CONTRA EL VIENTO DEL NORTE, D. GLATTAUER

Contra el viento del norte, de D. Glattauer fíxonos pasar un rato máis que agradable na primeira reunión do curso .
Pasaba e pasaba o tempo e os comentarios continuaban ofrecéndonos moitos matices nos que cada un de nós repararamos.
Novos medios de comunicación, novas relacións persoais, novas costumes... e logo as preguntas que cadaquén se formulou sobre o libro, as impresións persoais, as críticas.
Un intercambio de e-mails entre dous descoñecidos desencadena unha historia de amor na que as palabras escritas que intercambian por internet provocan indecisións confesións, dúbidas... e especialmente fan saír da súa rutina diaria a dúas personas que se lanzan diariamente ó mundo virtual; un mundo no que a bandexa de entrada se convertirá nunha vía de escape, nun xogo para eles. Pero os xogos teñen as súas regras e neste haberá que xogar especialmente contra o medo á decepción.
O autor anuncia unha continuación: Cada siete olas, do que aventuramos de que podería tratar. Moitos lerémolo.

2 comentarios:

De repente ante min o eterno dilema:idealista ou carnal? lóxicamente, eu idealista,ou mellor,sobrenatural!!!
Fermoso libro,frenética conquista mail a mail,buzón de entrada como tesouro agochado que trae novas que fan tremer;palabra a palabra...ficción ou realidade? infidelidade? sobre quen recaen as culpas? lurpia ela ou sinvergoña él? O mundo das emocións, dos sentimentos, do real/irreal deu hoxe moito xogo no clube de lectura; posicións encontradas sobre se o libro pode ter algo que ver coa realidade...o enamoramento exixe presenza física,roce? Todo iso se discutiu nunha tarde en que todos sufrimos a coitelada asestada pola editorial ó anunciar a segunda parte do libro.Algúns, acudiremos a esas sete olas anunciadas, cando un vento do norte, xélido, nos impida dormir

28 de octubre de 2010, 13:03  

Tengo que admitir que es un autentico placer poder asistir a estas reuniones. El día que deje de poder hacerlo intentaré dejar algún comentario para no perder el contacto, y de alguna manera seguir participando. Hay cosas que merecen mucho la pena, y esta es una de ellas, tanto por las personas que la mantienen viva como por todos los que participan.

Un abrazo.

Y gracias a todos por el rato pasado y por soportar estoicamente mi forma de ver las cosas ;-)

28 de octubre de 2010, 23:13  

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds