Con esta montaxe de imaxes (que realicei tomando algunhas das preciosas ilustracións que Iván Sende fixo para o libro de M. Reimóndez) comezamos a reunión no recreo co grupo 2 d
e rapaces, de 1º e 2º ESO. Comentamos a que partes do libro se referían e en que momento da obra se situaban.
É a segunda vez que falamos de Usha en Balbordo. Na primeira ocasión contamos coa presenza da autora no noso club.
Usha é unha obra boa para reflexionar sobre a tolerancia, o valor das outras culturas e tradicións... Un texto excelente para achegar ós rapaces á India e comentar as diferenzas coa realidade moi distinta que eles coñecen.
A vida diaria de Usha, a relación coa súa mai (muller enormemente comprometida coa problemática das mulleres), as profundas amizades que a nena acada na India ou as pequenas anécdotas son algúns dos temas interesantes desta boa historia.

Etiquetas: Amizade, India, Lectura, Reimóndez M., Xogos
Moito discutimos os profes, pais e persoal non docente sobre esta breve obra de A. Baricco; texto que cando comezou a reunión non tivo moitos "adeptos" pero que a medida que nos lanzamos a comentar suscitou opinións do máis diversas e apaixoadas...
A viaxe, a versión cinematográfica da obra, o ambiente oriental do texto, a sensualidade, a relación do protagonista coa súa muller, a experiencia vivida no Xapón, o halo de misterio que rodea á historia... foron algúns dos temas tratados.
E logo, como é habitual nas nosas charlas, a comparación con outros libros lidos en Balbordo, a nosa imaxinación desbordada que tenta cubrir os silencios dos textos, a minuciosidade con que nos referimos a personaxes e comportamentos...
Unha conversa moi agradable e o gran pracer de compartir distendidamente (dende hai máis de tres anos!) as nosas distintas impresións sobre unha mesma lectura.

Etiquetas: Amor, Baricco, Relacións Familiares, Viaxes

"Soportémoslo, pues, todo con valor, porque
las cosas no suceden por casualidad, como creemos, sino a su debido tiempo".
Comentamos no recreo este texto optimista e áxil que deixa unha agradable sensación cando remata a súa lectura. A vida de moi distintos personaxes acaba cruzándose nalgún momento da historia, debido a acontecementos imprevisibles e inesperados.
O xogo de encadenamentos, azar, casualidades... (no marco dunha gran cidade na que ninguén parece coñecerse) centra a temática dunhas vidas que se atopan sen sentilo.
Marylou, Albert, Tom e Prudence, todos cambian cando a sorte ou a "providencia" interveñen nun día calquera da súa anónima existencia.

Etiquetas: Azar, Lectura, Tong Cuong V.
EL PEZ QUE SONREÍA, Jimmy Liao, en BalbordoBis
8 comentarios Publicado por Beatriz González en 20:02
Primeiro veremos o vídeo (non ten ningunha palabra) e logo compararémolo co texto.
A tenrura, as cores, as sensacións enchen todas as páxinas deste magnífico Álbum.
Etiquetas: Álbum ilustrado, Amizade, BalbordoBis, Liao J., Vídeo lectura
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)