ATA SEMPRE...

Demorei o momento de despedirme desta fantástica experiencia que me tivo ocupada cinco intensos anos de traballo, ilusións compartidas, unha chea de libros e de boas sensacións que nunca esquecerei.
Despois de tantas lecturas na Biblioteca (con pais, profesores, alumnos moi diversos, con lectores "virtuais" e descoñecidos...) chegou o tempo do relevo.
Outras persoas continuarán a experiencia iniciada xa hai 5 anos e que está tan arraigada no centro. Novos aires, novas ideas, novas propostas,  novos  libros... que poderedes compartir no novo blog do club de lectura, recén estreado:
Sei que sempre quedarán na miña memoria retazos de conversacións, risas, palabras, sensacións inesquecibles, rostros atentos de persoas interesadas por escoitar e namoradas das lecturas, actividades, ecos de libros, silencios profundos...
Con moitísimo cariño desexo que continuemos participando todos neste Balbordo que nos une en torno ós libros

0 comentarios:

Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds