EL CARTERO DE NERUDA, SKÁRMETA. GRUPO 1

Este libro de Skármeta é un deses textos que recomendo dende hai anos e que sempre gusta. O mesmo sucede coa película correspondente (dirixida en 1994 por Michael Radford e protagonizada por Massimo Troisi).
Por iso, este mes falaremos (no grupo dos rapaces maiores) do libro e da película: das grandes diferenzas existentes, do distinto tratamento dalgún tema, das personaxes... e, especialmente, do variado final no cine e na literatura.
El cartero de Neruda penso que nos redescubre o absoluto poder das palabras nos sentimentos humanos. Unha obra de amor, de poesías, de desexos, esperanzas... e tamén desas desesperanzas e traxedias que poden formar a vida.
Sempre me pareceu un texto deses ós que se lle podería etiquetar de: "difícil de esquecer".

0 comentarios:

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds