A mensaxe xeral que acompañaba esta estupenda sorpresa era a seguinte:
"Algunos libros son probados, otros devorados, poquísimos masticados y digeridos"
(Francis Bacon).
(Francis Bacon).
Supoño que esa frase que elixiu a nosa amiga invisible (logo descubrimos quen foi a nai responsable!) resume perfectamente o que facemos no Club: ademáis de devorar libros, mastigámolos e por suposto dixerímolos (e de cando en vez tamén os comemos:! recordade a tarta-libro de fin de curso).
Pois con esta entrada, e con estas tarxetas cheas de palabras e de cariño, vou despedir o ano.
Sabedes que xa levamos 3 anos xuntos no Club de lectura?
Que teñades unhas boas vacacións. E tomade nota si os reis vos traen algún libro que poda servir para que leamos en Balbordo...
Sabedes que xa levamos 3 anos xuntos no Club de lectura?
Que teñades unhas boas vacacións. E tomade nota si os reis vos traen algún libro que poda servir para que leamos en Balbordo...
Qué blanca más bonita soy, de D. Verroen, tivo varios Premios de Literatura Infantil. Por iso, discutimos na nosa reunión dos adultos si nos parecía ou non un libro adecuado para nenos e si llo leríamos ós nos
os fillos pequenos.
Estes días atrás, todos os que se acercaban á Biblioteca a devolver o libro comentaban que o atoparan extremadamente duro, moi forte.
Está contando dende o punto de vista dunha nena de 12 anos á que lle regalan un escravo no día do seu aniversario.
É un texto sinxelo, crudo e directo, violento en moitas páxinas e triste noutras.
Polos ollos de María vemos o mundo da escravitude, o comportamento da súa familia, a súa conduta ante unha realidade que se presenta ante nós dun modo descarnado.
Moito deu para falar este curto texto.

Etiquetas: Dereitos humanos, Infancia, Lectura, Verroen, Violencia

Describe o pesadelo diario que sofren algúns rapaces cando deben enfrontarse ós abusos irracionais doutros compañeiros, ós insultos, ameazas e provocacións que poden converter unha vida completamente normal nun inferno no que, ás veces, os que o viven non son capaces de denunciar.
Un texto duro, unha temática forte (como a imaxe que dá entrada ó texto) e bastantes personaxes que non nos deixaron indiferentes.
Posiblemente conveña falar máis desa violencia agochada que tamén ás veces pode ser arroupada polo silencio dos que a coñecen (sen participar nela) pero que están de costas a ela.
Etiquetas: Acoso, Adolescencia, Amizade, Cerdá, Dereitos humanos, Lectura, Violencia
O libro e
lixido para o grupo dos pequenos de Balbordo (para este mes que adicamos ós Dereitos Humanos) foi O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro. Xa fora utilizado no noso Club con outro grupo de rapaces.

Penso que é unha lectura sinxela, directa e adecuada para compartir impresións sobre ela; aínda que a preocupación primaria dos protagonistas desta historia (sobrevivir nun mundo moi adverso) é moi distinta á dos nosos rapaces.
Falamos dos problemas do neno, figura que enche as páxinas deste texto, da súa familia (especialmente do seu pai, carteiro entregado ó seu traballo), das dificultades da vida diaria en Bagdad, de amizade e tamén da nostalxia.
As ilustracións, de Miguel Ángel Díez son estupendas. A seguinte resúltame moi suxestiva:
Etiquetas: Calveiro Marcos S., Dereitos humanos, Lectura
Ás 8 da tarde dun venres algúns pais, profes e persoal non docente saboreamos na Biblio un delicioso chocolate con churros mentres viamos unha película que nos gustou (como xa nos encantara o libro). Aplausos ó finalizar e máis dun comentario sobre o que nos parecera, tamén aproveitamos para recordar algúns detalles daquel texto.
Etiquetas: Lectura, Películas, Roger M.-S.
Etiquetas: Autor, Calveiro Marcos S., Cerdá, Lectura, Verroen
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)