LECTURAS XUÑO

1 comentarios:

Dormía sen dormir,o sono como esa auga tímida que empapa sen avisar, sen chegar a facer tremer..dormía coa conciencia case esperta cando te me apareciches..estabas en min, sobre min, dentro de min..sei que ambos estivemos xuntos toda a noite pero so lembro o desta mañá. Un sol ferinte acariñou os meus ollos,deixei entrar os ladróns, pensei, xa que acostumo a dormir a escuras. Pero sei que unhas mans levantaron a persiana. Unhas mans que se xuntaron ás miñas, unha boca, un sabor. Todo foi delicado, suave, sutil, e tamén salvaxe,..lembro que te erguiches sen avisar e baixaches a persiana de novo, lembro sabas co teu perfume, lembro as túas pegadas en min.
Cando espertei so de ti me quedaba esa sensación de alma enchida e esa súplica que me leva de novo á noite: quédate...Mentres, agárdote , para seguir soñando

18 de junio de 2008, 17:10  

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds