NINGUÉN ESTÁ SÓ

Hai exactamente un ano, os dous grupos de maiores de Balbordo reflexionamos sobre Ninguén está só: 10 relatos que abordan dereitos humanos vulnerados en distintos lugares do mundo.
De novo, Carlos Parada contoulle ó outro grupo de rapaces a súa experiencia no Sáhara (esta vez relacionada co relato de F. Alonso "Sáhara, améndoa amarga") lugar co que comeza esta escolma de relatos.
A continuación, no tempo que nos quedou para falar do libro, algún preguntou o que non entendera (pronto outros respostaron!); comentaron o texto de F. Casalderrey "Electrocardiograma plano" expoñendo diversas opinións; fixáronse na orixinal disposición tipográfica de "Travesía en branco e negro" e conteilles algo do que lle escoitei a A. Reigosa sobre a orixe desta historia... Algún mostrouse interesado por nomear "Barbazul" de P. Carballeira e tamén deu tempo de falar de "Un billete de tren" de H. Villar e o significado último que para alguén pode ter acadar un modo de escapar dunha situación.
Penso que é unha lectura francamente interesante. Facede a proba os profesores e lede algunha destas historias ó alumnado, á que máis significado teña para vós, e logo que eles fagan unha reflexión... Colgarei un comentario dalgunha das impresións de alumnos meus de 3º ESO (algún de Balbordo) despois de lerlles "A vida a Valga" (de Ana Expósito), para mín sen dúbida un dos relatos máis sobrecolledores do libro.
Tamén vos recomendo que vexades en Bibliocabe un excelente vídeo que fixo Paramio sobre un poema de J. Agustín Goytisolo ("Nadie está solo") que aparece como introdución a este libro que comentamos hoxe.

4 comentarios:

Estes son algúns dos comentarios de alumnos de 3ºESO sobre "A vida á valga". Todos puxeron nome e apelidos pero prefiro que sexa anónimo porque, en definitiva, é o sentir de todos:

-"É unha historia moi triste que me impresionou bastante, aínda que non sei ben o que é pero impresiona tanto"

-"Supongo que es muy duro cruzar el mar en pateras, sin comida ni agua, viendo como mueren los tuyos, y sin rumbo..."

-"Lo pintaría de verde, pero un verde grisáceo; ya que al principio del viaje vienen cargados de esperanza pero luego..."

-"Huele a muerte"

-"Me sorprendió mucho descubrir la edad de los protagonistas porque me parecen muy jóvenes. Gracias a eso me doy cuenta de lo dura que era su vida"

-"Penso que este conto nos fai reflexionar sobre a desgracia da xente que ven a España en patera con toda a esperanza do mundo e que non encontra resposta"

11 de diciembre de 2009, 15:40  

E seguiron os comentarios (que me entregaron en folios ó fin da clase)
-"...la gente que se aventura a cruzar el estrecho tiene mucho coraje y también mucho miedo. Cuando los echaron al mar me dio un vuelco el corazón porque pensé que morirían muchos de ellos"

-"Cuando tiene las pesadillas me da mucha pena porque vivir lo que vivió no es bueno para nadie"

-"El cuento me impresionó bastante cuando dice que tiene 15 años y que tuvo que pasar por todo eso. Fue muy valiente para pasar por todo eso con esa edad"

-"No sabía que pasaran tanto sufrimiento" "Esperanza e medo"

-"deume sensación de tristeza. Creo que é un conto que fai reflexionar sobre todo o que temos aquí e alí non teñen nada. Veñen cheos de esperanzas e pasan por cousas terribles como esta historia e aquí non teñen nada nin ninguén e deixaron atrás a súa xente"

-"Creo que é un conto moi significativo e que che fai reflexionar"

11 de diciembre de 2009, 15:46  

Impresionantes comentarios los de los chicos. Tienen que hacernos reflexionar a todos

12 de diciembre de 2009, 14:30  

Estes comentarios son a proba de que os rapaces non "pasan", mais é preciso que as nais e pais falemos con eles, lles expliquemos, os aconsellemos, e que os seus e as súas "profes" non se limiten a dar unha clase correcta senón que traballen así de ben con eles. Penso que debemos darvos as grazas.

Pilar Saavedra Codesido

27 de diciembre de 2009, 23:00  

Entrada más reciente Entrada antigua Inicio

Related Posts with Thumbnails

Blogger Template by Blogcrowds