Maggie O`Farrell amosa nesta obra unha extrema sensibilidade e a difícil capacidade de combinar voces narrativas moi diversas e saltos temporais que poden facer algo c
omplicada a lectura nalgunhas páxinas pero que a enriquecen considerablemente.

Penso que case todos os maiores de Balbordo nos "enganchamos" ó misterio proposto, ós impresionantes personaxes de Iris, Kitty e Esme. Falamos, falamos, alterámonos... metémonos na historia con paixón (coma case sempre!).
A novela vai provocando certo desacougo cando imos descubrindo detalles que se van dosificando sabiamente. Os pensamientos entrecortados de Kitty e Iris, os lugares evocados e o pasado, a trama que destapa segredos ocultos de familia, privacións de liberdade, sentimentos profundos e agochados... todo mesturado coa situación persoal de Iris que, de súpeto, ve alterado o seu mundo cando atopa a unha tía avoa que reaparece para non deixar nada igual...
Creo é un libro para recomendar encarecidamente. Posiblemente non o esqueceremos en Balbordo.
Etiquetas: M., O'Farrell, Relacións Familiares
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario