EL VAGÓN DE LAS MUJERES, DE ANITA NAIR

A historia deste mes, da escritora india Anita Nair, suxire a idea de que o tren é un lugar propicio para as confidencias e os recordos. O tren significa para Akhila, a muller protagonista desta historia, unha metáfora da viaxe interior que vai ter que percorrer para atopar o seu lugar no mundo.
Akhila inicia unha viaxe nun vagón (reservado para mulleres) e os seus recordos e frustracións entrelázanse coas situacións vitais de cinco mulleres moi diferentes entre elas. Son personaxes corrientes, da clase media da India pero os seus problemas e experiencias ben puideran ser os de todas as mulleres do mundo. Coa intimidade que aporta a conversación nun lugar pechado xurden historias de orgullo, amor e desamor, soños, dominación, sensualidade, crueldade, humillacións... aínda que creo que o que prevalece no libro é a loita interna de cada unha desas mulleres por tomar as súas propias decisións nunha sociedade (moi diferente á nosa) que non favorece a súa independencia.
Os dous grupos de maiores do club (estamos trinta anotados este ano) comentamos cada unha das historias, falamos do carácter da protagonista, da India, das viaxes, do papel do home na novela e fundamentalmente fixemos revivir cos nosos comentarios as distintas situacións vitais expostas no texto.
Espero que este curso vos animedes a deixar comentarios!

3 comentarios:

Sinto moito non ter leído este libro pola culpa do meu fillo.

18 de noviembre de 2008, 18:34  

Entendo que a histoia ten a súa "miga" nun contexto no que a situación da muller non é precisamente de igualdade respecto aos homes, sen embargo, a historia non me engachou porque este tipo de discurso xa me ten un pouco aburrida.Non porque entanda que non fai falla, por desgraza aínda é necesario, pero en fín....quizáis noutro momento teríame enganchado máis

19 de noviembre de 2008, 12:48  

Me gustó mucho este libro. Lo recomiendo.

24 de noviembre de 2008, 23:05  

Entrada más reciente Entrada antigua Página principal

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds