Falamos da adaptación da novela ó teatro e tamén da estrea, ó día seguinte, da versión cinematográfica do texto. Quizais as vivencias e pensamentos das seis mulleres protagonistas do Club da calceta foron as que máis centraron a nosa conversa. Especialmente mencionamos a Fernanda, Luz ou a Tía Davinia; comentamos temas como a prostitución, a discapacidade, a discriminación ou a violencia, ás veces invisible, á que se ven sometidas moitas mulleres diariamente. Salientamos o feito de que ó compartir palabras e problemas as mulleres poden mellorar a súa situación se se apoian conxuntamente.
Este libro, que M. Reimóndez adicou "A todas as mulleres que, ante tanta violencia, non reaccionan con violencia", fai reflexionar sobre as dificultades de lograr a igualdade entre homes e mulleres pero co optimismo da autora tamén defende que pequenas accións poden levar a grandes cambios.
Queremos agradecerlle a María a oportunidade de "facer puntos" con ela no noso Club e desexámoslle moita sorte na nova etapa que vai comezar.
Etiquetas: Autor, Libros, Muller, Reimóndez M., Visita autor
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Anónimo dijo...
Que nunca é tarde de máis para coller os puntos soltos, téñeno claro Matilde, Anxos, Elvira, Rebeca, Luz e Fernanda. Todas elas se enfrontaron a vidas que non as encheron, a seren bens de consumo, foron en contra das normas dunha sociedade hipócrita e machista, que nada máis ten en conta as dificultades dalgunhas persoas, para poder moverse nela,cando toca a foto de turno. E elas, falando das súas cousas, contando os seus problemas e ao fin, axudándose, facían o verdadeiro feminismo que, Anxos, tantos anos loitando por el na Universidade, nunca atopara.
Non esquezamos a lección nincunha de nós: nunca é tarde de máis para coller os puntos soltos.
Pilar Saavedra Codesido
23 de mayo de 2009, 16:00