O CARTEIRO DE BAGDAD, MARCOS S.CALVEIRO

Hoxe 10 de decembro falamos na Biblioteca, na reunión dos máis novos, de Dereitos humanos.
O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro é unha lectura adecuada para pararse a pensar en que hai moitos lugares do mundo nos que a xente só ten unha preocupación primaria: sobrevivir. Do rapaz protagonista da historia coñecemos a vida cotidiá coa súa familia, a soidade que experimenta cando non pode xogar co seu amigo por razóns irracionais que non entende; sabemos do fermoso traballo do seu pai: carteiro que arrisca a súa vida para levar a esperanza (coa súa bicicleta estartalada) a persoas ansiosas de recibir noticias dos seus; sabemos tamén do ruído dos estoupidos e do medo das persoas a perder todo aquelo e aqueles que queren.
Os rapaces falaron de todo isto e de moito máis, da valentía do protagonista e das sementes de esperanza que van gardadas nun sobre desta historia.
Hoxe na Biblioteca un grupo de rapaces posiblemente sentiu nalgún momento o privilexio de vivir nun lugar no que, na nosa vida diaria, non hai que preocuparse por loitar por algún dos principais dereitos humanos.

2 comentarios:

o carteiro de bagdag gustoume moito porque pareceme interesante a vida tan dura que teñen que vivir outras persoas para seguir con vida dia tras dia e tamen porque narra as calamidades de nenos sen case xoguetes e nos cando eramos pequenos todos tiñamos xoguetes

11 de diciembre de 2008, 17:25  

gustoume moito sobre todo o final cando a carpa saliu do tigris e a folla de periodico tocoulle a perna , asustouse . Cando descubriu que lle devolveran a medalla de bronce o gañador dos xogos



DE Kristian

11 de diciembre de 2008, 19:24  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds