O pasado martes, na Biblioteca, tivemos a sorte de que Gonzalo Navaza compartise as súas palabras cos dous grupos de Balbordo e o privilexio de que nos fixese entender moito mellor Erros e Tánatos.
Seguramente, cando decidamos relelo (pola súa amenidade e sinxeleza é un texto para volver a disfrutar) recordaremos moitos dos detalles que esa tarde coñecemos. É un texto do que xa se fixeron moitas edicións e que foi moi difundido tamén ó ser publicado na Biblioteca 120.

Navaza referiuse á súa profesión de escritor, acercounos ás súas obras e proxectos e explicou a importancia do conto como xénero narrativo ás veces non valorado na súa xusta medida. Dun modo moi ameno, permitiunos coñecer a historia do texto, as sensacións que tivo pouco despois de escribilo e antes da súa pubicación; os estímulos ou as situacións que aproveitou para construir as historias... Comentou como algúns personaxes xurdiron de situacións concretas ou anécdotas que logo convertiu en literatura; opinou sobre os seus relatos e a resolución ofrecida en cada historia; referiuse ás técnicas narrativas, ó humor e á morte presente na maioría das historias... Foron obxecto de conversa varios relatos e personaxes do libro que, aquela tarde, flotaron na Biblioteca entre a mirada do seu creador e de varios lectores que atentamente se acercaran previamente ó texto.
Podedes consultar algunhas Críticas sobre o libro nestes cadernos de Xerais.
Temos que agradecerlle a Gonzalo a súa extraordinaria amabilidade, cercanía e capacidade de comunicar que a literatura, a boa literatura, pode proporcionar ó lector o pracer de ler. Agardamos telo de novo en Balbordo para disfrutar doutra proposta e das súas palabras. Moitas Grazas por non deixar o texto esquecido nun caixón e por ser tan xeneroso ó compartir un pouco do proceso creador!

Grazas tamén a Mª Xesús Vila que dende Normalización Lingüística fixo posible a visita de Navaza.
Etiquetas: Contos, Navaza G., Visita autor
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Anónimo dijo...
O tempo pasaba o martes dia 2 e ninguén-agás as profes que tiñan que dar clase nese intre- nos erguiamos das nosas cadeiras para dar por rematada a conversa con Gonzalo Navaza sobre o seu libro.
Eses dez contos que forman "Erros e Tánatos" deixaron de ser unicamente "uns" relatos para converterense en dez historias nacidas de detalles, de anécdotas, dos propios medos do autor na súa infancia, doutras vivencias tamén desa época..., unhas historias das que nos estaba a falar a persoa que lles deu forma e agora poñía á nosa disposición para que as entendesemos mellor, para que lles desemos a nosa propia interpretación. Non vou falar máis do libro "Erros e Tánatos": lédeo!É áxil e un bon dixestivo para os seráns pesados. Si vou falar desa tarde na nosa biblioteca.A cercanía de Gonzalo, a súa sinxeleza, o intercambio de opinións sobre a literatura que se está a facer - eque a outros autores poderíalles resultar "politicamente incorrecto" o tema nunha charla dun clube de lectura-, o seu traballo como traductor, o seu amor pola poesía-prometo lelo-, con todo iso ninguén de nós se erguía das cadeiras, como dixen ao principio, para cortar aquela comunión entre o autor e os seus lectores. Grazas Gonzalo por un serán marabilloso (ogallá voltes pronto!), grazas Suso -pois seguramente algo tiveche que ver con esta visita- e grazas Bea polo teu traballo. Recoñecemolo! Pilar Saavedra
7 de marzo de 2010, 23:29