Breogán Riveiro gañou con Tonecho de Rebordechao o Premio Raíña Lupa no 2004. Segue a ser un libro moi ben recibido polos lectores.
Pode que a súa frescura, as notas de humor, a sinxeleza na narración e a personalidade do neno protagonista da historia sexan os condimentos que fagan doada e divertida a súa lectura.
Así a consideraron tamén os rapaces do segundo grupo de Balbordo, que comentaron algúns episodios do texto (a xornada electoral, a aventura dos cogumelos, da casa abandonada, o episodio do home do unto...) e especialmente as eternas discusións dos avós de Tonecho; aínda que tamén o amor do rapaz pola súa profe arrincou algún comentario xovial.

Paréceme un bo libro para reflexionar sobre varios temas: o contraste entre a vida do campo e da cidade; as relacións entre veciños, a forza das narracións orais e tamén o agradable de divertirse dun modo espontáneo, entre a natureza.
Etiquetas: Autor, Humor, Infancia, Lectura, Riveiro B.
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Anónimo dijo...
O liro é moi gracioso pero tamen ten momentos emocionantes recomendoo
26 de enero de 2010, 17:28