
Este marabilloso Álbum, de Shaun Tan, editado por Bárbara Fiore Editora será o primeiro libro de BalbordoBis para este curso.
Déixovos este estupendo agasallo que alguén colgou en youtube. Supoño que ó velo un non pode resistir a tentación de comprar o libro, regalalo ou comentalo!E falamos do Álbum onte na Biblioteca con 7 rapaces de BalbordoBis. Miraron o vídeo moi en silencio, moi observadores, fixamente... Elixiron a lámina que máis lle gustara, comentaron sensacións que lles provocaba o texto e os debuxos. Fomos reparando en pequenos detalles dalgunha imaxe e aprendendo que en cada lectura todos podemos "ver e entender" máis.
Unha boísima experiencia!
Etiquetas: Álbum ilustrado, BalbordoBis, Infancia, Tan S., Vídeo lectura
A recomendación deste libro por parte de dúas amigas "lectoras" fixo que o mercase de inmediato e, teño que recoñecer, pareceume marabilloso. Creo que tamén lles gustou ós compoñentes dos dous grupos de maiores, así o afirmaron polos comentarios minuciosos do texto. Arrincounos máis dun sorriso esta tarde de conversa...
Optimismo, fr
escura ou comprensión son palabras que serven para calificar este libro. O contraste entre un mozo e unha anciá que comparten conversacións e lecturas nun banco dun parque deixa, tras cada fragmento, unha sensación de tranquilidade e de calma. Tamén queda a pegada de que o afán de superación sempre é posible, aínda que ós personaxes lles rodee unha soidade que se verá colmada polo descubremento apaixoado das lecturas e do pracer de escoitar. Gustoume comprobar con este libro que preocuparse polos outros pode ser a orixe de que alguén poida cambiar para positivo a súa vida. Canto máis se dá máis se recibe, máis frores e froitos xorden...

Nesta tarde falamos de Margueritte, de lecturas, de cariño, de comprensión e de palabras; moitas palabras que xurdiron dun parque e de moitas tardes compartidas (como as nosas tardes de libros en Balbordo, na Biblioteca).
Etiquetas: Amizade, Lectura, Roger M.-S., Vellez
Breogán Riveiro gañou con Tonecho de Rebordechao o Premio Raíña Lupa no 2004. Segue a ser un libro moi ben recibido polos lectores.
Pode que a súa frescura, as notas de humor, a sinxeleza na narración e a personal
idade do neno protagonista da historia sexan os condimentos que fagan doada e divertida a súa lectura.
Así a consideraron tamén os rapaces do segundo grupo de Balbordo, que comentaron algúns episodios do texto (a xornada electoral, a aventura dos cogumelos, da casa abandonada, o episodio do home do unto...) e especialmente as eternas discusións dos avós de Tonecho; aínda que tamén o amor do rapaz pola súa profe arrincou algún comentario xovial.

Así a consideraron tamén os rapaces do segundo grupo de Balbordo, que comentaron algúns episodios do texto (a xornada electoral, a aventura dos cogumelos, da casa abandonada, o episodio do home do unto...) e especialmente as eternas discusións dos avós de Tonecho; aínda que tamén o amor do rapaz pola súa profe arrincou algún comentario xovial.
Paréceme un bo libro para reflexionar sobre varios temas: o contraste entre a vida do campo e da cidade; as relacións entre veciños, a forza das narracións orais e tamén o agradable de divertirse dun modo espontáneo, entre a natureza.
Etiquetas: Autor, Humor, Infancia, Lectura, Riveiro B.
Hoxe, a petición do grupo de rapaces maiores, falamos deste libro de Laura Gallego,
do que tamén deixaron algún comentario na entrada anterior (do cartel).

A maioría devoran libros de literatura fantástica e xa leran o tomo seguinte: Alas negras, que lle recomendaron ós que aínda non se puxeran coa súa lectura. Nalgún momento da reunión adiantaban partes que sucedían na continuación e houbo que pedir que non desvelasen a historia!
Personaxes, situacións, lugares, comportamentos, acción, traizón... foron os temas que saíron (ás veces atropelladamente porque se sacaban a palabra). A imaxe coa que me quedarei hoxe: un dos alumnos do grupo apurando a lectura das últimas 15 páxinas que lle quedaban!!
Xa que vos gusta tanto esta escritora, entrade na páxina de Laura Gallego (da que quedou a dirección ó principio) e atoparedes máis información sobre a autora ou poderedes participar no foro! Leremos máis adiante en Balbordo Alas negras.
Etiquetas: Autor, Gallego L., Literatura fantástica
Etiquetas: Autor, Gallego L., Libros, Riveiro B., Roger M.-S.
Anteriormente, outro membro do Club deixara un exemplar, aquela vez sen dedicatoria...
Esperemos que pase por moitas mans, que algún dos seus lectores se anime a entrar neste blog e deixar un
comentario...

Non sabemos cantas peaxes percorrerá este libro, si só quedará esquecido nalgunha cabina, si lle será entregado a algún conductor... Agardamos algunha resposta. De novo me animo a recomendar a súa lectura!
Etiquetas: Fomento da lectura, Libro liberado, Lopo S.
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)