EL QUINTO HIJO, D. LESSING

Hoxe foi un deses días nos que nos evadimos apaixoadamente na Biblioteca cunha boa e moi recomendable lectura de Doris Lessing. Poderíamos resumir o que significou para nós esta obra cunha palabra utilizada por Serafín: IMPACTANTE.
Certamente, a lectura deste texto fixo que houbese un BALBORDO de voces que hai tempo non provocaba ningún libro nunha reunión. Non sei si o feito de que a maioría foramos pais fixo que nos identificásemos máis cunha hipotética situación plantexada; pode tamén que nos enriquecésemos coa visión dos que non o eran..., que en principio nos escoitaban en silencio. O discurrir tan lineal dun libro que non se detén en capítulos e incita a seguir lendo e lendo ata a última liña... contribuiu paralelamente a que tampouco nós deixásemos de falar nin un momento. Tiven a sensación de que moitos querían opinar tan pronto como alguén lanzaba unha nova suxestión, unha nova ollada sobre ese mesmo texto.
Esta vez non desvelarei nada da temática do libro; só me permito opinar que D. Lessing tratou e suxeriu maxistralmente moitos temas dos que ás veces evitamos falar, deses que posiblemente necesitarían máis reflexións e resolucións diferentes ás que a sociedade adoita.
A continuación deste libro (Ben en el mundo), que rodou de man en man polas mesas, deixou no aire da nosa Biblioteca onte o desexo de polo menos sete lectores que "están en lista de espera".
Podedes ver en Bibliocabe unha selección de Paramio de lecturas sobre a Discapacidade.

2 comentarios:

Moito foi o que falamos e o que poderiamos falar sobre ese quinto fillo da parella idealista, conservadora, anticuada -como eles mesmos apreciaron no momento de coñecerense- formada por Harriet e David. Esas dúas persoas que desexaban unha vida apacíbel, clásica, armónica e se toparon con que a vida é imprevisíbel. Nese camiño que supón a vida, David desexaba estabilidade, a referencia que non tivo de neno. El añoraba unha casa, a gran casa que mercaron, á que irían os seus amigos, a súa familia, unha casa onde vivirían "..unha vida que compensaría todas as deficiencias da vida dos seus pais.." Aínda que eu coido que esa necesidade de ter sempre a casa chea de xentes de fóra mostra medo ao enfrentamento co cotián, inseguridade.
Os fillos comezan a chegar e tamén a xente, que enche a casa nos tempos felices. E, aínda que Dorothy, muller con moito sentido común, aconséllalles que persoas coma eles teñeñ que mirar moitos aos fillos para poder velar por eles e sacalos adiante, Harriet continúa quedándose preñada.
No difícil embarazo do quinto fillo está frenética, esgotada. A idílica situación vai transformándose e na casa comezan a aparecer o mal humor e a impaciencia.
Nace Ben e isto marca un novo rumbo na familia, porque, que é Ben?, un neno de Neanderthal como lle chamou a súa nai?, unha regresión?. Dende ese momento, podemos dicir que Harriet queda soa co seu quinto fillo. Non a entenden, non comprenden que acuda a ver cómo se atopa no lugar onde o levaron "..uno de esos sitios que hay para los niños de los que las familias sencillamene quieren deshacerse" e que se vexa obrigada a devolvelo á casa, dadas as condicións do neno e do lugar onde estaba pechado. Non comprenden que pode haber ocasión na que -culpabelmente- desexe a súa morte, pero Ben é o seu fillo.
O personaxe de Harriet, a súa evolución a medida que ese fillo vai medrado, é o mellor do libro. De ser unha "pánfila" que realizou uns pequenos estudos para pasar o tempo mentres non lle aparecía con quen casar, e unha retrógrada que consideraba un castigo o mongolismo da súa sobriña pola mala relación existente entre os seus pais, pasa a ter unha gran forza interior. Ela soa é quen VIVE con Ben, pois aínda trata de que David o acepte "..es un niño pequeño.Es nuestro hijo", o seu home déixalle claro que non é o seu problema e que non o considera o seu fillo. Ela soa trata de ensinarlle unhas normas de comportamento, ela é quen, buscando todo tipo de solucións, paga a pandilleiros para que pase a maior parte do tempo fóra da casa con eles e ela poida descansar e adicarse algo aos seus outros fillos, que tamén a necesitan; ela é quen ve cómo se desfai a familia, ela é a abandoada co SEU fillo e o seu problema -do que descoñece a súa natureza, o que aumenta a súa angustia-, ela é quen ve como David é un estraño ao seu carón, na cama onde con tanto amor enxendraron aos fillos. Séntese culpábel -fan que se senta- por ese fillo, pero non o abandoa porque é a súa responsabilidade.
(1ªparte)
Pilar Saavedra

2 de diciembre de 2009, 21:01  

O problema desta familia poderiamos trasladalo a todas aquelas que teñen entre os seus membros a persoas "distintas". Esta novela deixa claro o que sucede nas escolas secundarias "...todos estos centros tienen una capa, como un sedimento, de alumnos ineducables, inasmilables, los casos perdidos, que van pasando de curso en curso, a la espera del día feliz en que puedan dejar el colegio. Y es muy frecuente que no vayan a clase, para alivio de sus profesores..." Sóanos, non si?
Como enfrentarse a estas situación? Pódese vivir soportando a tensión de atender a un ser distinto, que a socidade non asimila? Por qué o Estado, o resto das Administración... , teñan a cor política que teñan, se adornan a boca con palabras como "integración", cando saben que, agás casos moi concretos de persoas que poden vivir perfectamente en sociedade, tal integración non é posíbel e o mal que se fai é moito e a todos os implicados. Pero, resulta máis barato telos coa familia, á que se lle da unha miserábel asignación para que os manteña no seu seo coidándoos -e fano e póñenlle vontade e valor porque os queren, pero sen dispoñer de medios profesionais que lles proporcionen o que verdadeiramente precisan.
Unicamente iniciativas privadas, de nais e pais afectados, que desexan o mellor para os seus fillos e fillas e ansían a tranquilidade de saber que cando eles xa non estean, a ese fillo ou a esa filla nada lle faltará, somente eses proxectos se converten en realidades que crean asociacións con talleres, centros de traballo, residencias, vivendas tuteladas para os máis válidos, que fan posible que persoas coma Ben se sintan VIVOS por moi distintos que sexan dos demais. Chapeau por eles!

Pilar Saavedra Codesido

2 de diciembre de 2009, 21:02  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds