muller case borrada polo sol e un saquiño de tela con terra do seu país. Tampouco se despega dun bebé, é a súa neta Sang Diu.
O pai da nena era o fillo do señor Linh. Unha mañán foron traballar, levando con eles á nena, e xa non volveron. O vello correu a buscalos e alí viu os corpos do seu fillo e da súa nora e un pouco máis lonxe a nena envolta non seus pañais e ilesa. Ao seu carón unha boneca tan grande coma ella decapitada. O señor Linh recolleu á nena e deciciu irse para sempre, por ela.
A pequena, da que se ocupa con xestos coidadosos, non protesta, non se queixa. Linh cántalle a súa fermosa canción. Ela é a única razón da súa existencia.
Decide sair do dormitorio, axudado pola opinión da intérprete de que á nena viralle ben porque está moi pálida. Linh sae, e atopa un regusto a mar que o vento lle deixa nos beizos.
Coñece no parque ao señor Bark e establécese entre os dous homes unha forte amistade forxada unicamente en xestos, pois falan linguas distintas.
E tan importante o significado dese afecto que fuxe do hospicio que non pode abandonar, para atopar ao SEU ÚNICO AMIGO. Consigue atopar o lugar no que se encontraban e a o vello ao velo, cruza entre os coches cara el “no tiene miedo, ya no está asustado, ha vuelto a ver a su amigo, es primavera, sólo piensa en proteger a su nieta... el anciano la besa en la frente y, de pronto acuden a su mente todos los rostros amados y a su memoria el olor de la tierra de su país...” Neste párrafo da a sensación de que o señor Linh se despide do mundo, sen medo porque alí está o seu amigo que protexerá á súa neta.
Cando Bark ve aos pés do señor Linh a Sandiú, a preciosa bonequiña á que adicaba todas as súas atencións o seu amigo, recóllea e colócalla no peito a este, que repite unha e outra vez o nome da súa neta, á que acaricia cunha man mentres tende a outra ao seu amigo, con xestos de que a acolla.
A ambulancia chega e leva vivo ao ancián, pero a este xa lle chegou o máis importante. O calor da man do seu amigo e o que iso significa. Nada importa xa , sabe que Sandiú, a boneca da neta degolada do señor Linh terá outro avó aínda que ese non sexa el.
¿Enlouquecería o vello Linh cando chegou ao arrozal e viu a toda a súa familia degolada? Sen dúbida, e no límite dunha situación como esa aínda confiou en que a un bebé non lle farían mal, por iso non aceptou que aquilo que el coidaba con tanto esmerp, aquilo polo que el vivía non era máis que unha bonita boneca.? ¿Ou realmente vivía coa ilusión, a única que lle quedaba, de que aquela preciosa boneca era a súa neta?. Conmoveume.
Pilar Saavedra

21 de enero de 2009, 14:34  

Lo que le ocurre al señor es muy frecuente. La inmigración forzada que sufrió le derrumba, pero encuentra apollo en su nieta, que le alluda en todo:no llora, duerme muy bien, etc.
También es muy inpresionante que el señor Linh y el señor Bark se entiendan sin hablar el mismo idioma.
El señor Barq y el señor Linh se hacen muy amigos, casi inseparables pero al final están apunto de separase.

27 de enero de 2009, 11:40  

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds